Literatura e igualdade fusiónanse en Moaña. A vila galega de moda grazas ao éxito do último libro de Domingo Villar, “O último barco”, convértese na organizadora xunto á Lonxa Literaria da primeira edición do Certame de Relato Curto en Igualdade. O evento permite a participación de todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, sempre que os relatos teñan unha temática relacionada coa igualdade de oportunidades ou con calquera temática que poña o acento na visibilización da discapacidade.
Os relatos deberán ter unha extensión máxima de 3.000 caracteres con espazos. Terán que ser realizados obrigatoriamente en lingua galega e deberán presentarse en formato DIN A4. Os organizadores establecen unha única categoría cun premio que está dotado en 300 euros.
As persoas que participen poderán presentar até un máximo de tres relatos. Os orixinais enviaranse por correo electrónico ao mail [email protected] no que terán que engadir dous documentos en formato PDF, o primeiro co nome do título ou lema conterá o relato presentado encabezado polo título ou lema escollido mentres que o segundo será un documento que conteña un listado co título ou lema do relato, nome e apelidos, DNI, enderezo, enderezo electrónico, teléfono e declaración xurada de aceptación das bases do certame e de que a obra presentada a concurso é orixinal e inédita. O correo electrónico levará como asunto “I Certame de Relato Curto en igualdade Lonxa Literaria – Concello de Moaña”.
O prazo de entrega dos relatos será ata o 30 de novembro. O gañador do certame o decidirá un xurado que estará integrado por dúas persoas relacionadas co mundo da literatura e unha persoa designada pola Lonxa Literaria. Tanto o Concello de Moaña como Lonxa Literaria resérvanse a posibilidade de editar o texto gañador
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
¿Sabes qué significa Marmanxo, Marreca o Fanado? Estas son algunas de las expresiones o palabras típicas de Vigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL