• Entroido de Verán Redondela
  • Alerta calor Galicia
  • Obras en Vigo
  • Noite Branca
  • Soletes Galicia
  • Venta entradas Castrelos
  • San Xoán Casco Vello
  • Fiesta medieval
  • Piscinas As Neves
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo acollerá a primeira planta piloto exclusiva para análise experimental de combustión de hidróxeno

A UVigo acollerá a primeira planta piloto exclusiva para análise experimental de combustión de hidróxeno
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/05/2025

A Universidade de Vigo acollerá a primeira planta piloto completamente instrumentada para a investigación exhaustiva da combustión de hidróxeno puro. O proxecto chega da man do Grupo de Tecnoloxía Enerxética GTE, equipo punteiro conformado na actualidade por preto de medio cento de investigadores e investigadoras con diferentes liñas de traballo, unidas por un eixe común: a procura de solucións enerxéticas sustentables, adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx,

Nun contexto global onde a descarbonización industrial é un obxectivo prioritario, o hidróxeno preséntase como un combustible “clave e esperanzador” para reemprazar os combustibles fósiles en procesos que requiren temperaturas medias e altas fronte ás limitacións das bombas de calor e os problemas de electrificación total que se atopan, tanto desde o punto da ineficiencia en termos de conversión enerxética como dos problemas de estabilidade da rede e necesidade de grandes investimentos en infraestrutura.

Másnoticias

Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

22/06/2026
El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

19/06/2026

A posta en marcha desta planta piloto é un dos eixes centrais do proxecto Desenvolvemento de estratexias avanzadas para a combustión eficiente de hidróxeno puro para aplicacións a escala real, financiado con 218.750 euros polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023. “De momento estamos traballando en Cintecx, nos laboratorios onde xa temos instalada a caldeira, pero a idea é poder facer algo máis grande, se ben de momento, aínda non está concretado”, explica o catedrático José Luis Míguez Tabarés, coordinador xeral do grupo GTE.

Tres anos de traballo por diante

Arrancaron o pasado mes de setembro e por diante teñen tres anos de traballo, ata o 31 de agosto de 2027. O proxecto estrutúrase en dous eixes fundamentais En primeiro lugar, levarase a cabo unha análise detallada da caldeira comercial de hidróxeno puro desenvolvida pola empresa Ferroli que xa teñen instalada no laboratorio, un sistema pioneiro que xa forma parte do equipamento do grupo GTE. Esta investigación permitirá, segundo explican os seus responsables, avaliar o seu funcionamento en condicións operativas reais, así como caracterizar a súa eficiencia e estabilidade na combustión.

En segundo lugar, deseñarase e construirase a planta piloto, un sistema experimental que permitirá un control preciso das variables clave e unha caracterización avanzada dos fenómenos de combustión. “Ata a data, a maioría dos estudos neste campo centráronse en mesturas de hidróxeno con hidrocarburos, polo que a análise da combustión de hidróxeno puro a esta escala e con este nivel de sensorización representa unha contribución significativa a este eido”, subliña Míguez Tabarés.

Indo ao detalle, un dos principais obxectivos da planta piloto será a análise experimental e numérica da combustión de hidróxeno puro e o estudo de distintos deseños de embocaduras para mellorar a estabilidade da chama e a eficiencia do proceso. A combustión de hidróxeno presenta desafíos específicos, como o retroceso de chama (flashback) ou a súa elevada temperatura, que poden influír na xeración de NOx -óxidos de nitróxeno- térmicos. Para abordar estes retos, a investigación tamén explorará solucións innovadoras, como a combustión en medios porosos. “Esta técnica modifica o mecanismo predominante de transferencia de calor, que en caldeiras de hidróxeno é principalmente convectivo, converténdoo nun proceso dominado pola radiación”, explican os investigadores. O medio poroso tamén proporciona unha alta inercia térmica na rexión da chama, o que mellora significativamente a súa estabilidade. “Ademais, xera unha combustión máis homoxénea, reducindo as temperaturas máximas da chama e diminuíndo a formación de NOx térmicos”.

“Datos empíricos valiosos” para a súa futura implantación a grande escala

O impacto agardado deste proxecto na xeración de coñecemento científico-técnico no campo da combustión de hidróxeno é significativo. “O desenvolvemento dunha planta piloto para a combustión de hidróxeno a escala aplicada representa unha novidade en si mesma e proporcionará datos empíricos valiosos, así como información detallada sobre o proceso a escala macroscópica”, salientan os responsables do proxecto, un equipo encabezado por Míguez Tabarés e que, nesta caso, completan Jacobo Porteiro Fresco, David Patiño Vilas, Amanda Franco Sardinha, Marta María Caride Pérez e Sergio Chapela López.

Entre eses datos empíricos inclúese a comprensión dos desafíos prácticos, a dinámica operativa da combustión de hidróxeno en condicións reais e as consideracións de seguridade, aspectos fundamentais para a escabilidade desta tecnoloxía e a súa implementación a grande escala. A maiores, a creación de submodelos especificamente deseñados para a combustión de hidróxeno constitúe un avance importante nas capacidades preditivas das tecnoloxías de simulación. Estes modelos permitirán unha análise máis precisa e detallada do proceso de combustión, a transferencia de calor e as características de emisión de maneira computacionalmente eficiente. “Así mesmo, facilitarase a optimización do deseño de queimadores e outros equipos, mellorando a súa eficiencia e reducindo o seu impacto ambiental”.

Rede de colaboración internacional

Desde a dirección do grupo fan fincapé en que, dada a relevancia actual deste tema, o esforzo por manter e establecer colaboracións internacionais con outros centros de investigación que traballan en liñas similares é constante. Este enfoque colaborativo busca aproveitar a experiencia e os recursos de múltiples entidades de investigación, promovendo un esforzo global para abordar os desafíos relacionados co uso do hidróxeno como combustible en caldeiras. “A nosa actual rede de colaboración e participación en comités internacionais proporciónanos a contorna adecuada para fortalecer esta liña de investigación”, recalca o responsable do grupo.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La Xunta transformará un parque de O Porriño para llenarlo de árboles, zonas de juego y eliminar muros
Enfoque

La Xunta transformará un parque de O Porriño para llenarlo de árboles, zonas de juego y eliminar muros

...

PorÁngel Vila
23/06/2026
La Xunta amplía el nivel rojo de alerta por calor en Galicia con restricciones activadas
Enfoque

La Xunta amplía el nivel rojo de alerta por calor en Galicia con restricciones activadas

...

PorEuropa Press
23/06/2026
Disparan en un ojo con un arma de balines a un vecino de Cangas
Enfoque

La Guardia Civil confirma el hallazgo de un hombre muerto en un hostal de Moaña

...

PorAlfredo Teja
23/06/2026
Dos temblores casi seguidos se dejan notar en Galicia esta madrugada
Enfoque

Dos temblores casi seguidos se dejan notar en Galicia esta madrugada

...

PorEuropa Press
23/06/2026
Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo
Enfoque

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

PorMetropolitano
22/06/2026

La UVigo presenta un un modelo estadístico que permite comparar el rendimiento de los equipos con los resultados en el Mundial. Así funciona

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

23jun22:30Noite das Fogueiras do Casco VelloSAN XOÁN | GRATIS | VIGO

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X