A primeira escola infantil en entramado lixeiro en 3D de toda España ten selo porriñés. A empresa EnPezas, sita no polígono industrial A Granxa, é pioneira neste sistema construtivo modular que acorta prazos, reduce a inversión económica e permite falar de arquitectura ecolóxica e instalacións eficientes.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou as instalacións da empresa acompañado polo seu co-CEO e co-fundador, Alejandro J. Bacelo, onde se estaban a dar os últimos pasos para finalizar unha escola infantil modular en 3D que se instalará en Cantabria. Onte cargáronse 5 camións, que esta noite chegarán a destino para comezar a montaxe, que está previsto finalizar na mañá do venres.
“Trátase dunha gardería modular de entramado lixeiro de madeira de 180 m2, á cal optamos por licitación pública”, explicou Alejandro J. Bacelo, “Os tempos da escola infantil en fábrica foron de 1 mes e 15 días e xunto co traslado, instalación e remate acumulamos un tempo de obra final de 3 meses”
Con estas cifras, podemos asegurar que EnPezas é quen de edificar en fábrica 2000 m2 ao año en construción 3D. Ademais, construíse cunha alta eficiencia enerxética, clasificación A, con chan radiante, aerotermia, fiestras de aluminio , recuperador de calor e fachada ventilada de altas calidades.
“A edificación modular en entramado lixeiro é garantía de rapidez, versatilidade e eficiencia enerxética”, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Unha fórmula pioneira que temos o orgullo de poder dicir que é un porriñés e dende O Porriño quen a implementa no noso país. Unha vez máis somos exemplo de innovación e vangarda”.
EnPezas creouse en xaneiro do ano 2020 no Porriño. Tras desempeñar a súa profesión como arquitecto técnico en varias empresas do sector da vivenda industrializada e ver a alta demanda do mercado fronte á pouca oferta, Alejandro J. Bacelo decidiu asociarse co seu pai que, tiña unha construtora tradicional e coincidía con él en que o modelo actual da construción non era sostible.
“Tiñamos que apostar pola madeira máis a industrialización”, conclúe Alejandro J., “Na actualidade contamos cun cadro de persoal de 7 traballadores en nómina e con previsión de incorporar máis persoal nos próximos meses. Somos proxectistas, constructora e dirección facultativa todo nun. Seguiremos traballando e crecendo”.
Uno de los locales más conocidos de Vigo aterriza en Nigrán con sus famosos brunchs. Así han anunciado su nueva apertura
"Espérame ahí arriba, que volveremos a dar esos paseos pronto", el emotivo mensaje de José Luis Gestido a su hijo, fallecido en un accidente
El PP de Vigo pregunta a Caballero por las condiciones en las que se encuentra este parque municipal que está "totalmente abandonado"
El presidente de Uruguay lamentó que el formato del contrato es una "trampa": "Si las cosas están mal hechas, las vamos a frenar"
Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL