• Castrelos 2025
  • Nueva plaza Vigo
  • Horarios supermercados Galicia
  • Qué hacer en Vigo
  • Celta Praza América
  • Chicote Restaurantes
  • Relleno Baiona
  • Siervas Jesús
  • Nuevo Primark
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A celebración do 8M arranca no campus de Vigo cunha xornada sobre as mulleres no teatro

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/03/2024

O programa de eventos para conmemorar o Día Internacional da Muller no campus de Vigo arrancou hoxe mércores cunha xornada sobre as mulleres nas artes escénicas. Celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución baixo o título As mulleres á escena: reflexións e experiencias desde unha perspectiva feminista, reuniu ás actrices galegas Patricia de Lorenzo e Arantza Villar. Nunha conversa sobre as súas experiencias e reflexións arredor da posición das mulleres no teatro, desde unha perspectiva feminista, fixeron fincapé na importancia “da prevención e da educación” como elementos “fundamentais” porque rachar “esa estrutura patriarcal que temos”.

O alumnado e profesorado asistente a esta conversa puido coñecer de primeira man, por exemplo, que a artes escénicas galegas son pioneiras a nivel estatal, ao seren as primeiras en dotarse dun protocolo sectorial contra o acoso por razón de sexo, xénero ou orientación sexual que abrangue a todos os traballadores e traballadoras implicadas nunha produción, dende o persoal técnico, de elenco, músicos, etc. “Entre todos construímos un documento, de carácter preventivo, que nos permite visualizar os comentarios, comportamentos ou actitudes machistas e nos axuda a saber como debemos relacionarnos nunha produción escénica”, explicaban.

Másnoticias

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

16/05/2025

La serie Paquita Salas tiene su propio partido político en Galicia y ya gana elecciones

14/05/2025

Ambas recoñecían que, se ben é certo que “nas artes escénicas pode haber unha certa sensibilidade por estas cuestións”, existía unha carencia evidente deste tipo de protocolos que axudan a “describir o que é un comportamento adecuado”. Neste sentido, as dúas actrices tamén reflexionaron sobre a necesidade de estender o protocolo das artes escénicas ao eido audiovisual, xa que deste sector proceden principalmente as queixas por discriminación, acoso ou comportamentos indebidos. “É unha ferramenta fundamental, polo labor de prevención, pero tamén porque externaliza a persoa que vai recibir a queixa, algo moi importante nun sector no que as empresas están moi atomizadas e nas que nos coñecemos todos”.

Na conversa, moderada pola profesora Maruxa Cabeza, tamén reflexionaron sobre a existencia dun teatro feminista, que non é máis que aquel que “promove a igualdade entre as persoas” e que racha “cos roles e estereotipos do patriarcado dentro da propia narrativa dos espectáculo” e permite abordar as producións “con outra mirada e perspectiva”. Arantza Villar, que actualmente preside a Asociación Galega de Actores e Actrices, e Patricia de Lorenzo, que acaba de ser nomeada xestora da Asociación de Compañías Galegas, tamén reflexionaron sobre o humor como ferramenta para falar de feminismo e para denunciar e poñer sobre a mesa os comportamentos patriarcais. En palabras de De Lorenzo, “o humor é a ferramenta máis intelixente, sobre todo para temas de este calado e transcendencia” e permite “falar de feminismo sen que o pareza”, engadía Villar.

Entrega do Premio UViguala

Tras esta primeira actividade, mañá xoves terá lugar o evento central da programación do 8M na Universidade de Vigo, o acto institucional no que se fará entrega do XII Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, Uviguala 2024, que nesta ocasión se concede á iniciativa ElasFanCienTec. O evento terá lugar na sala I do edificio Miralles ás 13.00 horas. Mañá tamén, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo organiza unha mesa redonda sobre A igualdade de xénero: aplicación non ámbito xurídico e laboral, que se celebrará no salón de grao do centro a partir das 12:30 horas.

O propio día 8, o centro de investigación interuniversitario Ecobas celebra unha xornada en liña sobre I+D+i con perspectiva de xénero, que impartirá a investigadora da USC Sara Fernández López, que falará sobre transferencia do coñecemento e emprendemento feminino.

Xa a vindeira semana, o día 12 a partir das 11:00 horas, no auditorio do centro de investigación Cintecx terá lugar a presentación da guía Perspectiva de xénero no ámbito tecnolóxico e industrial, que pretende incorporar a mirada da igualdade á investigación no eido tecnolóxico-industrial e dotar o persoal investigador de ferramentas e pautas específicas para mellorar a calidade das súas propostas de investigación.

Dous días despois, o xoves 14, a Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá a I Xornada de Igualdade para o alumnado internacional, unha actividade que pretende concienciar o estudantado estranxeiro que está a realizar unha estadía académica na UVigo sobre a prevención da violencia machista e o acoso por razón de sexo ou orientación sexual.

Paralelamente, a Escola de Maxisterio CEU, centro adscrito á Universidade de Vigo, tamén puxo en marcha un programa de actividades co gallo desta data, como unha exposición de carteis sobre mulleres elaborados por alumnado da escola que se poderá visitar dende o día 8 ata o 22 ou un roteiro pola igualdade: Sons de mulleres que terá lugar o día 12 de 10.00 a 13.00 h. Ademais, o alumnado de 3º curso do Grao en Educación Infantil realizará un percorrido polo itinerario sinalizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo. Finalmente, o centro tamén convocou o V Concurso de fotografía Donas de si, para traballos que recollan escenas da vida cotiá das mulleres, reflectidas desde calquera ámbito da sociedade. O prazo de entrega das imaxes estará aberto ata o 18 de marzo.

Outro centro adscrito da UVigo, a Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro, tamén se une á conmemoración cun mural de fotografías que se pode visitar durante esta semana.

Temas: 8MDía de la MujerUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

La Xunta denuncia que Renfe "no cumple con Galicia" y la culpa de "caos ferroviario"

...

PorEuropa Press
16/05/2025
EJÉRCITO DE TIERRA
Enfoque

La Brigada Galicia VII refuerza su despliegue en Eslovaquia en el marco de la OTAN

...

PorEuropa Press
16/05/2025
Enfoque

Baiona inicia las obras de ampliación del puerto deportivo, que tendrá restaurante y cafetería

...

PorMetropolitano
16/05/2025
Enfoque

Estos son supermercados de Vigo que abrirán este 17 de mayo, Día das Letras Galegas

...

PorGabriel González
16/05/2025
Enfoque

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

PorMetropolitano
16/05/2025

Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

16mayTodo el díaFIESTA DE LOS CALLOS EN TEISFIESTA | TEIS

17may10:00FESTA DOS CALLOS EN TOMIÑOFIESTA | TOMIÑO

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X