• San Roque Vigo
  • Planes finde
  • Fiestas de Coia
  • Piscinas municipales
  • Açaí en Vigo
  • Escuelas infantiles
  • PortAmérica
  • Rally Rías Baixas
  • Alerta roja
  • Castrelos, centro de ocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo arranca a primeira edición totalmente virtual do Foro Tecnolóxico de Emprego

A UVigo arranca a primeira edición totalmente virtual do Foro Tecnolóxico de Emprego
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
03/03/2021

O traballo que a organización da edición XXI do Foro Tecnolóxico de Emprego tivo nos últimos meses foi inxente. Se organizar unha feira deste tipo en modalidade presencial era un reto, pasar todas estas actividades, relatorios, mesas redondas, entrevistas, obradoiros e entrega de currículos a unha contorna virtual foi un verdadeiro desafío. Pero mostra de que o equipo organizador, formado por 39 estudantes das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo –Minas e Enerxía, Industrial e Telecomunicación-, tivo éxito é que este mércores botou a andar a vixésimo primeira edición do foro que trata de servir como ponte para que o alumando do eido das enxeñarías teña o seu primeiro contacto co mundo profesional.

En total, nesta cita que se estende dende hoxe mércores ata o vindeiro venres, participan arredor de 40 empresas, entre as que se encontran as popularmente coñecidas como Big Four, as catro firmas con maior volume de facturación no sector da consultaría, como explica, Laura Andrés, estudante do Máster en Enxeñaría de Minas e coordinadora xeral desta edición. A pesar do cambio de modalidade e da crise derivada da pandemia da covid-19, a organización conseguiu manter nas cifras de edicións anteriores, co mesmo número de compañías que en 2020, que foi o ano que marcou o récord de participación. Así, empresas como R, Deloitte, Repsol, Coca-Cola, Feuga, Imatia e Optare Solutions seguen estando presentes nesta cita anual, e incorpóranse novas entidades como Emetel, especializada en proxectos de dixitalización de procesos de negocio e ciberseguridade, e KPMG, asesoría e consultaría.

Másnoticias

"Cohete" reina en el Rally Rías Baixas tras dos sofocantes jornadas cargadas de emoción

"Cohete" reina en el Rally Rías Baixas tras dos sofocantes jornadas cargadas de emoción

05/07/2026
El primer local de açaí en Vigo abre sus puertas con descuentos en todos sus productos

El primer local de açaí en Vigo abre sus puertas con descuentos en todos sus productos

04/07/2026

No que respecta ao alumando participante, antes do inicio da xornada o Foro Tecnolóxico de Emprego contaba con máis de 400 inscritos, aínda que como explica Laura Andrés, “agardamos que as cifras se vaian incrementando a medida que avance o evento”.

Unha fiestra ao mercado laboral

A mañá deste mércores arrancou con varios workshops de empresas como Pwc, Brainport Eindhoven, Norvento Enerxía, Accenture e Repsol e un relatorio da man de Finsa. Tras esta primeira toma de contacto tivo lugar o acto oficial de inauguración, no que o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, felicitou á organización “polo seu traballo paseniño de todo o ano” preparando unhas xornadas que “estou seguro que van servir para que os nosos estudantes entren en contacto coas empresas do sector, para que plantexen o seu futuro profesional e tamén para que aprendan unha serie de habilidades que lle van ser moi útiles ao longo de toda a vida”. O reitor tamén agradeceu ás empresas “que apostaron se sempre e ás que apostan nesta edición por achegarse á Universidade de Vigo para ter un contacto directo co talento que agroma nas nosas aulas”.

Pola súa banda, Laura Andrés agradeceu a colaboración das institucións patrocinadoras e a participación das preto de 40 empresas así como a todo o alumnado implicado na organización, “un equipo de 39 persoas que dende o minuto 1 traballou a tope para adaptar o foro a un formato dixital ofrecendo o mellor servizo ás empresas e a oportunidade ao alumnado de achegar o mundo empresarial ás escolas”.

No acto de apertura participaron tamén os directores das tres escolas de enxeñaría do campus. Íñigo Cuiñas, director da EET, fixo fincapé no importante papel da enxeñaría durante este ano de pandemia. “Demostramos que grazas á enxeñaría e grazas á tecnoloxía este ano seguiu funcionando”, permitindo que as fábricas seguisen producindo; que as minas continuasen obtendo materias primas, que se seguise xerando enerxía e que as actividades que requirían sociabilizar tivesen lugar sen necesidade da presencialidade. “De algún xeito esta crise permitiu que as persoas que nos dedicamos á tecnoloxía demostrásemos que somos capaces de seguir facendo a sociedade funcione”.

Elena Alonso, como directora da EE de Minas e Enerxía, sede habitual do foro, recoñecía que bota en falta o balbordo destes días, pero remarcou que o feito de ter que trasladar esta edición á modalidade non presencial foi “un reto para organizadores e asistentes, que permitirá adquirir habilidades que vos virán ben para o voso futuro profesional”. Alonso destacou tamén o feito de que este sexa un evento organizado por alumnado das tres escolas de enxeñaría do campus, “un exemplo para os vosos compañeiros e tamén para os docentes dos tres centros”.

Finalmente, Juan E. Pardo, director da EEI, felicitou ao alumnado polo traballo realizado e remarcou que se trata “dunha grande oportunidade tanto para as empresas como para o alumnado, que pode coñecer os perfís que demandan as compañías e así “configurar a súa formación de acordo a estas necesidades” e tamén para o profesorado, para poder adecuar a formación en liña co que precisa a sociedade.

Un programa adaptado á modalidade non presencial

O programa para estes tres días tratará de asemellarse na medida do posible ás anteriores edicións do foro. Así, a organización recreou a feira nunha plataforma dixital onde as persoas inscritas poden acceder a un vestíbulo virtual no que as empresas contan cun posto informativo no que atenden aos estudantes, informan sobre as súas ofertas de emprego e tamén recollen os currículos. A plataforma tamén permite desenvolver de xeito interactivo os obradoiros e conferencias, de xeito que o alumnado pode preguntar e consultar dúbidas aos poñentes.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

"Cohete" reina en el Rally Rías Baixas tras dos sofocantes jornadas cargadas de emoción
Enfoque

"Cohete" reina en el Rally Rías Baixas tras dos sofocantes jornadas cargadas de emoción

El Rally Rías Baixas termina tras ofrecer un gran espectáculo por todo el área de Vigo. Pese a los tramos neutralizados, una edición histórica

PorIván Dacal
05/07/2026
El primer local de açaí en Vigo abre sus puertas con descuentos en todos sus productos
Enfoque

El primer local de açaí en Vigo abre sus puertas con descuentos en todos sus productos

Vigo ya cuenta con su primer local especializado íntegramente en açaí. Los primeros días tendrá descuentos en toda su carta

PorSara Rodríguez
04/07/2026
Las escuelas infantiles de Vigo y su área se cuecen con hasta 30 grados: "Hasta que no pase algo"
Enfoque

Las escuelas infantiles de Vigo y su área se cuecen con hasta 30 grados: "Hasta que no pase algo"

En pleno episodio de calor, las escuelas infantiles de todo el área de Vigo denuncian que están a casi 30 grados cada día. Un riesgo para los niños

PorAlfredo Teja
04/07/2026
Un accidente obliga a neutralizar un nuevo tramo del Rally Rías Baixas y provoca un incendio en Salceda
Enfoque

Un accidente obliga a neutralizar un nuevo tramo del Rally Rías Baixas y provoca un incendio en Salceda

Un piloto ha sufrido una salida de vía en el Rally Rías Baixas. El accidente ha provocado un pequeño incendio en Salceda y ha obligado a neutralizar el tramo

PorAlfredo Teja
04/07/2026
UVigo Motorsport compite este verano con el UM26: más ligero, con nuevo motor y aerodinámica renovada
Enfoque

UVigo Motorsport compite este verano con el UM26: más ligero, con nuevo motor y aerodinámica renovada

PorMetropolitano
03/07/2026

La UVigo Motorsport presenta su nuevo vehículo. Competirán con él este verano en Austria y en el circuito de Montmeló

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03jul(jul 3)11:3005(jul 5)23:00XXXIV Festa da Langosta e da Cociña MariñeiraGASTRONOMÍA | FIESTAS | GALICIA

16jul22:00Concierto de Molotov en CastrelosCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X