• Alerta calor Galicia
  • Chayanne en Vigo
  • Desaparecida Vigo
  • Restaurante Mexicano Vigo
  • Vigo Mundial 2030
  • Vialia Vigo
  • Templo Budista Galicia
  • Fiestas Nigrán
  • Obras en Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A Deputación aproba uns orzamentos expansivos para facer fronte á crise da Covid19 en 2021

A Deputación de Pontevedra habilita tres millóns de euros para a loita contra o virus
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/11/2020

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres os seus Orzamentos 2021, baseados no crecemento do investimento público, e concibidos como ferramenta para xerar actividade económica, emprego e cohesión social no marco da Axenda 2030, segundo explicou o voceiro socialista, Carlos Font. O Orzamento, que ascende 164,5 millóns de euros, saíu adiante con 16 votos a favor, sen votos en contra nin abstencións, xa que o PP abandonou a sesión ao non conseguir intervir cando o debate xa estaba rematado.

A actitude do Partido Popular foi obxecto de reproche por parte de Carlos Font. “As máis elementais normas da Democracia indican que, rematado o debate, non corresponde a ninguén máis intervir; isto é exactamente o mesmo que sucedeu no Parlamento de Andalucía cando un deputado de Vox, con moi malas maneiras, abandonou o Pleno”, expresou.

Másnoticias

Luisa Sánchez acusa a Caballero de "paralizar" las inversiones que la Diputación quiere hacer en Vigo

Luisa Sánchez acusa a Caballero de "paralizar" las inversiones que la Diputación quiere hacer en Vigo

25/07/2026
Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026

Os Orzamentos provinciais aprobados hoxe supoñen un crecemento dun 2,2% sobre os actuais e sitúan a débeda provincial en 0,9 millóns de euros, fronte aos 41 millóns de euros do anterior Goberno no ano 2015. A Deputación defende que é a institución que máis aposta polo municipalismo, pois o nivel de transferencias aos concellos alcanza o 35,34% dos recursos totais, dobrando a media estatal, que se sitúa nun 18,24%. As achegas aos concellos alcanzan os 61,2 millóns de euros (un 9,68% máis) e volverán situar ao Plan Concellos como elemento tractor das infraestruturas, a dinamización e a contratación dos municipios de menos de 50.000 habitantes. O Plan adáptase “ao cambio de paradigma” para que os concellos poidan dedicar boa parte dos seus recursos a necesidades derivadas do combate contra a covid19. Segundo datos do Ministerio de Hacienda, citados por Font, a Deputación de Ourense transfire un 0,03% do seu Orzamento aos concellos e outras deputacións gobernadas polo PP como Almería, León ou Cuenca, tampouco chegan ao 1%.  "Trátase das mellores contas para a provincia porque converten aos concellos en protagonistas”, defendeu o deputado.

A Deputación acabará manexando un Orzamento superior aos 200 millóns ao longo do ano próximo grazas aos fondos europeos.

As contas apróbanse despois da polémica xurdida pola denuncia do PP sobre o gasto en órganos de Goberno. Font pechou o debate incidindo en que "o PP foi incapaz de xustificar as súas falsidades". O voceiro socialista defendeu, con datos do Ministerio de Hacienda na man, que o Goberno provincial supón un gasto dun 1,64% sobre o total do Orzamento, mentres en Ourense chega ata o 5,31%, e a media nacional está no 2,51%. Ademais, afeoulle ao voceiro do PP a súa reivindicación durante o debate do Plan de Acción Comunitaria, co que o anterior Goberno provincial subvencionaba a asociacións e entidades da provincia de maneira opaca. “Non pensei que tería que oír tal reivindicación dun plan caciquil, que repartía cartos aos amigos cun modelo que nada ten que ver co actual”. A este respecto pediulle ao PP que sexa “valente” e se atreva a pedir a volta “ao de antes”, acabando co Plan Concellos”. Lembrou que o último Goberno dos populares, hai só cinco anos, transfería 22 millóns aos concellos, en comparación cos máis de 61 millóns de euros actuais.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, César Mosquera, defendeu o elevado gasto directo en favor dos concellos, sumando diversos servizos provinciais, ata os 75 millóns de euros e subliñou que, cando todo o mundo agardaba un Orzamento á baixa, o Goberno provincial foi quen de presentar unhas contas expansivas e que apostan polo gasto público e por políticas anticíclicas cando máis falta fai. Subliñou que chegan agora, e con anticipación, para dar aos concellos a información que precisan para elaborar os seus respectivos Orzamentos municipais, a pesar de que o máis cómodo tería sido agardar a que se clarexase a situación.

Mosquera foi moi crítico co Partido Popular por “falsificar datos” ao respecto da suposta subida de salarios no Goberno provincial. “Vostedes miraron as contas cos ollos cheos de sangue e, como non atoparon nada, fixeron unha noxenta interpretación das retribucións”. Ao respecto lembrou que no Pleno de Organización, en xullo de 2019, o PP “aplaudiu coas orellas” porque en poucas institucións a oposición dispón dun trato semellante (catro dedicacións retribuídas). “Hai que telos cadrados!”, concluíu.

O Goberno provncial volveu insistir en que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias ao completo, en servizos como o Príncipe Felipe, a Escola de Cantería, O Areeiro ou Mouriscade. Se así fora, explican, a Deputación disporía de 20 millóns de euros máis que podería poñer a disposición do municipalismo.

A Axenda 2030 marca de forma transversal o orzamento no marco da Alianza Local #17ODS, é dicir, a estratexia da Deputación para captar fondos europeos cos que reforzar a transformación da provincia. Os Orzamentos abordan cuestións transversais como a transición ecolóxica, a dixitalización, a modernización dos sectores produtivos, o apoio á economía e os dereitos no rural, a igualdade, a mobilidade segura e creación de espazos amables, o apoio á cultura e o deporte, a transformación radical do modelo turístico e o apoio ao patrimonio e á lingua”. Ademais, como subliñou Font, o Plan Concellos permite a mobilización directa de 6 millóns de euros para axudar aos colectivos máis afectados pola pandemia.

Temas: Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Galicia mantiene los medios enviados a los incendios de Castilla y León tras solicitarlo la Junta
Enfoque

Galicia mantiene los medios enviados a los incendios de Castilla y León tras solicitarlo la Junta

La Xunta ha remarcado que Galicia responde a las necesidades de otras comunidades autónomas y presta su apoyo

PorPaula Carballo
26/07/2026
Un local de Vigo con el "mejor taco de Galicia" estrena un nuevo espacio junto al mar en las Rías Baixas
Enfoque

Un local de Vigo con el "mejor taco de Galicia" estrena un nuevo espacio junto al mar en las Rías Baixas

Un espacio gastronómico de Vigo comienza un nuevo proyecto en las Rías Baixas. Tacos "take away" junto al mar

PorSara Rodríguez
26/07/2026
Un Balaídos con cubierta retráctil, más aforo o un túnel, el proyecto de Vigo para el Mundial 2030
Enfoque

Louzán confía que la FIFA elija a Vigo sede del Mundial 2030: "Está previsto que el anuncio sea en septiembre"

Louzán confirma que la Federación de Fútbol trabaja para que la FIFA elija a Vigo y Valencia como sedes del Mundial 2030

PorCarlos I. Castrillón
26/07/2026
Vigo inicia este lunes una humanización muy demandada, la primera fase de Cesáreo Vázquez
Enfoque

Vigo inicia este lunes una humanización muy demandada, la primera fase de Cesáreo Vázquez

Vigo aplica cortes de tráfico en la zona al comenzar la primera fase de la humanización de la calle Cesáreo Vázquez

PorMiguel Alonso
26/07/2026
El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria
Enfoque

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

PorMetropolitano
24/07/2026

El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

GRACIAS

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia
Enfoque

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia

PorMetropolitano
24/07/2026

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X