• Festa furancheira
  • Festa da Sardiña Vigo
  • Perreo en Vigo
  • Gen Z y ocio nocturno en Vigo
  • Chenoa
  • Amancio Ortega
  • Pueblo bonito de Galicia
  • Nuevo chiringuito
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Deportes

A Copa Deputación de fútbol feminino vén para Vigo

A Copa Deputación de fútbol feminino vén para Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
06/06/2019

Á conta dun ordenado e peleón Umia, equipo de 1ª Autonómica que o ano que vén xogará en categoría nacional, o Valladares (2ª División) retivo para a delegación viguesa o título da Copa Deputación. As de Gabi Couñago relevaron ao Matamá no palmarés e xa todos os equipos vigueses de 2ª Nacional conta coa copa provincial nas súas vitrinas. Con todo, a vitoria chegou nos penaltis (5-3), con gol de Carla no quinto lanzamento e fallo de Lida, do Umia, no terceiro lanzamento da serie. Mandou o zapatazo ao traveseiro.

Así se escribe a historia. O Umia tivo o 2-0 no 59, con Tamara salvando o tanto na liña de gol. Perdoou (certo, tivo poucas ocasións, pero defendeuse con orde e criterio) e acabou pagando nun partido no que a dobre T branquiazul (talentosa Anita e tanque Trabazos) soubo igualar o choque, en noite con dous lanzamentos á madeira da dianteira.

Másnoticias

Una experiencia para enfrentarse al Vigo post apocalipsis, 24 horas de supervivencia real

Una experiencia para enfrentarse al Vigo post apocalipsis, 24 horas de supervivencia real

07/06/2026
El muelle de Cíes se convierte en pista de aterrizaje para evacuar a una turista italiana

El muelle de Cíes se convierte en pista de aterrizaje para evacuar a una turista italiana

07/06/2026

No primeiro período, o Umia, que levaba un ano avisando do seu potencial (a final copeira de As Gaiandas o verán pasado foi unha premonición), comeuse ao “grande” nos primeiros compases. Balón á súa banda esquerda, o lateral dereito que foi unha constante hemorraxia para o Valladares toda a tempada, galopada e gol. Era o sexto minuto e o Valladares penaba unha vez máis por esa banda maldita.

Un ano atrás, o Valladares puxo en serios aprietos ao Sárdoma neste mesmo torneo do KO, e cando subiu deulle matarile en Segunda. Coa final do Carrasco pode suceder igual. Umia e Valladares veranse no campionato de Segunda División en poucos meses, e este título converteuse nunha excelente carta de presentación. Polo momento, as de Moisés Campos soltaron o primeiro golpe. E non, as finais non están para tocar nin consentir o balón, están para gañalas.

O Valladares, aos poucos, foi achegándose máis á área de Patricia Casas, “House”, con accións de Trabazos, fundamentalmente (disparo á escuadra, min. 13), e balóns que se pasearon orfos pola área sen que Hele ou Anita definisen. Pero iso, para unha final de Copa, era máis ben pouco. O proxecto de Moisés Campos leva tres tempadas avisando. En Barrantes, o seu excelente feudo, fixo suar sangue ao Arousá en 2017 e advertiu ás vilagarciás do rápido que crecía o Umia. Nos dous anos seguintes o once de Campos converteuse na referencia copeira da zona de Pontevedra. Con todo merecemento.

A segunda parte foi outra historia. O equipo vigués tivo máis o coiro e Anita liderou toda a ofensiva pola dereita. A mellor xogadora de Vigo o é por algo. Ela e Trabazos, autora do empate, tiveron varias ocasións, con “House”, a gardameta do Umia, salvando unha internada con chute de Anita ( min. 80). Mesmo Trabazos tivo o 1-2 no 94 (e outro traveseiro no 82), pero o seu croque foi ás mans de Casas.

Así, tocaba quenda de penaltis tras uns minutos finais tolos nos que tamén o Umia tivo unha galopada de Rebeca para o 2-1, pero foron os penaltis os que determinaron o campión. O Valladares empezou lanzando e Anita (0-1), Marta (1-2), Trabazos (2-3), Gloria (2-4) e Carla (3-5), por esta orde, cazaron a Copa. Cris e Pau levaron a emoción (1-1, 2-2), pero fallou Lida e, aínda que logo marcou Alba Ferré (3-4), Carla sentenciou. Sufrindo, si, pero o Valladares é o novo campión provincial.

Ficha técnica do Umia - Valladares

Umia: Patricia Casas; Sandra, Cris, Ainhoa Barreiro, Graci (María Vázquez, min. 72), Paula, Eva López, Miri, Lida, Alba Ferré e Alba Barral (Rebeca, min. 61).

Valladares: Judith ( Albita, min. 92); Nerea, Gloria, Tamara, Marta, Hele, Mery, “Loles” (Loli, min. 81), *Álex Pichel (Carla, min. 93), Anita e Trabazos.

Goles: 1-0 ( min. 6), Alba Ferré. 1-1 ( min. 69), Trabazos.

Árbitro: Iria Rosendo (Comité Galego). Amoestou polo Umia a Paula e polo Valladares a Nerea e Marta.

Incidencias: O Carrasco, en Marcón (Pontevedra). Final da V Copa Deputación feminina. Asistiu a presidenta da institución provincial, Carmela Silva. Boa entrada e ruidosa e moi participativa a afección do Umia. No descanso entrou en funcionamento a iluminación eléctrica.

Temas: Copa DeputaciónfútbolValladaresVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo busca a sus reyes del pádel
Deportes

Vigo se convierte en la ciudad del pádel con este torneo que se celebrará en Máis que Auga

El Torneo de Pádel Concello de Vigo se celebra del 26 de junio al 5 de julio en las instalaciones de Máis que Auga Barreiro y Navia

PorCarlos I. Castrillón
05/06/2026
Uno de los jugadores revelación de la Liga ficha por el Celta, Aleix Febas luce la celeste
Deportes

Uno de los jugadores revelación de la Liga ficha por el Celta, Aleix Febas luce la celeste

El Celta ya tiene una cara nueva para la próxima temporada. Aleix Febas, una las revelaciones de la liga, aterriza en Vigo

PorIván Dacal
01/06/2026
El Rallye de Ourense de este 2025 tendrá 14 tramos cronometrados, tres de ellos nocturnos
Deportes

Guía completa del 59 Rallye de Ourense con tramos, horarios y recorrido

El Rallye de Ourense desvela sus tramos, horarios y recorrido. Guárdate esta guía para no perderte una de las pruebas más top de Galicia

PorIván Dacal
29/05/2026
"Ni yendo a la Champions, no habrá vuelta atrás", Aspas confirma su despedida en un año
Deportes

"Ni yendo a la Champions, no habrá vuelta atrás", Aspas confirma su despedida en un año

"Todos tenemos que hacernos a la idea y pasar este año de duelo", subrayó Marián Mouriño en la firma del contrato

PorMetropolitano
26/05/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03jun(jun 3)18:0007(jun 7)21:30Festa da Coca de RedondelaFIESTAS | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X