• Muerte Vigo
  • Investigación robos Vigo
  • Hotel Boutique
  • Ryanair Vigo
  • Furanchos
  • San Martiño
  • Parque O Porriño
  • Mercado Reciclado
  • Navidad top Portugal
  • Seguridad Halo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo celebra o 30 aniversario do CACTI amosando o seu orgullo por un centro pioneiro e cheo de futuro

A UVigo celebra o 30 aniversario do CACTI amosando o seu orgullo por un centro pioneiro e cheo de futuro

UVIGO

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/09/2024

Foi en 1991, con case todo por crear nunha recén nacida Universidade de Vigo, cando se iniciaron os trámites para a construción do Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, CACTI, pero non foi ata tres anos despois, en 1994, no edificio hoxe coñecido como Filomena Dato, cando o proxecto se converteu en realidade. Dende entón pasaron 30 anos e neste tempo aquel proxecto, “pioneiro no Sistema Universitario Galego”, converteuse nun centro de referencia  dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación.


  • Te puede interesar: A UVigo arranca o curso dando a benvida ao alumnado que comeza a súa vida universitaria

Orgullosos e orgullosas do camiño percorrido, a institución académica viguesa celebrou este xoves este 30 aniversario. Fíxoo nun acto celebrado no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo presidido polo reitor, Manuel Reigosa, e no que se contou tamén coa participación do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e da tenente de alcalde do Concello de Vigo, Ana Mejías, así como a actual directora do centro, a profesora Sandra Bolaño. Arroupados por numerosos membros da comunidade universitaria, tanto de profesionais en activo como das moitas persoas que ao longo destes anos puxeron o seu gran de area para converter aquela idea inicial no que é hoxe, todas e todos salientaron o carácter “pioneiro”  deste centro, ao que lle desexaron, “longa vida”, e un máis que prometedor futuro.

Másnoticias

Cierran webs en España que publicitaban la la gestación subrogada tras una denuncia en Vigo

Cierran webs en España que publicitaban la la gestación subrogada tras una denuncia en Vigo

06/11/2025
El patrimonio y la gastronomía de Baiona y el Camino Portugués, el broche final de Gastro Movida

El patrimonio y la gastronomía de Baiona y el Camino Portugués, el broche final de Gastro Movida

06/11/2025

“Coa creación deste centro a UVigo apostou por algo distinto do que había naquela na universidade española, foi unha aposta clara por unha universidade investigadora, algo que naquel momento non era tan habitual”, salientou Reigosa, quen lembrou o papel crucial que tiveron nese intre o reitor Luis Espada, e o seu vicerreitor de Investigación, o profesor Federico Vilas. “Tiñan unha idea clara e foron adiante con ela”, salientou o actual reitor, quen destacou e agradeceu o enorme compromiso do persoal deste centro, “auténticos apaixonados do seu traballo”. Nesta liña, tamén salientou que “unha boa parte do éxito que estamos tendo na captación de fondos europeos, xunto co ascenso no número de publicacións internacionais, ten que ver co CACTI”, unha ferramenta á que se referiu como “indispensable, útil e que nos permite competir”.

Listos para axudar a resolver os principais retos da sociedade

Tras a intervención das autoridades o acto arrancou coa proxección dun vídeo no que se lembraron os inicios do centro, se puxeron cifras e verbas á súa realidade actual e se formularon os principais retos de futuro. Creado coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto aos membros da comunidade universitaria como a calquera outro organismo público ou privado de investigación, o CACTI, primeiro centro deste tipo no SUG, arrancou na primavera de 1994 con dous únicos servizos  (Análise instrumental e Espectroscopía Molecular e Técnicas Radioquímicas) e un cadro de persoal técnico composto por seis persoas.

Co tempo, tal e como se lembrou nun vídeo proxectado no acto, as instalacións do edificio Filomena Dato foron quedando pequenas e no 2016 trasladáronse a un novo espazo, o edificio Olimpia Valencia, onde se triplicou o espazo e a superficie de laboratorios. Ali traballan na actualidade unha trintena de técnicas e técnicos, divididos entre a sede de Vigo, a de maior tamaño, e a de Ourense, no edificio administrativo do Campus Auga. Ofrécense en total sete servizos e entre os seus clientes habituais, están o resto de universidade públicas, tando de España como de Portugal; centros tecnolóxicos como o CTAG, Aimen ou Anfaco-Cecopesca e empresas como Seat, Naturgy, Borgwarner, Mapfre ou o Grupo Zelnova (Zeltia).

Nos diferentes servizos do CACTI analízanse un amplo abano de mostras, produtos e materiais que van desde as diferentes aplicacións da biotecnoloxía, economía circular, biorremediación, microplásticos, alimentos, enerxías renovables, caracterización de compostos químicos, análise de ADN e ARN, biosensores, control de calidade… Resaltando o feito de que nos vindeiros anos a investigación será a clave do desenvolvemento dos países,  desde o centro destacouse o feito de que se tratarán de acometer retos como o estudo dos efectos do quecemento global, as estratexias fronte as pandemias ou o cambio das fontes de enerxía

Mesa redonda e homenaxe ao persoal co que arrancou o centro

Tras a apertura do acto tivo lugar unha mesa redonda na que se analizou en detalle o papel dos centros de apoio á investigación nas universidades públicas. Presentada pola vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, contouse coa participación de quen foi a primeira directora do CACTI, a profesora, hoxe xubilada, Betty León, quen lembrou a posta en marcha e os primeiros anos deste centro. Xunto a ela, compartiron espazo o director do Servizo Interdepartamental de Investigación, da Universidad Autónoma de Madrid; José A. Costoya Puente, director científico da Área de Infraestruturas de Investigación, da Universidade de Santiago de Compostela, e Gerardo Fernández Martínez, director dos servizos de Apoio á Investigación, da Universidade da Coruña.

O acto de celebración do 30 aniversario rematou cun recoñecemento o labor do persoal técnico co que arrancou o centro: Manuel Marcos García, do Servizo de Determinación Estrutural, Proteómica e Xenómica; Carmen Serra Rodríguez, do Servizo de Nanotecnoloxía e Análise de Superficies; Jorge Millos Alfeirán, do Servizo de Seguridade Alimentaria de Desenvolvemento Sostible; Fernando González Muíños, do Servizo de Asistencia Técnica e Calibración, Satycel, e Antonio Souto Casas, do Taller de Mecanizado.

Unha vez rematado o acto as persoas asistentes desprazáronse ata as instalación do CACTI, onde compartiron uns petiscos nos que houbo oco para as lembranzas e as anécdotas.

Temas: educaciónUniversidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Tomiño saca a licitación cuatro puestos en su Mercado y busca gente "con ganas de emprender"
Enfoque

Tomiño saca a licitación cuatro puestos en su Mercado y busca gente "con ganas de emprender"

...

PorMiguel Alonso
06/11/2025
Proteger Vigo en la noche más oscura, el despliegue de la Policía Nacional por el gran apagón desde dentro
Enfoque

La Policía Nacional investiga varios robos en viviendas de Vigo aprovechando la noche de Halloween

...

PorAlfredo Teja
06/11/2025
¿En qué debe convertirse la antigua estación de autobuses de Vigo? Nace una nueva propuesta
Enfoque

Detenida una mujer por matar de una puñalada a un hombre en la antigua estación de autobuses de Vigo

...

PorMetropolitano
06/11/2025
Proyectan un nuevo hotel boutique en un histórico edificio de 1930 del área de Vigo
Enfoque

Proyectan un nuevo hotel boutique en un histórico edificio de 1930 del área de Vigo

...

PorUxía Pérez
06/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X