• Demolición en Vigo
  • Aviso Temporal
  • Macro feria Portugal
  • Casting Galicia
  • Photocall Navidad
  • Proyecto turístico Baiona
  • Tardeo Remember Vigo
  • Cementerios Vigo
  • Samaín Valença
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Andaina reivindicativa en Pastoriza contra a creación dun parque eólico no Morrazo

Andaina reivindicativa en Pastoriza contra a creación dun parque eólico no Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
12/12/2021

Esta andaina reivindicativa enmárcase dentro das accións de protesta convocadas onte en máis de 30 lugares en Galicia pola Coordinadora Eólica Así NON. Integrada por máis de 170 colectivos, solicitan "a paralización inmediata do actual plan sectorial eólico, así como dos máis de 300 proxectos que se están a tramitar neste momento en Galicia sen que exista unha valoración global dos seus impactos ambientais ou sobre a poboación". Denuncian que esta avalancha eólica é posible pola existencia en Galicia dunha lexislación "obsoleta e laxa, que resulta lesiva para os intereses da cidadanía, pero que pon unha alfombra vermella ás empresas elécricas". Estas empresas, destacan, puxeron tamén a súa diana na península do Morrazo. "A existencia dunha área de desenvolvemento Eólico na península é a que posibilita que se poidan executar proxectos deste tipo, de aí que pidamos a súa total derrogación".

Pero mentres isto non suceda, desde Eólicos no Morrazo anuncian que seguirán na labor de informar á veciñanza das consecuencias deste macro-proxecto en Marín, Bueu e Moaña. Neste sentido, valoran moi posivamente a resposta que en todos os actos que están a organizar. Ademais da concorrida andaina de onte, o pasado venres, sen ir máis lonxe, encheuse en Santomé, a Casa da Cultura de veciñas e veciños que acudiron para informarse sobre as consecuencias deste proxecto.

Másnoticias

Vuelve la 'fórmula mágica' del Mercado de Navidad que triunfó en Bueu

Vuelve la 'fórmula mágica' del Mercado de Navidad que triunfó en Bueu

28/10/2025
La Noite do Averno llega a Salceda con una andaina y un escape room terrorífico

Cangas se transformará con una tenebrosa "escape room" al aire libre por Samaín

26/10/2025

A información en firme presentada nos concellos de Marín e Moaña debuxa un "panorama desolador" para os montes. "A empresa Aratel solicita información para un total de 14 parcelas para a promoción, construcción e explotación de dous parques eólicos: Pé Monte Xaxán e Pé Monte San Lourenzo. Se estes plans van adiante, contaremos cunha liña de macromuíños desde o alto do mítico monte da Paralaia até a Cruz da Maceira, seguindo a liña da estrada Marín – Moaña (PO131), así como en todo o tramo desde a Cruz da Maceira até Miñán, ocupando o monte de Santomé. As poboacións das zonas altas do Morrazo, próximas á liña da estrada, quedarán á sombra destes xigantes, cos prexuízos ambientais, sobre as augas, para a saúde, para o benestar e tranquilidade que supón vivir nas proximidades dun parque eólico".

Desde a Plataforma, sinalan que farán "canto estea na nosa man para evitar esta desfeita". Onte, no día internacional das montañas, apelaron ás organizacións, colectivos e veciñanza do Morrazo a integrarse na plataforma e seguir a sumar forzas para frear a destrucción do monte. A andaina en Pastoriza, participaron veciños e veciñas de toda a comarca, contou tamén co apoio de colectivos como Anduxía, Asociación Micolóxica Liboreiro, ADEGA, a Mancomunidade de Montes do Morrazo, o Colectivo Feminista Zeivas, Amigos do Morrazo Verde e asociacións veciñais que foron sumando os seus apoios á Plataforma.

Temas: O Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

¿Se despide Vigo de las tormentas? Esta es la previsión en Galicia de esta próxima semana
Enfoque

Vigo encara el fin de semana con doble alerta amarilla por un tren de borrascas

Meteogalicia ha activado en los próximos días diversas alertas por mal tiempo en Vigo. Se esperan intensas lluvias, especialmente el viernes

PorMiguel Alonso
29/10/2025
Arranca la demolición del histórico restaurante que fue la 'Capilla Sixtina' de Vigo, avanza el Barrio do Cura
Enfoque

Arranca la demolición del histórico restaurante que fue la 'Capilla Sixtina' de Vigo, avanza el Barrio do Cura

Vigo se despide de un trozo de su historia. Las obras del Barrio do Cura avanzan con la demolición de este histórico restaurante

PorAlfredo Teja
29/10/2025
Vigo recupera una de sus escenas más idílicas para la Navidad
Enfoque

Vigo recupera una de sus escenas más idílicas para la Navidad

Los photocalls de la Navidad comienzan a brotar en Vigo. El Casco Vello recupera una de sus escenas más idílicas

PorMetropolitano
29/10/2025
Denuncian la tala de árboles en Navia y aseguran que Vigo "non soporta xa máis arboricidio"
Enfoque

Denuncian la tala de árboles en Navia y aseguran que Vigo "non soporta xa máis arboricidio"

El BNG de Vigo denunció la tala de cinco carballos durante las obras de urbanización del Plan Parcial de Navia

PorMetropolitano
29/10/2025
A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
Enfoque

A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

PorMetropolitano
29/10/2025

As edicións previas de Cátedra Feminismos permitiron impulsar outros 34 proxectos vinculadas ao espazo dixital e as STEM

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X