O Concello de Nigrán, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza o seu primeiro curso “Copilotaxe de Rally”, que será impartido polo piloto local Ezequiel Salgueiro. Este desenvolverase en dúas xornadas, o venres 28 de setembro de 16:00 a 20.00 horas para abordar os contidos teóricos básicos, e o sábado 29 de 10.00 a 14.00 horas para por en práctica as ensinanzas teóricas nun tramo de probas, con piloto e instructores.
O curso dispón dun total de 16 prazas e está dirixido a empradoados en Nigrán con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Estas prazas cubriranse por orde de inscrición reservando sempre un 50% para mulleres e o outro 50% para homes.
As persoas interesadas poderán inscribirse dende o día 12 ata o día 25 de setembro, para o que deberán descargar o formulario de inscrición da páxina do Facebook Concello de Nigrán e envialo ao seguinte enderezo omixnigran@nigran.org xunto cunha copia do DNI e autorización da nai, pai ou persoa responsable da ou do menor (necesaria únicamente para persoas de 16 a 17 anos). En caso de non dispoñer de Facebook o interesado pode solicitar a documentación tamén a través do mail omixnigran@nigran.org. Para mais información poden dirixirse aos teléfonos 986383081/661377343.
Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica
Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
Neles avalíanse aditivos derivados de algas e a substitución de conservantes sintéticos por naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL