• Apertura en Vigo
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Programa Hematofesti
  • Cabalgata Vigo
  • Nueva plaza en Vigo
  • Navidad Vigo Vialia
  • Mister España Redondela
  • Barco Histórico
  • Festa Furancheira
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo acada 3,5 millóns de euros para a adquisición de equipamento científico-técnico de última xeración

A UVigo acada 3,5 millóns de euros para a adquisición de equipamento científico-técnico de última xeración
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
19/11/2021

A Axencia Estatal de Investigación, pertencente ao Ministerio de Ciencia e Innovación, resolveu esta semana a concesión de 3,5 millóns de euros á Universidade de Vigo para a adquisición de equipamento científico-técnico de última xeración no marco do Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2017-2020. Estes fondos permitiranlle agora á institución académica viguesa dotarse dunha moderna embarcación híbrida e amigable co medio, así como reforzar o seu Centro de Investigación Mariña, CIM, e o CACTI –Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación- de dous novos equipos de tecnoloxía punteira, un deles, único en España, dirixido á realización de estudos sobre paleoclima.

“Esta foi unha convocatoria moi especial, xa que era a primeira vez en anos que se financiaba ao cen por cen as infraestruturas e desde a Universidade implicámonos moito nela”, salienta a vicerreitora de Investigación Belén Rubio, ao que engadiu que en total se solicitaron 21 peticións. “Desde este punto de vista si se analiza a taxa de éxito foi de arredor do 15%, unha cifra que, aínda que a priori poida parecer non moi elevada, si se observa a cantidade total de fondos acadados está na media do conseguido nos últimos anos”, salienta a vicerreitora, ao tempo que explicou que, nesta ocasión, Galicia competiu ao mesmo nivel que todas as demais comunidades autónomas, mentres que noutros anos tíñase certa prioridade porque se consideraba unha comunidade deficitaria. “Este ano xa competimos todos ao mesmo nivel, polo que penso que é un logro importante nese sentido”, recalcou Rubio.

Másnoticias

El Gobierno de Vigo dice que si Bouzas no es BIC, "solo faltaría" que lo sea la Alameda

27/10/2025
Una piel de cristal con 'guiños' al mar gana el concurso para el 'nuevo' Concello de Vigo

Reclaman explicaciones al Concello de Vigo sobre "la pérdida de 4,5 millones de fondos europeos"

27/10/2025

1,5 millóns para unha embarcación “moderna e verde” para o CIM

A solicitude á que se lle concede unha maior cantidade de financiamento é, con 1,5 millóns de euros, á nova embarcación do CIM, o que mellorará as capacidades da UVigo para a investigación oceanográfica costeira. A idea é que estea dispoñible no prazo dun ano para dar servizo con ela a toda a comunidade universitaria. “Estamos moi moi contentos con esta nova. Había moitas restricións na convocatoria sobre a solicitude de vehículos ou medios de transporte, pero finalmente conseguímolo”, salienta o director do CIM Daniel Rey, convencido de que esta embarcación terá un impacto enorme para o centro e para a Universidade de Vigo en xeral, xa que, entre outros aspectos, lles fará ganar unha grande autonomía á hora de planificar campañas, sobre todo de ámbito local, a escala da ría, da costa galega ou da propia plataforma. “Isto aforrará moitos trámites e acurtará tamén os tempos de planificación dos proxectos”, recalca o director do CIM.

A principal característica desta nova embarcación é que é híbrida enchufable, é dicir, que se pode recargar con baterías e operar en eléctrico nas manobras de atraque, a baixa velocidade ou cando se están a levar a cabo as mostraxes. “O feito de que poida apagar completamente o motor térmico e operar en eléctrico cando se están a facer as mostraxes é para nós unha gran vantaxe, pois non interfire nas medicións”, explica Daniel Rey, insistindo na idea de que é a primeira embarcación que está pensada para que sexa amigable co medio ambiente. “A resolución do ministerio valorou a nosa capacidade para xerar unha proposta que minimiza o impacto dos vehículos térmicos e que é máis limpa tamén para operar nos portos e nas áreas de mostraxe”, recalcou o investigador.

Con 19 metros de eslora e cinco de manga, a nova embarcación pode denominarse de tamaño medio, é dicir, moito máis grande que os actuais vehículos acuáticos dos que dispón o CIM (Kraken, Indaga, Noctiluca…), “o que permitirá por exemplo realizar campañas na plataforma”, pero moito máis pequena que buques como o Sarmiento de Gamboa ou o Hespéride, “o que reduce os custes das operacións e diminúe a súa pegada de carbono”, tal como apunta Rey.

1,4 millóns para reforzar o Servizo de Nanotecnoloxía do CACTI

Dos 3,5 millóns outorgados á UVigo, 1.428.880 son para reforzar a oferta de espectrometría de masas de sólidos xa existente no Servizo de Nanotecnoloxía e Análise de superficies do CACTI. O novo equipo será o primeiro deste tipo que se instale en España e Portugal e permitirá obter información relativa á composición química, ás propiedades físicas e á estrutura tridimensional dos materiais e dispositivos a escala nanométrica, o que é de grande importancia para os novos desenvolvementos en nanociencia e nanotecnoloxía.

“Permitirá realizar medidas SIMS en tres dimensións (3D), determinando a topografía inicial da superficie, así como os cambios topográficos durante o experimento sen necesidade de extraer a mostra do instrumento”, explica a responsable do servizo, Carmen Serra, ao que engade que o novo equipo levará incorporado un microscopio de forzas atómicas que proporcionará información complementaria sobre a topografía da superficie e axudará a determinar outras propiedades físicas. “A combinación destas dúas técnicas permite obter imaxes químicas tridimensionais reais in situ”, considera Serra.

As aplicacións máis relevantes deste novo instrumento abarcan un abano moi amplo, desde os semicondutores para a detección e cuantificación de metais traza e contaminantes, o estudo de polímeros e a súa degradación, produtos farmacéuticos para determinar a distribución dos diferentes compoñentes, biomateriais para visualizar a distribución en alta resolución dos compostos moleculares moi relevante en aplicacións biolóxicas, pinturas e recubrimentos para determinar as súas características e estabilidade, e outros materiais como vidros, cerámicas, papeis e metais.

600.000 euros para un equipo único no sur de Europa

Con preto de 600.000 euros o ministerio deulle tamén luz verde á solicitude asinada polo investigador do CIM Gianluca Marino, un sistema IRMS para a análise de isótopos estables de osíxeno e carbono e isótopos agrupados en carbonatos, un equipamento que se empregará, sobre todo, para facer reconstrucións paleoambientais e paleoclimáticas. Localizarase no CACTI e dará servizo a toda a comunidade investigadora interesada na posta en marcha deste tipo de estudos. “Trátase neste caso dun equipo moi novidoso, o primeiro que haberá a nivel nacional e incluso dos primeiros do sur de Europa”, explica a vicerreitora Belén Rubio, polo que se espera que, unha vez que estea posto en marcha e en funcionamento, esperte amplo interese entre a comunidade investigadora.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

El Gobierno de Vigo dice que si Bouzas no es BIC, "solo faltaría" que lo sea la Alameda

...

PorÁngel Vila
27/10/2025
Una piel de cristal con 'guiños' al mar gana el concurso para el 'nuevo' Concello de Vigo
Enfoque

Reclaman explicaciones al Concello de Vigo sobre "la pérdida de 4,5 millones de fondos europeos"

...

PorMetropolitano
27/10/2025
La huelga de Renfe cancelará 10 trenes entre A Coruña y Vigo este viernes
Enfoque

Renfe refuerza la conexión entre Vigo y A Coruña con 4.600 plazas semanales

...

PorMetropolitano
27/10/2025
El acusado del crimen de Coia alega que actuó bajo un "miedo insuperable" y en legítima defensa
Enfoque

El acusado del crimen de Coia alega que actuó bajo un "miedo insuperable" y en legítima defensa

...

PorEuropa Press
27/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X