• Proyecto de Vivienda Vigo
  • Apertura Vigo
  • Rodaje Vigo
  • Teatro Cine Fraga
  • Planes en Valença
  • Fiestas Bueu
  • Novedad en Vigo
  • Casting Galicia
  • Ayuda comedor Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

80 especialistas en Lingüística Sistémica Funcional participan en Vigo nun congreso internacional

80 especialistas en Lingüística Sistémica Funcional participan en Vigo nun congreso internacional
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
15/06/2023

Esta mañá arrancou na sede de Afundación, en Vigo, a trixésimo segunda edición do European Systemic Functional Linguistics Conference, ESFLC2023, un congreso internacional no que participan máis de 80 especialistas en Lingüística Sistémica Funcional procedentes dos cinco continentes. Organizado polo grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorization) da UVigo, esta é a primeira vez que o simposio europeo se celebra en Galicia, o que constitúe unha oportunidade “estratéxica” porque “nos sitúa no mapa da comunidade científica como equipo de relevancia na investigación sistémico funcional”, como destaca Ana Elina Martínez-Insua, profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá e responsable do comité organizador.

Martínez-Insua foi a encargada de inaugurar o congreso acompañada por Maribel del Pozo, vicerreitora de Internacionalización; Carlos Gouveia, presidente da European Systemic Functional Linguistics Association); e Dolores González Álvarez, directora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá. No acto deron a benvida aos 83 expertos e expertas procedentes de Arxentina, Australia, Brasil, Chile, China, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hong Kong, India, Italia, México, Nixeria, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Sudáfrica, España, Suecia e Taiwan. Aínda que o perfil das e dos asistentes é variado, en xeral son investigadoras e investigadores de lingüística interesados no estudo da comunicación humana tendo en conta os contextos nos que se produce e os medios e canais que emprega.

Másnoticias

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

15/10/2025
Unha orquestra para a Universidade de Vigo

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

14/10/2025

Unha disciplina que se centra no estudo e a descrición do proceso comunicativo

Como explica a directora do comité organizador, “o obxectivo primordial da Lingüística Sistémica Funcional é o estudo e a descrición do proceso comunicativo, prestando atención a como as mensaxes que o ser humano produce resultan eficientes á hora de comunicar a realidade circundante da maneira máis adecuada tendo en conta á ou ás persoas interlocutoras, o contexto situacional e o contexto cultural”. De maneira paralela, engade, “acéptase que a comunicación é inherentemente multimodal en tanto que o seu funcionamento non se circunscribe so ás mensaxes lingüísticas propiamente ditas senón que tamén está presente nas imaxes, nos xestos e mesmo nos silencios”.

102 propostas de comunicacións e 63 presentacións

A organización do ESFLC2023 recibiu un total de 102 propostas de comunicacións e haberá 63 presentacións que xirarán, principalmente, arredor do tema central desta edición, que son os desenvolvementos (cognitivos) en comunicación multimodal (dixital) e a expansión das fronteiras tradicionais da Lingüística Sistémica Funcional. Partindo da base de que “a interacción humana é inherentemente multimodal e da aceptación do codesenvolvemento da sociedade e dos medios dixitais para a comunicación e a súa análise”, como explican dende o comité organizador, “esta conferencia pretende afondar na explicación da linguaxe e outros modos de creación de significados e explorar modelos para a representación de tal multimodalidade”.

Tres conferencias plenarias

Tras o acto de inauguración, o congreso arrancou cunha das tres conferencias plenarias programadas para estas xornadas, coas que a organización trata de poñer en valor “o feito de que, na procura dunha explicación eficiente da natureza multimodal da comunicación, se poden integrar de maneira satisfactoria o modelo sistémico funcional, o cognitivo e psicolingüístico e a tecnoloxía dixital, dado que comparten certas bases epistemolóxicas de relevancia”. Este primeiro relatorio correu a cargo de Rebekah Wegener, da Universidade Paris Lodron de Salzburgo, que se centrou no emprego da tecnoloxía na investigación da comunicación multimodal, especialmente no ámbito médico.

A seguinte conferencia plenaria será mañá venres ás 09:30 horas da man de Inés Olza, da Universidade de Navarra, que abordará o estudo da comunicación multimodal e a xestualidade dende un punto de vista cognitivo e psicolingüístico ao tempo que funcional, facendo evidente o positivo do diálogo e a colaboración entre marcos teóricos, en principio, diferentes.

Finalmente, a terceira das conferencias plenarias correrá a cargo de Kay O’Halloran e terá lugar o sábado ás 12:30 horas. No seu relatorio, titulado Multimodality: Informing design, policymaking and activism for digital media, analizará o desenvolvemento de medios de comunicación e tecnoloxías dixitais tomando como base os principios de inclusión, igualdade, transparencia, privacidade, solidariedade, saúde, benestar, sustentabilidade e coidado do mundo natural.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Audasa pedirá al Gobierno más de 1.000 millones si Bruselas declara ilegal el contrato
Enfoque

La Xunta reprocha el "ninguneo" del Gobierno a Galicia con la transferencia de la AP9

...

PorEuropa Press
15/10/2025
Vecinos de Ponteareas vuelven a cortar la N-120 para reclamar la urgente mejora de la seguridad vial
Enfoque

La Plataforma por la mejora de la N-120 pide una reunión en el Ministerio de Transportes

...

PorEuropa Press
15/10/2025
Cortes de tráfico en pleno centro de Vigo por el rodaje de la próxima gran serie de Antena 3
Enfoque

Cortes de tráfico en pleno centro de Vigo por el rodaje de la próxima gran serie de Antena 3

...

PorCarlos I. Castrillón
15/10/2025
Herido un hombre tras caer a un tejado mientras podaba un árbol en O Porriño
Enfoque

Herido un hombre tras caer a un tejado mientras podaba un árbol en O Porriño

...

PorMetropolitano
15/10/2025
Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes
Enfoque

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

PorCarlos I. Castrillón
15/10/2025

Debido ao cambio climático agárdase que cada vez sexan máis frecuentes e de maior impacto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

18oct16:30Torneo de futbolín en VigoTORNEO | VIGO | GRATIS

18oct(oct 18)20:0019(oct 19)17:00Festa do Codillo de MosFIESTA GASTRONÓMICA | MOS | DESDE 12 EUROS

19oct11:00Festa dos Callos de BeadeFIESTA GASTRO | VIGO | DESDE 4 EUROS

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X