• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A segunda onda da pandemia aumentou un 44% a carga de traballo das persoas tituladas da UVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/01/2022

Entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do 2020 a pandemia aumentou un 44% a carga de traballo das persoas tituladas da Universidade de Vigo. Así se determina no Estudo sobre o impacto laboral da segunda onda da pandemia nos antigos estudantes da UVigo realizado, como os anteriores, polo Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo coa colaboración do Consello Social. Os datos recollidos deixan agora sobre a mesa importantes conclusións, non só o incremento da carga de traballo, senón tamén o aumento xeral das cifras de ocupación e a baixada do desemprego, así como o feito de que o teletraballo deixou de ser maioritario -durante a primeira onda acadou a porcentaxe do 54% e na segunda descendeu ata o 43%-.

“Queremos agradecer a colaboración dos 2283 antigos estudantes da UVigo que tiveron a ben participar neste segundo estudo, no que avaliamos o impacto laboral da pandemia entre setembro e decembro de 2020, momento en que comezou a campaña de vacinación contra a Covid-19 na maioría de países”, explica o director do observatorio, Luis Espada, ao que engade que, transcorrido un ano, “a día de hoxe podemos gabarnos de que este proceso estea tan avanzado”. Nesta liña, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, considera que o informe foi realizado “en tempos convulsos e de dificultades e niso reside a súa grandeza”, pois, “é xusto onde a universidade se fai máis insubstituíble e pode prestarnos o seu mellor servizo”. Destacan, neste senso, o labor do observatorio nos últimos anos localizando máis de 70.000 persoas tituladas pola UVigo entre 1990 e 2015 e que hoxe exercen en preto de 70 países, conformándose así “unha poderosa rede de embaixadores propios”.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Participaron no estudo máis de 2000 exalumnas e exalumnos

O traballo de campo deste estudo desenvolveuse entre os días 27 de xaneiro e 5 de abril de 2021, obténdose 2283 respostas válidas e, ao igual ca no estudo realizado en 2020 sobre a primeira onda da pandemia, o impacto foi abordado desde tres ópticas: laboral, en referencia á incidencia na taxa de ocupación e de desemprego; sanitaria, en relación a porcentaxe de contaxios no ámbito laboral, e, por último, no modo de traballo, é dicir, as medidas organizativas tomadas polas empresas para encarar a pandemia. Ademais, abordouse dun xeito específico a implantación do teletraballo, incluíndo a súa potencialidade, factores facilitadores, vantaxes, inconvenientes e habitabilidade das vivendas.

O aumento da carga de traballo afectou máis ás mulleres

Un dos datos máis destacados que pon agora o informe sobre a mesa é que o 44% das persoas que responderon á enquisa viron aumentada a súa carga de traballo, un feito que afectou sobre todo ás mulleres (49,3% fronte ao 36,5% dos homes). Ademais, esta carga de traballo aumentou máis en Galicia (46,2%) ca no resto do mundo (34,3%) ou outra comunidade autónoma (38,9%) e foron os empregados públicos (57%) os que máis carga de traballo experimentaron. Fronte a isto un 11% dos traballadores e traballadoras viron diminuída a súa carga de traballo.

O desemprego baixa un7% e a ocupación sube preto dun 2%

En canto ao impacto laboral da segunda onda da pandemia, a 31 de decembro a inmensa maioría dos participantes (85,4%) mantivo o seu emprego e, de feito, a taxa de ocupación incrementouse un 1,68% , ao pasar do 89,5% en setembro ao 91% en decembro. De novo, a ocupación dos homes experimentou un crecemento superior ao das mulleres e foi maior no estranxeiro que en Galicia. En relación con isto, tan só un 2,1% das persoas tituladas mudou de emprego e, entre os que estaban buscando traballo, atopárono un 3,5%, destacando como sectores económicos do novo emprego a docencia (40%), seguido pola investigación (12,5%), a administración pública (11%) e alimentación/industria e servizos sociais (5,6% ambos).

Os resultados definitivos do informe constatan a baixada da taxa de desemprego nun 7,14%, superando a baixada masculina á feminina e sendo maior a diminución no estranxeiro e en Galicia ca no resto de España, onde, polo contrario, se viu incrementada.

Nestas mesmas datas, o 2% das persoas tituladas que participaron no estudo perderon o seu emprego, sendo os bolseiros e bolseiras os máis prexudicados, seguidos polos contratos eventuais e indefinidos, sobre todo no sector turismo e restauración (13,3%) e actividades deportivas (12,5%).

En Galicia o traballo presencial foi maioritario

Como modalidade de traballo impúxose nesta segunda onda a presencialidade (52,9%), fronte a un 43% de teletraballo, ben de forma parcial (23%) ou total (19,7%), e un 2,3% dos traballadores/as viuse afectado por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ou figura semellante no estranxeiro) e un 2% permaneceu na casa sen traballar.

Os homes teletraballaron (47,3%) máis cas mulleres (39,5%) e, si se atende á localización xeográfica, en Galicia o traballo presencial foi maioritario (59,8%) contra o 20,9% no estranxeiro e 32,3% noutras comunidades autónomas. Por rama de actividade o teletraballo a tempo completo/total implantouse sobre todo na empresa privada (24,2%) e nas entidades non lucrativas (23,8%), mentres que no sector público reduciuse ao 11,9%.

Polo que se refire á posibilidade de teletraballar o 81% dos participantes no estudo consideran que o seu posto de traballo permite teletraballar de forma parcial ou total e esta cifra elévase a máis do 90%, se se analizan só as respostas daquelas persoas que traballan no estranxeiro ou noutras comunidades autónomas. Apenas se atopan diferencias por sectores, permitindo teletraballar a totalidade de empregos do sector dos medios de comunicación/audiovisuais e servizos informáticos, así como na banca e seguros (98,8%), as telecomunicacións (98,7%), a enxeñaría (98,3%), as consultarías, etc. Por outra banda, case a metade dos enquisados afirma que teletraballaría máis e mellor se contasen cos recursos técnicos adecuados e houbese vontade por parte das empresas e entidades e, ademais disto, máis do 80% das persoas con opción de teletraballo desexarían facelo a maior parte da semana.

Reducir o tempo de desprazamento e aforrar gastos son as dúas principais vantaxes ligadas ao teletraballo, pero non as únicas, na listaxe de puntos a favor aparecen tamén cuestións como pasar máis tempo coa familia, contribuír a mellorar o ambiente e aumentar a produtividade. Fronte a isto, os principais inconvenientes fan referencia ao illamento social e diferentes factores ligados á desconexión dixital, entre eles a confusión entre o horario laboral e a vida persoal e a sobrecarga de traballo.

A caída de ingresos afectou a preto do 30% das persoas participantes

O estudo avaliou tamén o impacto da crise económica producida pola pandemia na economía persoal e doméstica das persoas tituladas e concluíu que a caída nos ingresos afectou ao 26,5% das familias, prexudicando máis ás mulleres (28,3%) ca a os homes (23,7%). En consonancia con estes datos eles son máis optimistas ca elas (26,4% contra 17,7%) nas expectativas de mellorar as súas economías no curto prazo.

Temas: coronavirusUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X