Aproveitar o confinamento para poder mellorar as nosas aptitudes online. Con esta premisa, o Concello de Moaña, a través da concellería de Mocidade, está a ofrecer diferentes cursos en modalidade de videoconferencia para a a mocidade, pero tamén para o público en xeral.
A través da Aula CeMit, os cursos contarán cunha duración máxima de cinco horas repartidas entre dous e tres días, en función da formación elixida. O prazo de inscrición comezou o venres 24 de abril.
As opción de formación están centradas en aplicacións informáticas relacionadas coa ofimática, a edición de vídeo, tanto básica como avanzada ou coa creación de contidos audiovisuais.
A formación será impartida polo docente da Aula CeMIT de Moaña vía videoconferencia e mediante videoaulas, as cales estarán dispoñibles para que calquera persoa inscrita nos cursos poida acceder á formación en calquera momento.
As persoas que desexen inscribirse, deberán facelo a través da páxina web cemit.xunta.gal ou a través do número de teléfono 616.804.107.
“Coas aulas presenciais rematadas no ensino medio, é importante que a mocidade teña actividades alternativas e de formación adaptadas aos seus intereses, polo que esta iniciativa é necesaria nas condicións de excepcionalidade na que vive toda a poboación”, explican dende o Concello.
Os cursos poden consultarse nesta ligazón. O Concello ofrece cursos de "automatización da empresa coa folla de cálculo", "edición de vídeo", "edición de vídeo avanzado", "creación de proxectos con Google Slide" e "ferramentas online para a creación de contidos", os dous últimos pensados para a mocidade.
Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años
Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica
Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL