As charlas informativas contra a vespa velutina chegan a Bueu

O Concello de Bueu e a Asociación Galega de Apicultores organizan ao longo deste mes de xaneiro varias charlas informativas sobre a problemática social da vespa velutina e como está afectando esta aos diversos municipios, dado o seu espallamento dos últimos tempos. Así, estas reunións buscarán concienciar á veciñanza e ás diversas asociacións sobre a importancia do trampeo para erradicar esta lacra que atenta contra a natureza.

Así o salientou o concelleiro de medio ambiente, Adrián Ferrer, quen está mantendo contactos cos diversos colectivos para buscar a colaboración e a asistencia a estas charlas, que arrancarán o 20 de xaneiro, ás 17.00 horas no Centro Sociocultural de Cela, e na Casa da Aldea de Meiro (nas dependencias da Axencia de Lectura) ás 19.30 horas. As seguintes celebraranse o 26 de xaneiro, ás 20.15 na Casa do Pobo de Beluso, o 27 de xaneiro, ás 18.30 horas, na Sala Domínguez Búa, e o acto central terá lugar o 3 de febreiro ás 18.30 horas no Centro Social do Mar.

O Concello de Bueu lembra que “está apoiando a loita contra a vespa velutina” e, neste sentido, adheriuse o pasado ano á Plataforma Stop Vespa Velutina, que supuxo o apoio a un documento de mínimos asinado por varios colectivos e concellos que esixirá a asunción de competencias por parte da Consellería de Medio Ambiente – no ámbito de Galicia- e máis do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente – no ámbito estatal- para impulsar a investigación, fomentar a loita preventiva, solicitar a creación dun organismo único e implementar a labor de divulgación social neste eido.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*