O Rosal suspende a San Silvestre que estaba organizada para o 31 de decembro ante a alta incidencia da Covid-19 no municipio e na área sanitaria de Vigo. A carreira que, ía estar acompañada por unha chocolatada ao rematar, "tivo una unha gran aceptación e tiña moitas personas inscritas, pero tendo en conta a actual situación epidemiolóxica é mellor ser prudentes e anular a actividade" explican dende o Concello.
Apelando ao carácter non só deportivo senón tamén lúdico do evento, Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, afirma que "é a decisión máis acertada, aínda que nos da moita mágoa anular esta festa do deporte é o que debemos facer por responsabilidade e pola saúde de todas as persoas que ían participar".
Ademáis, dende o Concello agradecen o traballo das personas que sacaron adiante o evento e tamén a todos e todas os deportistas que se apuntaron á carreira. "Agardamos desfrutar ao máximo da San Silvestre do ano que vén. Agora é tempo de coidarse para deixar o virus atrás”, afirma Ánxela Fernández, engandindo que seguirán "planificando actividades sempre que sexa posible, coa máxima seguridade, respectando a normativa e priorizando a saúde".
El Celta presenta su innovadora tercera camiseta y estrena su nueva tienda en Balaídos, con Celestino como sorpresa
La alcaldesa de Mos manifestó que espera que Feijóo inaugure la segunda fase de Afouteza como presidente del Gobierno
El asturiano logra su tercera victoria del Rallye Rías Baixas tras subirse a lo más alto del podio en 2021 y 2023
Pasión total en Vigo y su área en la jornada de sábado del Rallye Rías Baixas, una jornada en la que el motor volvió a O Castro
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL