O concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente do Club Furaventos, Gerardo Martínez, presentaron o pasado martes o ‘Campionato de España F3U’ e o ‘Campionato da Liga Galega de Drones’ que organiza o club porriñés por delegación de Real Federación Aeronáutica Española e a Federación Aeronáutica Galega.
A proba, á que acoden 56 pilotos, dende nun circuíto especificamente creado para esta proba, no ‘campo de voo’ de Furaventos na parroquia de Pontellas, que o presidente do club califica de “moi vertical”, con obstáculos artificiais, e mixto, xa que conta cunha parte de pista e outra de monte, algo anovador nesta competición e que é especialmente atractivo para os participantes que consideran o circuíto porriñés como “un dos mellores de España”.
Manuel Carrera salientou o “excelente labor que con moi poucos recursos e moitos azos” está a levar adiante o Club Furaventos que, lembrou, “dende este ano conta cunha achega da Concellería de Deportes do Porriño”.
Carrera subliñou a “espectacularidade” desta modalidade deportiva e, especialmente, deste campionato onde, sinalou, tomarán a saída drons que “poden pasar de 0 a 100 quilómetros por hora en menos de 2 segundos e chegan a velocidades de ata 140 quilómetros por hora”.
O programa da proba empezará o venres, día 29, cos adestramentos libres; o sábado, día 30, será o intre das probas clasificatorias e o domingo, pola mañá, chegará a hora das finais das que sairán os campións de cada unha das categorías.
Por si o voo destas máquinas non fose incriblemente espectacular, cos pilotos guiando as mesmas utilizando unhas gafas pantalla dende as que poden seguir o trazado (grazas á cámara de a bordo que manda as imaxes en tempo real), outra das grandes ‘atraccións’ desta cita é a participación do cuarto mellor piloto do mundo, o novísimo Álex Zamora, de 10 anos de idade, e do Erick Carratala, actual campión de España.
Os dous tentarán facer un bo papel nunha proba que é “crucial” dado que os primeiros do campionato chegan moi axustados na clasificación e, ademais, xóganse puntos decisivos para poder facerse cun dos 5 postos na Selección española que disputará o vindeiro mes de outubro, en China, o Campionato do Mundo.
La alcaldesa de Mos manifestó que espera que Feijóo inaugure la segunda fase de Afouteza como presidente del Gobierno
El asturiano logra su tercera victoria del Rallye Rías Baixas tras subirse a lo más alto del podio en 2021 y 2023
Pasión total en Vigo y su área en la jornada de sábado del Rallye Rías Baixas, una jornada en la que el motor volvió a O Castro
El nuevo presidente del Comité Técnico de Árbitros promete llevar el arbitraje "a las mayores cotas posibles a nivel nacional e internacional"
Un investigador de la Agencia Espacial Europea descubrirá el "imperio del Sol" a los vigueses dentro del programa de actividades previsto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL