O Concello de Nigrán abriu dende este luns e ata o 13 de maio o prazo de solicitude para participar no proceso de selección de tres bolsas de estudios para prácticas de información turística nas oficinas municipais. Trátase dunha bolsa de seis meses (do 1 de xuño ao 30 de novembro, ambos inclusive) e dúas de tres meses (do 15 de xuño ao 15 de setembro, ambos inclusive) cunha dotación de 800 euros mensuais e un horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a domingo. As titulacións posibles que se requiren son Técnico Superior en Guía Información e Asistencias Turísticas ou Técnico Superior de Información e Comercialización Turística ou Diplomatura en Empresas y Actividades Turísticas (títulos obtidos no ano 2008 ou con posterioridade).
O proceso de selección desenvolverase en dúas fases, a primeira de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes e a segunda de proba práctica oral (únicamente para os que acaden maior puntuación na fase de méritos) que versará sobre o coñecemento do aspirante do Concello de Nigrán e o nivel de lingua inglesa. As tres persoas con maior puntuación no conxunto do proceso selectivo serán as propostas para cubrir as bolsas.
A Facultade de Bioloxía presenta o proxecto Montes Vigo 2046, unha iniciativa que chega da man da Mancomunidade de Montes de Vigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL