• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo adhírese á alianza de universidades europeas ATHENA

A UVigo adhírese á alianza de universidades europeas ATHENA
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
16/06/2022

A Universidade de Vigo súmase dende esta semana á alianza de universidades europeas ATHENA (Advanced Technology Higher Education Network Alliance) e pasa a formar parte así dunha rede de institucións que ten como finalidade crear, “dende un punto de vista holístico, unha estratexia conxunta de educación superior”, como explica a vicerreitora de Investigación en funcións, Belén Rubio. Ela, xunto coa profesora Maribel del Pozo, que o vindeiro luns tomará posesión como vicerreitora de Internacionalización, participan estes días en Heraklion (Creta) na 4ª xuntanza da rede entre universidades do programa Universidades Europeas.

Ademais da UVigo, o consorcio deu tamén a benvida á Uniwersytet Marii Curie-Skłodowskiej e os seus coordinadores destacan que estas dúas incorporacións permiten “ampliar non só o alcance xeográfico a dous países europeos máis, España e Polonia, senón que tamén se beneficiará das súas experiencias”. Ademais, tamén se asinou un memorando de entendemento coa Universidade Abdullah Gül, de Turquía, que se une a ATHENA como socio asociado. Deste xeito, a rede esténdese agora a institucións de nove países: o Instituto Politécnico de Porto (Portugal), a Universidade de Orleáns (Francia), a Universidade de Siegen (Alemaña), a Universidade Niccolo Cusano de Roma (Italia), a Universidade de Maribor (Eslovenia), a Hellenic Mediterranean University, de Grecia, anfitrioa da xuntanza e a Vilnius Gediminas Tecnichal University de Lituania, ademais da UVigo e a Marii Curie-Skłodowskiej.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

A colaboración das nove universidades parceiras de ATHENA contempla diversos aspectos, desde mobilidade do alumnado e do persoal, ata proxectos de investigación, transferencia de resultados á industria, internacionalización ou perspectiva de xénero. Precisamente neste último campo, a Universidade de Vigo terá un papel principal, xa que se encargará, como salienta a vicerreitora, de “facer ATHENA máis inclusiva e contribuír á creación da Unidade de Xénero da alianza”.

De xeito global e segundo explica a vicerreitora de Investigación, pertencer a este consorcio permitiralle á Universidade de Vigo avanzar “na internacionalización dos nosos graos, mestrados e programas de doutoramento, así como poñer en marcha cursos de verán ou microcredenciais baseados na aprendizaxe continua”. Outro aspecto beneficioso será o feito de poder “compartir infraestruturas e coñecemento e “establecer sinerxías para novos proxectos de investigación e transferencia, impulsando así o desenvolvemento socioeconómico da nosa rexión” e poñendo a disposición de ATHENA “os recursos da UVigo, de Galicia e da Eurorrexión Galicia-norte de Portugal”.

Vantaxes de formar parte de ATHENA

Belén Rubio relata, colectivo por colectivo, as vantaxes de formar parte desta alianza europea. No que atinxe ao lanzamento de proxectos conxuntos tanto de educación como de investigación, ser socios de ATHENA “incrementará as sinerxías entre institucións e entidades interesadas, promoverá investigación de calidade e impacto, aumentará a competitividade das propostas, atraerá fondos para determinados programas e creará unha rede de infraestruturas e investigación”.

Para o alumnado, os principais beneficios pasan pola oportunidade de estudar nun ambiente internacional e poder cursar materias ou anos académicos en diferentes universidades, “construíndo todo un currículo completo para obter a titulación desexada, a través dunha selección de cursos flexibles e con carácter individual”. Dende o punto da vista da Universidade de Vigo, este tipo de propostas van axudar na captación de “estudantes internacionais”, como apunta Rubio, e permitirá ao estudantado “desenvolver diversas habilidades tanto técnicas como de linguaxe”.

Ao PDI este acordo permitiralle “aplicar investigación e docencia nun ambiente innovador, promover a cooperación internacional, intercambiar oportunidades para estudantes de doutoramento e profesorado e promover a realización de proxectos conxuntos con empresas internacionais”. Ademais, tamén o persoal técnico e administrativo poderá beneficiarse de formar parte desta rede, a través da cal “poderán mellorar nas súas capacidades, ter un maior intercambio cultural e unha cooperación variada nunha contorna europea”.

Finalmente, engade Belén Rubio, no eido industrial e social, a adhesión a ATHENA tamén suporá vantaxes en relación á transferencia de resultados, achegará graduados e graduadas con alto nivel de excelencia, proporcionará perspectivas laborais a nivel europeo e fomentará un intercambio activo entre universidades, industria e sociedade.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Novedades con las obras de Balaídos, el Celta de Vigo empezará la temporada con más aforo en Gol
Enfoque

Novedades con las obras de Balaídos, el Celta de Vigo empezará la temporada con más aforo en Gol

...

PorCarlos I. Castrillón
05/06/2026
Los Premios Ardán muestran en Vigo el "músculo" de la economía gallega y reconocen a 14 empresas
Enfoque

Los Premios Ardán muestran en Vigo el "músculo" de la economía gallega y reconocen a 14 empresas

...

PorUxía Pérez
05/06/2026
¿Visitará O Porriño el Papa? El emotivo momento en el que le hacen llegar una invitación formal
Enfoque

¿Visitará O Porriño el Papa? El emotivo momento en el que le hacen llegar una invitación formal

...

PorAlfredo Teja
05/06/2026
El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X