A Asociación de Palilleiras de Mos, unha das asociacións culturais referente do municipio mosense e integrante ademais da mesa de traballo “Mos con La Vuelta” traballa activamente nun proxecto que formará parte do atrezo na etapa número 15 de La Vuelta a España 2020, que sairá desde Mos en dirección á Pobra de Sanabria o xoves 5 de novembro ás 10:00 horas.
Según as propias palilleiras o obxectivo deste traballo artesanal en encaixe de bolillos é o reto de elaborar unha artesanía en gran formato e fomentar e impulsar o patrimonio cultural cun sentimento de orgullo e pertenza polo noso, e amosar esta técnica que se leva a cabo en moitos puntos de Galicia.
Tal e como hoxe informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, será un gran deseño que xunto co entorno do Pazo enriquecerá ao espazo elixido para a saída. É un orgullo contar con esta asociación, formada por mulleres de cada unha das dez parroquias de Mos, que durante todo o ano organizan diversas actividades arredor de diferentes técnicas e labores.
Actualmente traballan tamén no “I Encontro de Labores no Camiño 2021”, que inclúe varias actividades concretas como son: a tradicional “Xuntanza de Palilleiras e Labores de Mos”, unha Exposición co título “Camiño do Encaixe”, os obradoiros “Os camiños do Encaixe” e un bus turístico. Este proxecto levarase a cabo maioritariamente nas parroquias de Tameiga-Costoias, e Santa Eulalia de Mos, tramo do Camiño Portugués.
O proxecto executarase ao longo do ano que ven, con motivo do Xacobeo 2021 que transcorre polo Camiño Portugués (Pazo dos Marqueses de Mos) situado no Concello de Mos para promocionar a imaxe cultural, turística, natural e humana das áreas rurais do Camiño de Santiago. Irá dirixido ao público en xeral, entre o que potenciar a importancia do patrimonio cultural galego en xeral e mosense en particular, aos peregrinos ou turistas que visiten ou realicen o Camiño Portugués e á veciñanza do Concello de Mos e concellos limítrofes.
Deste xeito, traballando da man Concello e Palilleiras; Mos continúa apostando polo seu tecido asociativo e pola súa principal baza turística e cultural: o Camiño de Santiago.
Uno de los fichajes más esperados ya viste la zamarra celeste, Bryan Zaragoza firma su vinculación con el Celta
El Celta presenta su innovadora tercera camiseta y estrena su nueva tienda en Balaídos, con Celestino como sorpresa
La alcaldesa de Mos manifestó que espera que Feijóo inaugure la segunda fase de Afouteza como presidente del Gobierno
El asturiano logra su tercera victoria del Rallye Rías Baixas tras subirse a lo más alto del podio en 2021 y 2023
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL