• Alerta tormentas Galicia
  • Persecución Salceda
  • Supermercados Vigo
  • Reventa Chayanne
  • Visor submarino Vigo
  • Gran Obra Coia
  • Fiestas Beade
  • Conciertos gratis
  • Fiesta gastro
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A alcaldesa de Redondela demanda á Xunta "a urxencia" de facer unha escola infantil en Chapela

A alcaldesa de Redondela demanda á Xunta "a urxencia" de facer unha escola infantil en Chapela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/02/2022

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada da deputada do Grupo Socialista do Parlamento de Galicia, Leticia Gallego, visitou na mañá deste mércores os terreos da finca da Ginaria, en Chapela, postos a disposición da Xunta de Galicia para a construción dunha escola infantil para a parroquia.

Leticia Gallego lembrou que o Grupo Socialista presentou unha emenda aos orzamentos “para que se contemplase a construción desta Escola Infantil en Chapela, emenda que a Xunta rexeitou” unha postura que, segundo a deputada socialista “non fai máis que reafirmar o esquecemento en que o Goberno galego ten ao municipio de Redondela”. Gallego lembrou que nos Orzamento 2022 “non hai ningunha partida destinada para Redondela”. A deputada aconsellou ao Goberno galego que “dos 34 millóns de euros que lle vai dar o Goberno de España para escola infantís, inclúa a de Chapela” e chamou a atención sobre o feito de que, ata o de agora, todas as mocións presentadas sobre temas relativos a Redondela “foron sistemáticamente rexeitadas polo Goberno galego” poñendo como exemplos a Avenida de Mendiño “competencia exclusiva da Xunta” ou as melloras no CEI Santa Mariña.

Másnoticias

La provincia de Pontevedra se llena de conciertos gratuitos, así es el Son Verán que arranca en Baiona

La provincia de Pontevedra se llena de conciertos gratuitos, así es el Son Verán que arranca en Baiona

23/07/2026
Asaltan instalaciones del Concello de Redondela y roban dos vehículos, que reaparecen calcinados

Asaltan instalaciones del Concello de Redondela y roban dos vehículos, que reaparecen calcinados

23/07/2026

Digna Rivas agradeceu o “traballo e implicación” de Leticia Gallego con Redondela “cousa que lamentablemente non podemos dicir doutros que son parlamentarios e redondeláns como o señor Pazos quen, en lugar de reivindicar unha demanda veciñal como é esta escola, bótalle a culpa ao Concello a sabendas da falsidades desas afirmacións”. A alcaldesa lamentou que o Goberno da Xunta “so mire as cores políticas e non os dereitos das veciñas e veciños” mentres ten a Redondela “no máis absoluto dos abandonos porque non é da súa cor”. “Como alcaldesa –afirmou Digna Rivas– teño o deber de reivindicar sempre e diante de quen sexa, tanto se é a Xunta de Galicia como a Deputación de Pontevedra ou o Goberno de España, os dereitos dos veciños e veciñas de Redondela”.

A rexedora local lembrou que a escola infantil de Chapela era, en maio de 2019, “unha promesa electoral do PP que, afirmaban, 'xa estaba feita' cando o certo e que todos os trámites estaban por facer, incluíndo a modificación das normas subsidiarias para cambiar o uso dos terreos”. Pese a estar todos os trámites sin realizar por parte do Concello, engade Digna Rivas “si que estaban dispostos a facer un 'convenio express', e agora, que toda a documentación está en regra, non hai o máis mínimo interese de facer esta instalación imprescindible para a veciñanza de Chapela”.

“Se en maio do 2019, estaba 'todo disposto' para facer a escola e daquela non había impedimento, Cal é o problema agora que o Concello si que ten todos os trámites realizados?” pregunta a rexedora local quen asegura que, neste momento, “á Xunta acabáronselle as escusas” e considera “unha curiosa coincidencia” o feito de que temas longamente reivindicados por Redondela como a Avenida Mendiño, o Bacharelato de Artes ou a mellora do CEP Santa Mariña, todos eles pendentes, sexan competencia do Goberno galego.

“Os deberes están feitos”, afirmou con rotundidade Digna Rivas, quen subliñou que así o avalan os informes técnicos do Concello de Redondela e lembrou que o 16 de marzo do 2021, a Xunta aprobou definitivamente a modificación puntual das Normas Subsidiarias enviada polo Concello de Redondela –logo da súa publicación no DOG, BOPPO e a inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia– “para cambiar o uso dos terreos a fin de permitir a instalación da Escola Infantil”.

É dicir, que o Concello de Redondela, dende marzo deste ano, "cumpriu cos trámites administrativos necesarios para que os terreos cumpran as condicións urbanísticas que permitan a construción desta infraestrutura educativa" que o Goberno socialista redondelán considera “imprescindible e innegociable”. Lamentablemente, conclúe Digna Rivas, “unha vez máis demóstrase que o anuncio feito en vésperas electorais de que «no ano 2019 poidan iniciarse as obras de construción da escola infantil» foi tan só un intento de enganar a veciñanza xa que, por non existir, non había nin proxecto nin cambio de uso dos terreos”.

Temas: RedondelaXunta de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El "boom" turístico del paraíso de Cíes cuelga el cartel de completo hasta finales de agosto
Enfoque

Contratiempo en el paraíso de Cíes, Vigo desaconseja el baño en "la mejor playa del mundo" y en Figueiras

La presencia de bacterias obliga a Vigo a desaconsejar el baño en dos de las playas paradisíacas de Cíes, entre ellas "la mejor del mundo"

PorCarlos I. Castrillón
24/07/2026
Amancio Ortega ingresa 1.108 millones por dividendo de Inditex, la mitad de lo que cobrará este año
Enfoque

Amancio Ortega firma una compra de récord, compra el complejo de oficinas parisino Capital 8

Capital 8 se ubica en el distrito VIII de París, donde se encuentran el Palacio del Elíseo, el Arco del Triunfo o la Plaza de la Concordia

PorMiguel Alonso
24/07/2026
Familias del Pitanxo afean el comportamiento del patrón: "Intenta desacreditar"
Enfoque

Familiares de víctimas del Pitanxo celebran la apertura de juicio: "Se cierra una etapa de mucha lucha"

Las familias esperan que la apertura del juicio oral sea una "forma de avanzar" hacia "una futura sentencia justa"

PorEuropa Press
23/07/2026
Un concello de la provincia de Pontevedra logra "arañar" 59.000€ más a Audasa por la AP-9
Enfoque

El Congreso aprueba definitivamente la ley de transferencia de la AP-9 a Galicia

El Congreso rechazó las enmiendas introducidas por el PP en el Senado y mantiene el texto pactado por PSOE, Sumar y BNG

PorEuropa Press
23/07/2026
La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27
Enfoque

La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27

PorMetropolitano
23/07/2026

La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X