A Deputación de Pontevedra vén de remitir unha carta aos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan Concellos para informalos da habilitación da liña 2 do Plan 2020, dedicada a amortizacións, gasto corrente e actividades, para facilitar o destino dos seus recursos á loita contra o coronavirus. Deste xeito, a institución provincial pon a disposición dos municipios tres millóns de euros para que os concellos teñan a posibilidade de dispoñer de maior liquidez a fin de dar resposta ás necesidades da súa veciñanza nesta situación de crise sanitaria.
En total, ata o de agora, os concellos tiñan xa solicitado recursos da liña 2 por valor de 1,3 millóns de euros, quedando pendentes de resolución outros 1,7 millóns. Con esta nova medida da Deputación de Pontevedra, aos concellos que xa teñan algunha subvención concedida ao abeiro desta liña 2 facilítaselles presentar a súa desistencia total ou parcial á mesma ou modificala para destinar os recursos ao que estimen máis prioritario ou urxente no contexto actual. Ademais, os concellos que presentaron solicitude pero aínda non a tiñan resolta por mor desta situación poderán tamén presentar a súa desistencia ou modificación.
Mediante esta medida, a Deputación de Pontevedra pretende flexibilizar aínda máis os recursos postos a disposición dos concellos da provincia, como xa se fixo con outros programas provinciais como as axudas de emerxencia, o Plan do Servizos Comunitarios, a liña de axudas extraordinarias ou os anticipos do Fondo de Liquidez do ORAL.
El Concello de Vigo asegura que mantendrá su dispositivo de emergencia mientras haya alerta meteorológica. Buscan proteger a las personas sin hogar
El programa de movilidad Vigo Vertical volverá a crecer y llega a un nuevo barrio con "la mayor pendiente que hay en Vigo"
El juego viral de "el suelo es lava" aterriza en Vigo. Ya hay fecha de inauguración para esta nueva propuesta de ocio
Os Ninguéns levantan la voz para desmentir la afirmación que el regidor "repite sin pudor", de que "en Vigo duerme en la calle el que quiere"
“Puxemos en marcha unha institución que naceu co soño compartido de formar parte da sociedade"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL