• Vigo Arena
  • Vigo Vertical
  • Porrigalia
  • Entradas Abraham Mateo
  • Desaparecido Miño
  • Camiseta España Vigo
  • Próxima apertura
  • Conciertos chiringuitos
  • Fiestas Baiona
  • Eclipse
  • Fiesta Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo arranca o curso dando a benvida ao alumnado que comeza a súa vida universitaria

A UVigo arranca o curso dando a benvida ao alumnado que comeza a súa vida universitaria
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
04/09/2024

O vindeiro luns 9 de setembro a Universidade de Vigo arranca oficialmente o curso 2024/2025. Co prazo de matrícula aínda aberto, faino con taxas de ocupación históricas superiores ao 100%. Co obxectivo de dar a benvida ao alumnado de novo ingreso, esta semana a institución académica celebra en cada un dos seus tres campus unhas xornadas de acollida informativas e lúdicas na que o estudantado que comeza a súa vida universitaria pode coñecer os servizos e instalacións que teñen á súa disposición. A primeira delas tivo lugar, con moito éxito de participación, este mércores no campus de Ourense.

Case 4000 novos estudantes de grao

En total, a institución académica viguesa ofertou para o curso 2024/2025 un total 3836 prazas de novo ingreso de grao (e 1733 de mestrado). Entre as novidades destaca un novo título, o Grao en Enxeñería da Automoción con mención dual, o primeiro deste tipo que se imparte en Galicia. O seu obxectivo é formar ao alumnado no campo profesional da enxeñaría industrial que se configura arredor do sector da automoción, contando para iso co respaldo de Stellantis, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga). Xa en mestrado, a UVigo incorpora dous novos títulos interuniversitarios, os de Biofabricación e Internet das Cousas-IoT.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Tamén se ofertan por primeira vez os Programas Académicos con Percorridos Sucesivos (PARS) no ámbito da enxeñaría, sendo a UVigo tamén a primeira universidade do SUG en contar con eles. A finalidade destes programas é que o estudante reforce a súa formación integral vinculando o título de grao e mestrado, tendo a oportunidade de matricularse no mestrado antes de rematar o seu grao. Concretamente desenvolveranse os PARS en Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica vía Grao en Enxeñaría Aeroespacial; en Mestrado en Enxeñaría Informática vía Grao en Enxeñaría Informática; en Mestrado en Enxeñaría Biomédica vía Grao en Enxeñaría Biomédica; en Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación vía Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e en Mestrado en Enxeñaría Industrial vía Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

Cando aínda está aberto o prazo de matrícula, os datos de alumnado de novo ingreso son xa os mellores de toda a serie histórica de ocupación da UVigo, tal e como ten destacado o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, acadando taxas de ocupación superiores ao 100% nos tres campus da institución académica. No sexto chamamento para efectuar a matrícula aberto agora, das 35 titulacións de grao e dobre grao ofertadas no campus de Vigo, só cinco teñen aínda a matrícula aberta: os de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos; Linguas Estranxeiras; Tradución e Interpretación Español-Francés; Tradución e Interpretación Galego-Inglés e Filoloxía Aplicada Galega e Española. No campus de Ourense, das 19 titulacións de grao e dobres graos existentes quedan prazas en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos; Ciencias Ambientais; Enxeñaría Agraria e Turismo. Das 12 titulacións de grao do campus de Pontevedra, só ten a matrícula aberta Enxeñaría Forestal.

Comezando “con enerxía”

Na xornada de benvida celebrada no pavillón de deportes do campus de Ourense, mozas e mozos puideron obter información sobre a institución académica, sobre os seus dereitos e deberes, sobre os servizos informáticos, o transporte e o aloxamento, o voluntariado e o asociacionismo, as bolsas e axudas que poden solicitar e a oferta académica complementaria que ofrece o Centro de Posgrao e Formación Permanente ou o Centro de Linguas. Tamén puideron coñecer a biblioteca universitaria, os programas de mobilidade, as iniciativas de fomento do emprego e do emprendemento e as actividades de extensión universitaria e de benestar, saúde e deporte. Non faltaron os postos de atención á diversidade, da Unidade de Igualdade e de delegacións e asociacións de estudantes.

Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da Universidade de Vigo, salientou a súa satisfacción pola acollida da xornada, estimando unha participación de arredor do 90% do alumnado matriculado de novo ingreso. “En cada centro, este alumnado xa vai ter benvidas específicas, centradas na parte académica, polo que o obxectivo destas xornadas é que coñeza os servizos e instalacións que lles ofrece a Universidade de Vigo”. Ademais de ofrecer información, apuntou, o evento ten un enfoque lúdico no que non falta a música e os agasallos, para que o novo estudantado “comece a etapa universitaria con enerxía e vexa que a universidade que escolleron para estudar é unha universidade dinámica, onde van a ter que estudar pero tamén onde o van a pasar moi ben”. Do mesmo xeito, Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, destacou que “comezamos contentísimos este novo curso” apuntando que “o campus de Ourense medra ano a ano en número de alumnos e as enquisas de satisfacción amosan que o noso estudantado está moi satisfeito, tanto do que aprende nas aulas como da súa experiencia vital aquí”. Os responsables académicos desexaron que este novo curso que comeza “cheo de enerxía” sexa frutífero para os diferentes colectivos da comunidade universitaria, especialmente para o alumnado que agora comeza a súa etapa universitaria.

Entre o estudantado que este mércores se achegou a este acto de benvida estaban Irea Prada e Hugo Fernández, do Barco de Valdeorras e Monforte de Lemos. Ela comeza a estudar o Grao de Educación Infantil e el o de Educación Social, ambos na Facultade de Educación e Traballo Social. Escolleron este centro pola súa proximidade xeográfica e estas titulacións por ser as súas vocacións. Cunha boa impresión de partida da universidade, achegáronse á xornada de benvida para ir “tanteando o terreo” e comezar con bo pé a súa vida universitaria. Igualmente estaban Antía Blanco, Lucía Morales e Patricia Troncoso, de Vigo e Gondomar, e novas alumnas do Grao de Relacións Internacionais. Elas arrancan con moita gañas a súa etapa universitaria e tamén cunha moi boa impresión do campus de Ourense, destacando que “vese un campus moi dinámico, non nos agardábamos o ambiente que hai”. Seguindo o mesmo formato e o mesmo horario de 10:00 a 13:00 h, as xornadas de benvida da Universidade de Vigo continúan mañá xoves no campus de Pontevedra, concretamente na Escola de Enxeñaría Forestal, e o venres 6 no campus de Vigo, no pavillón universitario.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo
Enfoque

La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo

...

PorMiguel Alonso
22/07/2026
Un incendio forestal cerca el outlet de Tui
Enfoque

Una marca de moda inédita en Galicia llega con su primera apertura en el Outlet de Tui

...

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Cuenta atrás para abrir el nuevo ascensor panorámico de Vigo, tras pasar las últimas pruebas
Enfoque

Cuenta atrás para abrir el nuevo ascensor panorámico de Vigo, tras pasar las últimas pruebas

...

PorUxía Pérez
22/07/2026
Vigo, uno de los mejores puntos para ver el eclipse solar de este jueves
Enfoque

Pontevedra difunde estos consejos clave para disfrutar al máximo del eclipse en Galicia: estas son las claves

...

PorUxía Pérez
22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X