• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A EEI da UVigo recupera a celebración do seu patrón coa tradicional entrega de premios

A EEI da UVigo recupera a celebración do seu patrón coa tradicional entrega de premios
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
17/03/2022

Tras dous anos nos que a pandemia non o permitiu, a celebración do patrón da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo regresou á súa sede e data habitual. O acto institucional tivo lugar este xoves no paraninfo do centro en Torrecedeira, nunha demostración de recuperación case total da normalidade. “Despois de moito esforzo e importantes investimentos, acadamos novos espazos que xa nos permiten retornar o paraninfo ao seu uso habitual, deixándose de impartir clases no mesmo”, apuntou o director da EEI, Juan Pardo.

Deste xeito, a EEI recupera o acto tradicional no que se rende homenaxe á comunidade educativa. Como outros anos, entregáronse as distincións ao profesorado mellor valorado, ao persoal investigador novo, ao persoal de administración e servizos e ás e aos docentes que compren 30 anos de antigüidade no centro. A conferencia institucional correu a cargo de Bibiana Rodiño, directora xeral de Beta Implants, empresa dedicada ao deseño e fabricación de implantes para traumatoloxía, ortopedia e neurocirurxía veterinaria, coa que a Universidade de Vigo mantén varias liñas de colaboración.

Másnoticias

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026
Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

28/05/2026

Recoñecementos

Unha das citas tradicionais deste evento de celebración do patrón da EEI é a entrega de recoñecementos. Un xeito de “poñer en valor os labores docentes e investigadoras, así como tamén o papel destacado que desempeña o noso persoal de administración e servizos nun centro das nosas dimensións”. O director recalcou que “todos os recoñecementos son moi importantes” pero quixo resaltar especialmente os que se outorgan ás mozas e mozos investigadores aos que lles foi concedida unha axuda predoutoral nalgunha das convocatorias do Ministerio, Xunta ou Universidade.

“Non resulta fácil o camiño elixido que aposta por continuar formándose e seguir prepararse, pero é moi importante tratar de reter o talento na Universidade. Temos que facer un esforzo para darlle unha maior visibilidade a este labor, que é fundamental para o futuro da nosa escola e Universidade. Por esta razón, a miña mención especial para estes recoñecementos, pero tamén resaltando a importancia daqueles outro que amosan o compromiso das persoas coa calidade da docencia e tamén a do sacrificio de moitos anos o longo dunha dilatada traxectoria”, apuntou Pardo.

Recibiron este recoñecemento como investigadoras e investigadores novos Moisés Cordeiro, Antía Fernández, Iria González, Andrés Justo, Javier Grandío, Raúl Barciela e Sofía Suárez. Os docentes mellor valorados polo alumnado foron Emilio Estévez, Javier Martínez, Miguel Ángel Gómez, Joaquín Collazo, Alba López, Gema Álvarez e Carlos Garrido. O PAS distinguido foi Mª del Sol Amorín, Julia Mencía e Mª Jesús Rodríguez.

Finalmente tamén recibiron un recoñecemento as e os docentes que compren 30 anos de antigüidade na escola: o vicerreitor José Luis Míguez; Manuel Ángel Prieto, José Carlos Troncoso, Juan José Rodríguez, María del Carmen Pérez, Jorge Cerqueiro, Antonio Collazo, Xosé Manuel López, Antonio Fernández, José Fernando Manzanedo, Bernardino Novo, Mª Elena Albo, Amador Rodríguez, José Ignacio Armesto, Mª Emma Delgado, Alejandro Pereira e José Luis Diéguez.

Todas as titulacións con selos EUR-ACE

No seu discurso, o director da escola, Juan Pardo Froján, abordou tanto o presente como o futuro inmediato da EEI, facendo especial fincapé nos procesos de acreditación para a obtención dos selos internacionais EUR-ACE das titulacións de grao do ámbito industrial. “Cando iniciei a miña etapa, un dos obxectivos que nos marcamos era obter estes selos para todas a nosas titulacións de grao”, lembraba,“e acadamos este obxectivo, a pesar das dificultades engadidas que supuxo facer unha parte deste proceso nun período marcado pola pandemia. Este feito requiriu un maior esforzo para poder culminar o obxectivo con éxito”. No transcurso do acto, Pardo tamén recibiu de mans do director da Área de Calidade, Joaquín Collazo, o selo de calidade da Universidade de Vigo para a EEI con motivo da certificación do sistema de xestión da calidade consonte o programa Fides-Audit.

Respecto da oferta académica do centro, Pardo lembrou este ano graduarase a primeira promoción de Enxeñaría Biomédica e agradeceu a colaboración do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo para sacar adiante con éxito esta titulación. “Unha grande aposta para a nosa escola”. Tamén avanzou que o vindeiro curso está previsto que a escola estree dúas novas titulacións: o Grao en Automoción con mención Dual e o Mestrado en Enxeñería Biomédica. Ademáis, “seguimos a traballar para que a partir de 2023-2024 se incorporen novas titulacións de mestrado dentro do estudo G2030 e para contar con mestrados en Vehículos Autónomos e en Fabricación Aditiva”.

Temas: Escola de Enxeñaría IndustrialUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

...

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

...

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

...

PorIván Dacal
04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X