• Fiestón Vigo
  • Serie Leo Caldas
  • Tiempo Vigo finde
  • Fiesta Filloas
  • ZBE Vigo
  • Radar AP9 Vigo
  • Festival Charangas Salceda
  • Baño de bosque
  • Festival Nigrán
  • Peinador
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
30/05/2025

Este venres 30 de maio, Lalín converteuse na capital galega da ciencia coa cuarta edición de ‘A ciencia que vén ten nome de muller’, unha expo-feira científica organizada pola Universidade de Vigo, que se celebra por primeira vez fóra das cidades que acollen os seus campus. O evento desenvólvese ao longo de toda a xornada no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero e comprende unha ampla e diversa programación de actividades científicas de carácter lúdico para todas as idades e intereses. Preto de 30 obradoiros, stands interactivos, coloquios, espectáculos e actividades artísticas, coordinados por preto de 25 grupos de investigación, conforman a programación dun evento que arrancou na mañá deste venres coa visita de preto de 240 estudantes de sete centros de ensino do municipio e que pola tarde abre as súas portas ao conxunto da cidadanía.

Con actividades tanto nos espazos exteriores como interiores deste edificio sociocultural, ‘A ciencia que vén ten nome de muller’ ten como obxectivo achegar a ciencia á cidadanía, promover vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, e visibilizar o papel das mulleres investigadoras da Universidade de Vigo. Organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo, a feira insírese dentro das actividades do programa ‘Ciencia de Ida e Volta’ e conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e da Deputación de Pontevedra, así como coa colaboración do Concello de Lalín.

Másnoticias

A UVigo comeza a escavación dunha antiga necrópole situada no propio campus universitario

04/09/2025

La ciencia llega al centro de Vigo con actividades gratuitas para todos los públicos

03/09/2025

Vocacións científicas e referentes femininos

Procedentes dos CEIP Varela Buxán, Xesús Golmar, Manuel Rivero, Xoaquín Loriga de Prado e Vicente Arias de la Maza, do colexio Sagrado Corazón-Scientia e IES Ramón María Aller Ulloa, preto de 240 estudantes de primaria e secundaria participaron esta mañá en visitas guiadas pola feira. Dirixido a que puidesen descubrir a ciencia desde unha perspectiva divertida e próxima, este evento permitiulles gozar con propostas como o ‘xogo do salmón’ ou outro centrado na fisioloxía dos peixes, da man de investigadoras e investigadoras do CIM, así como de experimentos sobre alimentación sostible ou sobre reaccións químicas e de actividades coas que exploraron os segredos da criptografía ou os usos das cámaras termográficas.

Este abano de obradoiros e actividades permitiu tamén aos e ás visitantes tocar réplicas de microfósiles, afondar nas aplicacións das xeotecnoloxías ou nas alternativas para a eliminación de contaminantes nas augas, da man de diferentes grupos do Cintecx, así como ver de preto o monopraza de UVigo Motosport, construído polo propio alumnado, ou os prototipos de material espacial achegados por investigadores de atlanTTic.

Por outra banda, o alumnado de secundaria participou tamén en dous obradoiros: un centrado na desinformación, no que aprenderon a detectar noticias falsas e contrastar fontes; e outro sobre ferramentas para exercer unha cidadanía crítica, ética e comprometida co desenvolvemento inclusivo. Ademais, todo o estudantado tivo a oportunidade de asistir ao espectáculo de danza contemporánea A conectividade que nos move, que afonda na interdependencia ecolóxica a través do movemento e a expresión artística.

Ciencia para un público familiar

Xa pola tarde, a feira abriu as súas portas ao público xeral, o que permitiu que á mocidade e ás súas familias puidesen participar nas iniciativas dos diferentes stands, así como gozar doutra serie de actividades, coma unha exposición itinerante contra a desinformación, un mural colaborativo sobre sostibilidade nos centros educativos ou un punto de troco de obxectos. Obradoiros sobre as aplicacións das matemáticas, a creación de libros de artista ou antigas técnicas de escritura formaban parte tamén dunha programación que se ve complementada, á súa vez, por unha serie de faladoiros e presentacións.

O broche final da feira porao o espectáculo teatral Elemental, protagonizado por Manuel Vicente, César Goldi e Juanjo Fernández, que mestura ciencia, humor e música. Xusto antes, a charla de clausura Fala que sente: percibindo emocións a través da melodía das linguas achegará o público, con interpretación en lingua de signos, ao estudo interdisciplinar das emocións e da linguaxe, da man da investigadora do Laboratorio de Linguaxe e Cognición Rosalía Rodríguez.

Previamente, o auditorio do edificio sociocultural acollerá, ás 19:00 horas, o acto de clausura desta feira, no que interveñen as vicerreitoras da Universidade de Vigo Belén Rubio, de Investigación e Transferencia, e Mónica Valderrama, de Comunicación e Relacións Institucionais; a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, e a concelleira de Igualdade, Carmen Canda.

Temas: CienciaLalínUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Competencia propone multas que suman 1,7 millones a empresas de Alsa y Monbus

...

PorEuropa Press
04/09/2025
Enfoque

¿Qué tiempo hará en Vigo este fin de semana? Esto es lo que dice Meteogalicia

...

PorIván Dacal
04/09/2025
Enfoque

Se filtran los primeros detalles de la serie de Leo Caldas que llevará Vigo y O Morrazo al mundo entero

...

PorAlfredo Teja
04/09/2025
Enfoque

Mos crea un "refugio climático" haciendo más verde uno de sus polígonos industriales

...

PorUxía Pérez
04/09/2025
Enfoque

A UVigo comeza a escavación dunha antiga necrópole situada no propio campus universitario

PorMetropolitano
04/09/2025

A Universidade de Vigo valoriza o patrimonio arqueolóxico do seu propio campus coa escavación dunha mámoa na necrópole das Xunqueiras

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

06sep19:00Festival de Charangas de SalcedaFESTIVAL | SALCEDA | GRATIS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X