• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Deportes

Zancadas solidarias polas víctimas da explosión de Tui

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Miguel AlonsoPorMiguel Alonso
05/06/2018

Este domingo celebrarase a VII Eurocidade 10 organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui. Esta proba de atletismo será solidaria cos afectados de Paramos, para quen será recadación íntegra da proba, pero amais poranse á venda, o mesmo domingo, camisetas solidarias ao prezo de 5 euros.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar o pasado luns na Casa do Concello de Tui coa presenza do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do club Atletismo Tui, Rafael Pérez.

Másnoticias

Foto: Guardia Civil

Operación de película en plena A-55, la Guardia Civil rescata en marcha a un conductor

09/05/2025

El mejor cine se disfruta desde este martes en el Play Doc: el evento arranca con Traspielas

07/05/2025

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, destacou na súa intervención a triple vertente desta actividade deportiva, patrimonial e solidaria. No mesmo senso o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, salientou que este evento, que é unha das probas estrelas do calendario deportivo da Eurocidade, aportará o seu gran de area aos afectados pola catástrofe de Paramos. Ao tempo ten tamén valor deportivo e visibiliza a Eurocidade co percorrido polo corazón do conxunto histórico de Tui e a fortaleza de Valença.

Pola súa parte, José Monte, vereador de Desporto de Valença, transmitiu a solidariedade do municipio de Valença con Tui, colaborando dende o primeiro momento, e indicando que este ano todos temos que facer un esforzo na divulgación desta proba.

Mentres Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui, indicou que esta sétima edición ten un matiz especial debido aos acontecemento de Paramos, xa que o 100% da inscrición será destinado á Plataforma de Afectados. Lembrou amais Rafael Pérez que o Club Atletismo Tui Thermalia sempre estivo comprometido a nivel social e solidario, e en todas as carreiras hai un compoñente social e solidario. En concreto na Eurocidade destinaban o 10% de inscrición a unha entidade de carácter social, pero este ano acordaron doar o 100%. Amais da inscrición, a entidade vai desenvolver coa colaboración do Concello e da Cámara de Valença, outras accións paralelas. Así a camiseta da proba, que se entrega a todos os participantes, levará #TodosconParamos e un lazo para lembrar ás vítimas da traxedia. Esta camiseta porase á venda cun valor simbólico de 5€ que se poderá mercar o domingo nas inmediacións da saída. Lembrou tamén que os trofeos da proba son realizados por unha organización de ámbito social sen ánimo de lucro como é Avelaíña.

Xa no eido deportivo explicou que a Eurocidade 10 é unha carreira pedestre que transcorre fundamental por asfalto na que se aproveitan os recursos patrimoniais e paisaxísticos de Tui, do Miño e de Valença, que conta co atractivo engadido de atravesar a vella Ponte Internacional.

A saída da VII Eurocidade 10 terá lugar este domingo, 10 de xuño, ás 11:00 horas dende o Paseo da Corredoira. Os participantes terán que percorrer os 10 quilómetros do circuíto establecido que atravesando a vella Ponte Internacional e regresando ao punto de partida en Tui.

A inscrición para a Eurocidade 10 está aberta ata este xoves, 7 de xuño, ás 23:59 horas na plataforma Championchipnorte para os atletas españois e Lap2go para os portugueses. O prezo da inscrición é de 4 euros que serán doados integramente á Plataforma Axuda Paramos. Os atletas que non posúan o chip amarelo deberán alugalo cun custe dun euro. Agardan superar os 300 atletas que participaron o ano pasado na proba.

Establécense premios para os gañadores absolutos, para os tres primeiros e as tres primeiras de cada categoría, sub23, senior e veterano A e B, e para os tres primeiros e tres primeiras atletas da Eurocidade.

Temas: correr en GaliciaEurocidade 10Eurocidade Tui-ValençaO Baixo MiñorunningTuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Deportes

Las pistas del área de Vigo en las que podrás jugar al tenis gratis

Tui finaliza las obras de mejora en las pistas de Areas, recinto deportivo donde se podrá jugar gratis al tenis en estos horarios

PorMetropolitano
06/05/2025
Foto: As Celtas
Deportes

As Celtas logran el ascenso tras golear en Valladolid

As Celtas celebró este domingo un ascenso histórico tras golear en Valladolid. Las celestes se impusieron por 0 a 6 al Villa de Simancas

PorPaula Carballo
04/05/2025
Fotos: RC Celta
Deportes

El Celta golea al Villarreal y desata la ilusión por Europa

Fer López, Borja Iglesias e Iago Aspas fueron los goleadores de un Celta que desata la ilusión por jugar en Europa

PorIván Dacal
23/04/2025
Foto: RC Celta
Deportes

Balaídos acoge una "fiesta" del celtismo antes del encuentro ante el Barça: accesos y horario

El Celta abre este jueves el estadio de Balaídos para un entrenamiento a puertas abiertas. ¡Consulta aquí todos los detalles de la sesión!

PorIván Dacal
16/04/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X