• Incendio Oia
  • Incendio Vilaboa
  • Parques infantiles Vigo
  • Turismo en Vigo
  • Biblioteca Teis
  • Incendios Galicia
  • Mercado Bouzas
  • Ikea Vialia
  • Festival Pontevedra
  • Nintendo Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo desenvolve un sistema terapéutico intelixente para persoas con demencia en estados iniciais

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
09/11/2021

A Organización Mundial da Saúde (OMS) prevé que o número de persoas con demencia acade en todo o mundo os 82 millóns en 2030, chegando aos 152 millóns en 2050. Este síndrome, xeralmente de natureza crónica ou progresiva, caracterizado polo deterioro da función cognitiva, e que pode afectar á memoria, pensamento, orientación, comprensión, cálculo, linguaxe ou capacidade de aprendizaxe, é unha das principais causas de discapacidade e dependencia entre as persoas maiores. No ano 2015, o Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) do centro atlanTTic da Universidade de Vigo remataba o proxecto Táctica, no que amosaba os seus activos de procesado de linguaxe natural con casos de uso de teleasistencia, unha experiencia que seis anos despois e, desta volta, coa colaboración da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia (Afaga) e o financiamento da Fundación La Caixa, permitiu alumear o proxecto En Compañía, Acompañamento terapéutico intelixente a persoas con demencia.

Celia, a metodoloxía que este mediodía foi presentada publicamente nun acto celebrado no edificio Redeiras, permitirá que persoas con demencia en estados iniciais vexan retardado o seu deterioro cognitivo, utilizando unha tableta que lles ofrecerá contidos de estimulación personalizados, baseados en noticias, a partir das que se lle realizarán preguntas sobre esta información, pero tamén sobre a súa vida. “Permite que persoas maiores con deterioro cognitivo leve obteñan de xeito áxil e sinxelo información do seu interese, que se lles presenta en linguaxe natural”, explica o catedrático Francisco Javier González Castaño, coordinador do Grupo GTI , que tamén sinala que “o estado cognitivo dos usuarios se analiza a partir das súas interaccións co sistema”. O docente e investigador Francisco de Arriba Pérez e dous investigadores posdoutorais completan o equipo da UVigo que participa no proxecto ao que achegan a tecnoloxía: chatbots, ou aplicacións informáticas baseadas na intelixencia artificial que permiten simular a conversa cunha persoa; análise de sentimento; algoritmos de machine learning; xeración de linguaxe natural… todo baixo unha aplicación Android amigable. Pola súa banda, Afaga encárgase das metodoloxías terapéuticas e obradoiros con usuarios reais.

Másnoticias

EvgeniyShkolenko // iStock

Abierto un casting para el rodaje de una serie en Vigo: estos son los requisitos

21/08/2025

Furor por ver a Dani Fernández y Mikel Izal en Vigo, últimas entradas para el Galicia Fest

21/08/2025

Os promotores de Celia acaban de rematar probas con expertos en xerontoloxía para axustar o sistema, de xeito que unha trintena de persoas de Vigo e Baiona seleccionadas por Afaga poderán empezar a probalo a finais deste mes ou principios do seguinte nos sus domicilios. O proxecto, que se desenvolverá entre setembro deste ano e setembro de 2022, conta cun orzamento de 33.000 euros, achegados pola Fundación La Caixa en convocatoria competitiva, ao tempo que tamén servirá para afinar activos que se valorizarán nun proxecto Ignicia 21 de Gain, actualmente en fase 3 de avaliación.

Unha resposta aos retos dos próximos anos

Na presentación pública do proxecto, Manuel Reigosa reiterou a dispoñibilidade da UVigo a participar en iniciativas público-privadas que beneficien á sociedade. “Partillamos o obxectivo do benestar das persoas e sentímonos na obriga de achegar o coñecemento dos nosos investigadores, dixo o reitor. Pola súa banda, Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, lamentou o illamento e deterioro cognitivo grave que durante a pandemia sufriron moitas persoas con demencia, “polo que hai que crear ferramentas que dean apoio a domicilio. E este proxecto vai nesa dirección: detección, seguimento, soporte e resposta aos retos dos próximos anos”. Susan Santos, xestora territorial da Fundación La Caixa, lembrou a importancia do programa de axudas sociais da entidade á que representa, que permite “colaborar co terceiro sector, contribuír a mellorar as oportunidades e apoiar iniciativas de innovación social”, dixo. No acto de presentación deste mediodía tamén estiveron presentes Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia); Gisela García, xerente do Clúster Saúde de Galicia e as concelleiras de Política Social dos concellos de Vigo e Baiona, Yolanda Aguiar e Concepción Vara, respectivamente.

Acompañar, entreter e avaliar o deterioro cognitivo das persoas

Os autores do proxecto destacan a súa capacidade para construír unha intelixencia conversacional que permite acompañar, entreter e avaliar o deterioro cognitivo das persoas maiores, de xeito transparente, utilizando preguntas relacionadas con noticias de actualidade, facilitando ás persoas usuarias que permanezan conectadas coa súa contorna, salvando así fenda de accesibilidade dixital. Celia pode iniciarse mediante comandos de voz, recoñecemento facial ou a través da interacción directa coa tableta, o que facilita o seu uso fronte a outros asistentes comerciais, podendo incluso servir de base para o desenvolvemento de asistentes conversacionais dirixidos a colectivos, como persoas con diversidade.

“Celia permítenos chegar a máis persoas e reforzar a atención que prestamos, ademais de poder enfrontar a dispersión de poboación que temos en Galicia”, explicou Marina Requeijo, responsable de atención domiciliaria de Afaga, que considera o dispositivo “o inicio da materialización do soño das persoas maiores de pasar na súa casa os seus últimos días”. Pola súa banda, o docente e investigador Francisco de Arriba considera que“que se salte do ámbito da investigación á realidade para min é o máis importante”, ademais de reiterar que “é unha ferramenta de apoio e non un substituto”, dixo.

Temas: afagaalzheimerUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

URXENCIAS SANITARIAS 061
Enfoque

Muere en Marín un adolescente tras saltar desde el puerto de Aguete y quedar inconsciente

...

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

Así será al nueva imagen de la pista roja de As Travesas en Vigo

...

PorMetropolitano
21/08/2025
Enfoque

Alarma en O Val Miñor por un incendio forestal cerca del renovado Faro Silleiro

...

PorAlfredo Teja
21/08/2025
Llamas del fuego de Quiroga.
- Carlos Castro - Europa Press
Enfoque

La Fiscalía investiga si los lugares afectados por los incendios de Galicia tenían planes de prevención

...

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X