• Fiesta San Roque Vigo
  • Transformación Beiramar
  • Qué hacer en Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Nuevo local en Vigo
  • Fiestas de Bouzas
  • Nigranjazz
  • Macroverbena
  • Playa de Arealonga
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo abre unha fiestra ao futuro laboral do seu alumnado

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
03/04/2025

Máis de 50 empresas de diferentes sectores participan este xoves na cuarta edición da feira EmpregoInCampus, un evento impulsado pola Universidade de Vigo para brindarlle ao seu alumnado a ocasión de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais que ofrecen entidades de moi diversos sectores, públicos e privados, e de contactar directamente cas e cos seus responsables de selección.

Para a cita que hoxe se celebra en Vigo estaban previamente inscritos 250 estudantes das diferentes titulacións que se imparten no campus, aos que haberá que sumar os que se acheguen directamente aos postos durante toda a xornada. Para a próxima cita en Ourense, o vindeiro día 9, hai xa outros 150 mozos e mozas anotados e o prazo de inscrición continúa aberto. En total, entre as dúas feiras son máis de 100 as compañías e entidades participantes.

Másnoticias

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

18/07/2025

Arranca en Vigo el Congreso Galego de Astronomía e Astrofísica, con más de 50 científicos

17/07/2025

Unha xornada para entrar en contacto con máis de 50 empresas

O EmpregoInCampus en Vigo celébrase durante o día de hoxe nos corredores das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo. O alumnado interesado puido achegarse a coñecer as demandas e necesidades de empresas como Abanca, Armadora Pereira, Adecco, Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Avícola de Galicia, Baltar Abogados, Banco de España, Bimba y Lola, BDO Auditores, Codisoil, Decathlon, Deloitte, Forvis Mazars, Fundación Impulsarse, Garrigues, Grupo Profand, Hotusa, Occident Mediación, Sabadell, EY (Ernst & Young) ou Redegal, entre outros, ata un total de máis de 50 firmas.

Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, fai unha valoración moi positiva desta nova edición, con moitas empresas de todos os sectores, moitas delas moi potentes. “Boa parte delas repiten ano tras ano porque buscan o talento do alumnado da UVigo” e outras vanse sumando ás novas edicións, “o que nos permite seguir afianzando esta iniciativa”. De feito, a vicerreitora explica que a resposta do tecido empresarial ao chamamento da UVigo foi inmediato, cubrindo todas as prazas posibles, “se non temos máis empresas en EmpregoInCampus é por falta de espazo”. Caparrini tamén destaca a resposta do alumnado, que ateigou os corredores nos que se instalaron os postos durante toda a mañá, “polo que estamos seguros de que a cifra de participantes se vai incrementar moito respecto dos que xa estaban inscritos previamente”. Respecto doutras edicións, agarda que se poidan formalizar acordos, tanto de prácticas como contratos laborais, “así nolo transmiten as empresas, que agardan atopar aquí os profesionais que precisan”.

Un primeiro achegamento ao mundo profesional

Nos postos das empresas e institucións, o alumnado puido entregar o seu currículo a través dun código QR que se xera no momento de facer a inscrición. Para facilitar a participación, tamén se instalou un espazo dedicado ao Pasaporte de Empregabilidade, no que as e os estudantes reciben asesoramento sobre o seu CV e poden facerse unha foto de calidade para o seu CV ou redes sociais profesionais. A directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez, recalca que esta é “unha oportunidade única en todo o curso académico que non todas as universidades teñen o privilexio de poder organizar” e que neste caso conta coa colaboración do Consello Social, Eures e o Campus da Auga. A media mañá o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, e a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, realizaron unha visita á feira, acompañados pola decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Dolores Garza; a vicedecana de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Belén Fernández Docampo; a decana de Química, Ángeles Peña e o decano de Filoloxía e Tradución, José Montero.

A vindeira semana, cita co emprego en Ourense

A próxima semana, concretamente o día 9 de abril, EmpregoInCampus trasládase ao campus de Ourense, con postos informativos e actividades no Pavillón universitario de deportes de 10:00 a 18:00 horas. Nesta cita, na que aínda se poden inscribir, participarán 40 empresas como Abanca, Aceites Abril, Aertec Solutions, Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Alén Space, Arias Avogados, Atelier Social, Balidea, Bahía Software, Ceesg, Centro se Desenvolvemento Rural O Viso, Centro Penitenciario Pereiro se Aguiar, Codisoil, Coren, Hotusa, Gradiant, LexAuria, Ministerio de Defensa ou Uría Menéndez Abogados, entre outras compañías e entidades.

No que atinxe ao campus de Pontevedra, Álvarez avanza que a idea é “repetir a modalidade que se fixo o ano pasado, con mesas redondas sobre saídas profesionais en ámbitos específicos”. A cita será a finais do mes de setembro, pero este mesmo mes de abril comezarán as accións de orientación profesional que se organizan no marco da feira nas escolas e facultades da cidade do Lérez.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Mos da luz verde al Celta para comenzar a desarrollar los terrenos de su macroproyecto deportivo

...

PorMiguel Alonso
19/07/2025
Enfoque

Terrazas flotantes sobre el mar, zonas verdes y túneles, el revolucionario plan de Vigo en cifras

...

PorÁngel Vila
19/07/2025
Enfoque

GALERÍA | Trueno conquista al público de Vigo con un eléctrico concierto en Castrelos

...

PorIván Dacal
19/07/2025
Enfoque

Trueno prende la chispa en Castrelos con un conciertazo a ritmo de rap, hip-hop y "tranky funky"

...

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

PorMetropolitano
18/07/2025

Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X