O Deputado do BNG Luis Bará reclamará no Parlamento Galego a retirada da proposta de modificación da Lei do Solo tramitada a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2019, coa que se pretende legalizar a expropiación dos terreos para a cidade deportiva e o macrocentro comercial do Celta nos montes de Tameiga, Pereiras e Cela.
O BNG insta ademáis a evitar a “desfeita social, ambiental e económica” que, na súa opinión, provocaría este proxecto. Segundo denunciou Bará, “todo o proceso de tramitación cheira a cacicada a e a cambalache”, xa que se realizou primeiro o anuncio, nun acto público no que participaron a alcaldesa e o presidente da Xunta, para forzar posteriormente os cambios legais e os informes favorables que permitan materializar o pelotazo urbanístico.
Na opinión dos nacionalistas, “a Xunta e o Concello queren favorecer a entrada de grandes grupos empresariais e fondos de especulación que levan anos intentando instalarse na comarca de Vigo”.
O Goberno Municipal iniciou xa os trámites para modificar o PXOM e cambiar a cualificación dos terreos, de protección forestal, para destinalos a usos terciarios e dotacionais. O voceiro da formación en Mos, Gustavo Barcia, compareceu xunto a Bará e denunciou que o goberno de Nidia Arévalo quere declarar a actuación de utilidade pública “para poder realizar as expropiacións e logo entregar os terreos a unha empresa privada”. Entende ademais que a Xunta, se autoriza a modificación do Plan Xeral, fará “un uso perverso das leis coa intención de favorecer un proxecto e un promotor privado”.
O Goberno galego incorporou xunto ao proxecto dos Orzamentos de 2019 unha modificación da “ Lei 2/2016 do solo de Galicia” na que se determina que calquera persoa particular ou xurídica poderá ser beneficiaria dunha expropiación. Algo que ata agora era “ilegal”, tal e como explican desde o Bloque posto que a lei galega non o recolle.
Pode ser do teu interese: O presidente de Montes de Tameiga: “Mouriño quere facer un pelotazo”
O proxecto do presidente do Celta de construír un centro comercial en Mos recibiu o pasado 7 de outubro un contundente rexeitamento da gran maioría dos asistentes á asemblea celebrada pola comunidade de montes de Tameiga, propietaria dos terreos. O resultado foi maioritario en contra da oferta do máximo mandatario celeste. Dos 253 comuneiros, 247 mantiveron a súa negativa ao plan de Mouriño que apoia a alcaldesa Nidia Arévalo, mentres que tres abstivéronse e outros tres votaron a favor da creación da gran superficie comercial.
Nas palabras do presidente dos comuneiros, Antonio Cajide, “o que quere facer Mouriño chámase pelotazo urbanístico”. O propio veciño auguraba que “sabemos que haberá guerra sucia”.
Caballero ha anunciado que el Concello de Vigo hará un homenaje a Borja Iglesias tras la conquista del Mundial con la selección española
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL