O Morrazo desfrútase pola súa paisaxe, pero tamén pola súa gastronomía, os seus espazos hostaleiros e hoteleiros. A guía turística “Somos Morrazo”, elaborada por El Siete coa colaboración do Concello de Moaña, que patrocina a idea dende fai catro anos, vén de presentar a súa edición de 2019.
En total, o libriño gratuíto engloba 57 establecementos, principalmente de Moaña, Cangas e Bueu, pero tamén con presenza de Marín, no que se poden consultar as principais características de cada un dos negocios locais.
Así, pódese coñecer non soamente a súa dirección e descrición básica senón tamén que tipo de cociña elaboran -no caso dos restaurantes-, se dispoñen de boas vistas, terraza ou wifi. Ademais, nalgúns casos tamén está dispoñible o prezo medio. Inclúese asemade lenda para aqueles establecementos que ofrezan alternativas sen glute ou veganas.
A guía, que se edita por cuarto ano, repártese nas oficinas de turismo de Moaña, Cangas, Bueu, Marín e Vilaboa, e contará este ano con 10.000 exemplares. Nesta edición, o chef ponteareán Iván Méndez Álvarez é o encargado de asinar o prólogo no que se destaca a axuda da guía para “iluminar o camiño dos mellores bares, casas de comidas e lugares onde poder desfrutar das mellores elaboracións e produtos da marabillosa península” do Morrazo.
Las llamas han obligado a cortar de nuevo la PO-552 por el incendio de Oia. El fuego ha calcinado al menos 40 hectáreas
Los agentes detuvieron a este hombre en Vigo por un delito de violencia de género y revelación de secretos. Todo sucedió con los hijos en casa
Abel Caballero saca pecho del Vigo Vertical: "Somos la ciudad del mundo con más elementos mecánicos de movilidad"
El PP reta a Caballero a que salga a la calle a preguntar por la subida de impuestos en Vigo. "Para qué quiere recaudar tanto", cuestiona
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL