Alertas
viernes, 9 de junio 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

O Sinsal volta a San Simón na súa edición máis comprometida co feminismo e a sostibilidade

O Sinsal volta a San Simón na súa edición máis comprometida co feminismo e a sostibilidade

Festival Sinsal 2019 // Olalla Lojo

Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

Patricia OrozcoPorPatricia Orozco
22/07/2021

Este venres comeza a nova edición de Sinsal SON Estrella Galicia. A illa de San Simón, en Redondela, acollerá desde este venres 23, e até o vindeiro domingo 25, a celebración dun festival único e singular no marco do panorama musical estatal. Tres xornadas de música ao vivo, un cartel secreto, unha illa e unha viaxe en barco son os elementos clave dunha programación que este ano regresa a súa esencia cunha edición nomeada Esencial, coa que quere poñer de novo en valor a estreita relación entre a creación cultural do país e a súa contorna natural e patrimonial. Nesta edición continúa a aposta e reivindicación do papel da muller na industria da música, tanto sobre o escenario coma nos seus equipos de traballo, e en consecuencia o 70% das bandas do seu cartel secreto -conformado por un total de 14 grupos de Galicia, Portugal, España e Estados Unidos- están lideradas por mulleres ou contan na súa totalidade con integrantes femininas.

Este venres día 23 o público partirá da Estación Marítima de Vigo ás 16.00 horas e do embarcadoiro de Meirande ás 17.10 horas para percorrer a Ría de Vigo e chegar a unha illa na que cada xornada se celebrarán catro concertos, ademais dunha conversa, “Localizar e deslocalizar. Conversas internacionais sobre igualdade, patrimonio e cambio climático“, que pretende avanzar no debate sobre o futuro sostible dos festivais e da industria musical. Ademais haberá unha sesión de DJ para animar a despedida. Durante a tarde, as persoas asistentes poderán visitar e coñecer de perto a memoria e a natureza que se atopa no arquipélago conformado por San Simón e San Antón. Malia que esta estrutura é compartida nas dúas primeiras xornadas, no caso do día 25 a programación adiantarase dúas horas, comezando así ás 14.00 horas para o público de Vigo e ás 15.15 horas no caso do pantalán de Meirande.

Másnoticias

La Festa da Coca regresa por todo lo alto a Redondela: esto es todo lo que queda por disfrutar

Mucha música y rutas en barco, así es la programación de la Festa da Coca 2023 de Redondela

08/06/2023
Redondela presentará un recurso ante el Tribunal Supremo sobre el uso de la Pass Vigo

AER y PSOE avanzan en su acuerdo en Redondela: Rivas deberá pagar 100.000€ si incumple el pacto

08/06/2023

Sumado aos debates e conversas sobre o futuro da industria, outra novidade desta edición será un paseo en catamarán pola enseada de San Simón cun concerto semiacústico o sábado 24. Durante o percorrido -o barco partirá ás 12.00 horas de San Adrián de Cobres-, un artista secreto galego presentará en primicia o seu novo disco. Tamén unha nova aposta será a existencia dun escensario virtual, que súmase aos dous xa existentes, FEST Galicia e SON Estrella Galicia. Fest Galicia acollerá, desde o inicio da tarde, directos de artistas galegos de creación contemporánea. De seguido, os concertos trasladaranse ao outro escenario no que, ademais de bandas galegas, tamén haberá ocasión para descubrir grupos procedentes doutros puntos da península ibérica ou mesmo internacionais.

Mais esta non será a única estrea no festival. A cineasta redondelá Diana Toucedo amosará  no Sinsal SON Estrella Galicia, en exclusiva, as primeiras imaxes do seu próximo traballo. Tatuado nos ollos levamos o pouso é unha curtametraxe documental filmada en 16mm e dixital coas mariscadoras e mariñeiros da Confraría San Xoán de Redondela, cuxa rodaxe tivo lugar durante a pasada edición do Sinsal Litoral. A través dunha ollada que se achega a etnografía sensorial, a cineasta busca amosar a través dos xestos e dos coidados, o traballo das mulleres e homes do mar na ría de Vigo.

Na liña de outros anos, Sinsal manterá o seu compromiso co territorio de xerar un impacto económico positivo e colaborará con produtores, empresas e produtos locais. Así, e durante o desenvolvemento do festival, o público poderá probar a gastronomía de proximidade. Os tres días o festival contará co servizo e menús variados de 78Gastrobar, Galetruck e EcoGloria.

Sinsal SON Estrella Galicia é un festival impulsado por Sinsalaudio e que conta co patrocinio de Estrella Galicia, da Deputación de Pontevedra, de Turismo Rías Baixas e da Xunta de Galicia a través do programa FEST Galicia, no marco do Xacobeo 21-22. Todas as institucións públicas amosaron esta mañá, nun encontro que tivo lugar no porto de Cesantes, o seu apoio á iniciativa.

 

Temas: Festival SinSalIlla de San SimónRedondelaSinSal
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

junio de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vila Nova de Cerveira

Vilaboa

Más noticias

Cíes certifica su boom turístico esta Semana Santa: lleno total para este Viernes Santo
Qué hacer

Las Cíes, el destino favorito para los sábados de junio: el paraíso cuelga el primer cartel de completo

...

PorMetropolitano
08/06/2023
Abel Caballero, emocionado durante su teloneo a Joan Manuel Serrat
Qué hacer

Vigo aprueba este viernes los 1,8 millones adicionales para los conciertos de Castrelos y O Marisquiño

...

PorEuropa Press
08/06/2023
Tui acogerá rutas guiadas a su pasado judío con variante gastronómica incluída
Qué hacer

Una ruta gratuita por el Tui de los libros: así es este paseo literario por la ciudad baixomiñota

...

PorMetropolitano
08/06/2023
La Festa da Coca regresa por todo lo alto a Redondela: esto es todo lo que queda por disfrutar
Qué hacer

Mucha música y rutas en barco, así es la programación de la Festa da Coca 2023 de Redondela

...

PorGloria Montenegro
08/06/2023
A UVigo amplía a súa oferta académica con dous novos graos e catro mestrados
Enfoque

A UVigo amplía a súa oferta académica con dous novos graos e catro mestrados

PorMetropolitano
08/06/2023

Grao en Deseño e o Grao en Enxeñaría da Automoción con mención dual comezarán a impartirse na Universidade de Vigo o vindeiro curso académico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

junio de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vila Nova de Cerveira

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X