O Concello de Nigrán, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza o seu primeiro curso “Copilotaxe de Rally”, que será impartido polo piloto local Ezequiel Salgueiro. Este desenvolverase en dúas xornadas, o venres 28 de setembro de 16:00 a 20.00 horas para abordar os contidos teóricos básicos, e o sábado 29 de 10.00 a 14.00 horas para por en práctica as ensinanzas teóricas nun tramo de probas, con piloto e instructores.
O curso dispón dun total de 16 prazas e está dirixido a empradoados en Nigrán con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Estas prazas cubriranse por orde de inscrición reservando sempre un 50% para mulleres e o outro 50% para homes.
As persoas interesadas poderán inscribirse dende o día 12 ata o día 25 de setembro, para o que deberán descargar o formulario de inscrición da páxina do Facebook Concello de Nigrán e envialo ao seguinte enderezo [email protected] xunto cunha copia do DNI e autorización da nai, pai ou persoa responsable da ou do menor (necesaria únicamente para persoas de 16 a 17 anos). En caso de non dispoñer de Facebook o interesado pode solicitar a documentación tamén a través do mail [email protected]. Para mais información poden dirixirse aos teléfonos 986383081/661377343.
El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria
Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años
Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica
Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL