• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo estrea espazo Incuvi, novo centro neurálxico do emprendemento universitario

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
17/02/2022

125 metros cadrados dedicados integramente ao fomento do emprendemento universitario. A Universidade de Vigo estreou este xoves espazo Incuvi, unhas novas instalacións que substitúen os niños de Cidade Universitaria e coas que a institución académica viguesa busca dar un novo impulso ao apoio de todas as iniciativas empresariais innovadoras que xorden no seo da comunidade universitaria. A idea, tal e como se explicou na presentación, é que este novo espazo se converta en centro neurálxico do emprendemento universitario e que del se beneficie non só o alumnado, tanto o actual como o antigo, senón tamén todo o persoal docente e investigador que poida estar interesado na posta en marcha de accións de fomento do emprendemento.

“Aspiramos a que a sociedade galega no seu conxunto saia favorecida das capacidades que ten a súa universidade e, neste caso, hai unha aposta, que é de sempre, polo emprendemento e, por tanto, hai que favorecelo nas nosas aulas e facilitarlles ás nosas alumnas e alumnos ese paso tan duro e tan difícil de competir na vida real coas súas empresas”, explicou o reitor, Manuel Reigosa, na inauguración deste novo espazo, un acto no que estivo acompañado pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, e o delegado do consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, que felicitou á Universidade pola posta en marcha desta nova iniciativa de apoio ao emprendemento, “un exemplo co que se volve pór sobre a mesa a importancia da colaboración público-privada”. Xunto a eles asistiron tamén numerosos representantes das distintas entidades que patrocinan o programa INCUVI (o propio Consorcio Zona Franca, Abanca, BBVA, CTAG, Santander e Porto de Vigo) ou que o apoian dalgún xeito esta iniciativa (R, Fundación Ronsel, Fundación Universidade de Vigo, Tecnópole, Celtalab, AJE, Xunta de Galicia, Unirisco...).

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

“Polivalente e adaptado ás necesidades reais” dos emprendedores

Tal e como explicou a vicerreitora Natalia Caparrini, “a idea deste espazo é adaptalo ás necesidades reais que teñen os emprendedores e os promotores dos Incuvi, por iso está concibido como algo moi polivalente e multifunción”. Nesta liña, as novas instalacións están vertebradas en torno a un espazo central, unha sala pública concibida como un lugar de formación e mentorización para o desenvolvemento de accións formativas que requiran un espazo polivalente para grupos de asistentes de ata 25-30 persoas. A este espazo central súmanse outras seis estancias, cada unha das cales terá a súa función ou multifunción, conseguindo así reunir nun mesmo espazo diversos servizos. A maiores o local dispón tamén dunha sala de co-traballo con oito postos e dúas salas de reunións, unha para seis/oito persoas, e outra máis pequena para xuntanzas entre non máis de catro participantes.

“Quixemos deseñar este local cun mobiliario moi versátil de maneira que se poida adaptar de xeito fácil a calquera necesidade, desde unha aula máis formal para unha formación ata cuestións máis específicas como as dinámicas de grupo”, recalcou a vicerreitora. Esta distribución permitirá, a xuízo da directora da Área de Emprego e Emprendemto, Maruxa Álvarez, “unha maior interrelación entre os promotores e promotoras dos proxectos e, polo tanto, será máis doado que xurdan sinerxías entre eles, tanto entre os que pertenzan a un mesmo programa, por exemplo as persoas beneficiarias de Incuvi Emprende, como entre programas distintos, con distintos graos de maduración entre os seus proxectos”.

Unha plataforma web facilitará a reserva de espazos

En canto aos usos que se lle dará, a vicerreitora explicou que se trata dun espazo aberto a todo a comunidade universitaria con espírito emprendedor e que del se beneficiarán tanto os promotores dos tres programas Incuvi –Emprende, Avanza e Consolida-; como todos aqueles emprendedores e emprendedoras que non puideron optar ao premio, pero que se benefician doutras iniciativas de apoio ao emprendemento da UVigo como o programa Sucede, financiado tamén polo Consorcio Zona Franca de Vigo; outros colectivos como asociacións ou delegacións de alumnado “para que teñan un lugar no que poder desenvolver as súas actividades”, comunidade alumni, así como calquera outra persoa da comunidade universitaria con inquietudes emprendedoras e que precise un lugar de reunión ou de formación.

Neste aspecto adiantou que a solicitude e reserva do espazo se realizará a través dunha plataforma que se está a crear para este fin e previa validación da actividade a desenvolver, se ben ata que non estea ultimada a plataforma a reserva de espazos se xestionará a través da conta de correo espazoincuvi@uvigo.es.

Xa en funcionamento

Os gañadores e gañadoras das axudas Incuvi Emprende desta edición foron os encargados de estrear esta mesma mañá as novas instalacións, neste caso cunha actividade formativa que correu a cargo de Luis Garcia-Deber, director da Fundación Ronsel e actual responsable da formación do programa Incuvi Emprende. Ademais, tal e como adiantou Caparrini, a vindeira semana inaugurarase tamén un novo ciclo de charlas, Xoves con chicha e limoná, que se levarán a cabo os cuartos xoves de cada mes, empezando polo vindeiro xoves 24, e no que persoas con distintos perfís compartirán cos asistentes experiencias e aprendizaxes da súa bagaxe como emprendedores.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X