O Concello de Tomiño organiza entre os días 4 de abril e 9 de maio o programa “Benestar en Familia”, baseado nunha serie de encontros e obradoiros dirixidos a familias con nenos e nenas de até 6 anos que desexen aprender estratexias e pautas para afrontar a crianza dun xeito positivo.
A primeira das actividades programadas é o obradoiro “Medrando co meu bebé” (para familias con fillos e fillas de entre 3 e 12 meses, que terá lugar o vindeiro mércores 4 de abril, na Escola Infantil Galiña Azul de Tomiño, entre as 17.30 e 18.30 horas. Impartida por persoal técnico de ADIAF (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar), a actividade terá coma obxectivo principal “acompañar ás familias no crecemento, proporcionándolles estratexias, ferramentas e recursos de apoio ao longo da primeira etapa de vida dos seus cativos e cativas”, explicou a concelleira Cristina Martínez, sinalando ao mesmo tempo, a intención de tender unha rede de apoio e intercambio de experiencias entre familias e profesionais.
Asemade, traballarase co “Libro Blanco da Atención Temperá”, a prevención e detección de necesidades nas áreas de linguaxe, psicomotricidade, áreas cognitiva, sensorial, etc.
Por outra banda, o vindeiro xoves 5 de abril terá lugar na Casa da Cultura, ás 17.30 horas, a primeira das charlas programadas, titulada “Como protexer sen protexer”, e impartida polo psicólogo e terapeuta familiar José Cardama Barrientos. Haberá servizo de canguros, pero é preciso anotarse previamente, chamando ao Concello en horario de mañá (986 62 20 01/03).
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL