• Planes finde
  • Terraza top
  • Vuelve el calor
  • Multas música playas
  • Visitas guiadas Redondela
  • Experiencia arándanos
  • Orgullo
  • Piscina en O Porriño
  • Deka Vigo
  • Nigranjazz
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Debut 2025 arranca a súa programación achegando formación a preto de 200 estudantes

Debut 2025 arranca a súa programación achegando formación a preto de 200 estudantes
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
17/11/2025

Da iniciación nas técnicas de cestaría á patronaxe, pasando polo bordado ou a confección de tote bags, dez cursos amplían ao longo desta semana a formación do alumnado da Facultade de Deseño, no marco da programación de Debut 2025, o desfile no que 15 novos titulados e tituladas no Máster en Deseño e Dirección Creativa en moda presentan as coleccións que desenvolveron como traballos de fin de mestrado. Un ano máis, o evento que este venres 21 terá lugar no Pazo da Cultura vese complementadoao longo desta semana por un programa de actividades formativas, dirixidas tanto o estudantado do mestrado como do Grao en Deseño e nas que participan preto de 200 estudantes. Ademais, nesta programación insírense tamén conferencias abertas a toda a cidadanía e a exposición no Museo de Pontevedra da colección que un grupo de estudantes realizou en colaboración con Bimba y Lola e Palomo Spain.

Dez talleres ao longo da semana

Promovido coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia, o programa formativo de Debut 2025 arrancou este luns con actividades como o curso de introdución a técnicas de cestaría aplicadas á pel, impartido pola deseñadora Idoia Cuesta, quen foi galardoada no ano 2014 co Premio Nacional de Artesanía. Tamén nesta xornada, a facultade acolle un taller de técnicas de bordado profesional aplicadas ao deseño de moda, impartido por Elena Rial, unha deseñadora formada en Esdemga e que en 2013 lograba o primeiro premio de Debut, para logo acadar tres anos despois o premio Mercedes Benz Fashion Talent no Ego da Madrid Fashion Week. Vicky Cordero, outra deseñadora formada neste título propio, posteriormente substituído polo actual mestrado, é a responsable doutro do talleres desta xornada, centrado na xastrería e na experimentación coa patronaxe. Cordero e Rial, así mesmo, protagonizan na tarde deste luns unha mesa redonda na que afondan nos seus procesos de traballo programada para as 19.00 horas na Facultade de Deseño.

Másnoticias

La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora

La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora

25/06/2026
Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

22/06/2026

Da man da deseñadora gráfica e téxtil Marta Lloria, este luns arrancou tamén un obradoiro de deseño e confección de tote bags corporativas, no que o alumnado traballa no deseño das bolsas que se lle entregarán ao tribunal do desfile. Esta actividade continúa na xornada do martes, na que dá comezo un curso de introdución á fabricación de calzado, impartido por Noemí Vidal. Tamén nesta xornada, desenvolverase un curso de impresión 3D de accesorios de moda, a cargo do técnico da UVigo Xosé Manuel Rodríguez, mentres que Félix Pérez Oliveira, creador da marca especializada en sombreirería Félix de Martín, encargarase o mércores de achegar o alumnado ás técnicas de traballo con volumes. Xa o xoves terá lugar un obradoiro centrado no manexo da aloutte machine, unha imprenta itinerante, completándose esta programación formativa na mañá do venres, co seminario no que Heriberto Otero afondará na posta en escena dunha colección de moda.

Colaboración con Bimba y Lola e Palomo Spain

No marco desta programación, desde este martes 18 poderán verse no Museo de Pontevedra os deseños desenvolvidos por 15 estudantes do mestrado para un proxecto de upcycling desenvolvido xunto con Bimba y Lola e Palomo Spain. Ao abeiro dun convenio de colaboración coa Universidade, responsables destas firmas impartiron unha serie de sesións formativas a partir das cales o alumnado seleccionado traballo no redeseño e intervención dunha colección desenvolvida por Bimba y Lola e Alejandro Gómez Palomo. Os resultados finais foron presentados o pasado xoves nun acto en Madrid e poderán verse ata o domingo 23 no Edificio Castelao do Museo.

Como “unha colaboración única” na que “vangarda e deseño danse a man nunha cápsula que reinterpreta e crea de novo algúns elementos icónicos das coleccións de Bimba e Palomo” presentábase un proxecto resultado do “frutífero encontro” entre o alumnado do mestrado, o equipo de deseño de Bimba y Lola e Alejandro Gómez Palomo. Deste traballo conxunto xurdiron propostas que fan uso da serigrafía ou dos bordados en 3D, que desestruturan unha chaqueta “para deixar á vista o que normalmente se oculta” ou que dan volume a unha cazadora “con pelo sintético ou plumas”, segundo salientan as firmas promotoras.

Alicia Bonilla, Andrea San Miguel, Lucía González, Marina Pérez, Luiselena Tilve, Manuel López de Silanes, Fernando Búa, Alicia Gómez, Claudia Pinaque, Álvaro Brea, Sabela Alonso, Tuset, Celia Vilariño, Ruth Vidal e Alba Caballero son as e os estudantes participantes nun proxecto que ao longo desta semana amosa os seus resultados no Museo de Pontevedra, nunha exposición que será presentada na tarde do xoves 20, nun acto que contará coa participación de Alejandro Gómez Palomo.

Contacto directo co sector profesional

Debut 2025 conta co apoio de Concello de Pontevedra, Vicerreitoría do campus, Fundación Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia, Fundación Bimba y Lola e Deputación e Museo de Pontevedra, así como do Consello Social da UVigo, ao abeiro das xornadas de empregaibilidade desenvolvidas nos últimos meses nos diferentes centros do campus. Co obxectivo de contribuír precisamente a esa conexión do alumnado co mercado laboral, nesta programación insírense as xornadas profesionais que este xoves levarán os 15 novos titulados e tituladas que presentan as súas coleccións en Debut a manter unha serie de entrevistas con responsables de recursos humanos de Inditex, Bimba y Lola, Sociedad Textil Lonia, Parfois e Adolfo Domínguez.

Previamente, na tarde do mércores, Deseño acollerá outra das actividades abertas á cidadanía, promovida neste caso coa colaboración dos Premios Feroz, unha clase maxistral da deseñadora Cristina Rodríguez, sobre o seu traballo como estilista para cine e televisión.

Xa o venres 21, o recinto feiral do Pazo da Cultura acollerá o desfile no que poderán coñecerse tanto estes 15 proxectos como unha serie de propostas realizadas polo alumnado do primeiro do curso do mestrado. Este evento dará inicio ás 20.00 horas e conta cun prezo de entrada de 5 euros. Ademais, as coleccións realizadas como TFM permanecerán expostas os dous días seguintes na sala de exposicións do pazo, onde poderán contemplarse o sábado 22 de 16:00 a 20:00 horas e o domingo 23 de 12:00 a 14:00 horas.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Galería | Galicia Fest cierra su segunda edición en el Puerto de Vigo con más de 15.000 personas
Enfoque

Galería | Galicia Fest cierra su segunda edición en el Puerto de Vigo con más de 15.000 personas

...

PorIván Dacal
28/06/2026
Supermanzanas, cierres horarios al tráfico y más árboles, el "nuevo" barrio que planea Vigo
Enfoque

Supermanzanas, cierres horarios al tráfico y más árboles, el "nuevo" barrio que planea Vigo

...

PorÁngel Vila
28/06/2026
Vigo sale a la calle en el Orgullo entre críticas por la falta de apoyo del Concello
Enfoque

Vigo sale a la calle en el Orgullo entre críticas por la falta de apoyo del Concello

...

PorÁngel Vila
27/06/2026
O Porriño construirá una gran piscina al aire libre, pistas deportivas y un área verde en el centro
Enfoque

O Porriño construirá una gran piscina al aire libre, pistas deportivas y un área verde en el centro

...

PorÁngel Vila
27/06/2026
La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora
Enfoque

La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora

PorMetropolitanoy1 Otros
25/06/2026

La nueva rectora de la UVigo pide a la Xunta "financiación y confianza" y una apuesta por la universidad pública. Carmen García Mateo toma posesión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X