• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo gaña un concurso en Twitter cunha tese feita fío sobre "converter o lixo en xelatina"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/06/2023

A súa explicación creativa e orixinal sobre como “converter o lixo en xelatina” acaba de converter á científica Vanesa Sanz na gañadora do concurso #HiloTesis. O fío, no que resume en 20 chíos a súa tese de doutoramento, desenvolvida no grupo EQ-2 Biomasa e Desenvolvemento Sostible da UVigo e presentada a finais de 2022, foi seleccionado polo xurado como o mellor entre os 47 finalistas deste certame impulsado CRUE en colaboración coa Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga).

O reto era dar a coñecer teses de doutoramento resumidas nun fío de Twitter, coas limitacións e posibilidades que ofrece a rede social e empregando unha linguaxe “sinxela, atractiva e accesible”. O fío de Sanz foi seleccionado na fase local para representar á UVigo na final, para a que se clasificaron outros 46 investigadores e investigadoras outras tantas universidades. Finalmente, entre todos eles, o xurado elixiu a súa explicación sobre o aproveitamento de biocompostos como fío gañador.

Másnoticias

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

09/05/2025

Inventos de Vigo que cambian la vida, de detectar baches a una app para buscar objetos perdidos

08/05/2025

Sanz, que agora mesmo traballa como investigadora doutora júnior na Universitat de València, recibe este galardón “sorprendida” e tamén “contenta”, porque representa unha oportunidade para “amosar ao público o traballo realizado na miña tese durante tres anos e facelo nunha plataforma como Twitter, visitada por moitísima xente”.

Un proceso complexo para un público xeral

Con numerosas imaxes, gifs e vídeos, Vanesa Sanz resume en 20 chíos unha tese que se centra na utilización de materias primas infravaloradas para obter produtos de alto valor engadido de forma sostible, ou como ela mesma explica no fío: “converter lixo en xelatina”. En concreto, a súa investigación, dirixida por María Dolores Torres e Herminia Domínguez, baséase na extracción de compostos de alto valor engadido a partir de diversas materias agroindustriais, como restos de poda do té ("Camelia sinensis"), lúpulo prensado seco ("Humulus lupulus") empregado na fabricación de cervexa, descartes de follas da planta "Aristotelia chilensis", máis coñecida en América do Sur como “maqui”, e algas vermellas.

Todas estas materias primas considéranse, apunta a investigadora, “de baixo valor económico pero cun alto potencial que aínda non ten sido aproveitado na súa totalidade, sendo elixidas pola súa asequibilidade, abundancia, dispoñibilidade e inocuidade, incluso aquelas procedentes de subprodutos industriais”.

No fío gañador trata de explicar este complexo proceso a un público xeral e relata como, despois de pasar “medio doutoramento” mesturando residuos vexetais con auga, conseguiu obter extractos ricos en compostos antioxidantes a través de innovadoras tecnoloxías verdes que permiten reducir custos enerxéticos, acurtar tempos e prescindir de disolventes tóxicos ou contaminantes. Ademais, tamén fai fincapé nas tres ideas que definen a súa tese: “sostibilidade”, no que se refire a darlle unha nova vida aos residuos; “desenvolvemento”, coa creación de posibles aplicacións comerciais; e “impacto social”, mellorando a calidade de vida e saúde das persoas.

En 20 chíos e nunha linguaxe accesible

Sobre o proceso de elaboración do fío, que implicou unha mestura de capacidade de síntese, creatividade e comunicación, Sanz destaca que o máis complicado non foi resumir 400 páxinas de tese en 20 chíos, senón “evitar tecnicismos, aos que estou moi acostumada e adaptarme a unha linguaxe que calquera persoa poida entender de forma sinxela”. Recoñece que se divertiu “moitísimo interpretando o papel, poñéndome do outro lado, o do espectador, e facendo gravacións e creando o material para o fío de Twitter”. De feito, un dos puntos fortes da súa candidatura, segundo destacaba o xurado da UVigo que a seleccionou como finalista, é que “engancha dende o principio” e que emprega un “abundante, variado e creativo” número de recursos “que enriquecen unha narración” que definen como “áxil e fluída, pero tamén rigorosa”.

¡Convierto la basura en gelatina!? Y no, no he conseguido mi título de doctora en el Colegio Hogwarts de Magia y Hechicería?@RedDivulga, @filarramendi, @uvigo, @BioDeSost_UVigo. Abro #HiloTesis ?

— Vane Sanz (@VaneSanzLlo) May 5, 2023

387 fíos e tres premios

En total, no certame rexistráronse 387 fíos nos que se daban a coñecer teses de recentes ou futuros doutores e doutoras das universidades participantes. Á final chegaron 47 e entre eles o xurado escolleu os tres gañadores. “A decisión foi extremadamente difícil, pois o nivel dos fíos foi espectacular”, recoñecían, motivo polo que apostaron por facer catro mencións especiais, que se suman aos tres premiados. Xunto con Sanz, a segunda clasificada foi Tamara Esquivel, da Universidad Autónoma de Madrid, cun fío no que explica os motivos polo que unha bióloga realiza unha tese no eido da educación e o terceiro premiado foi José Javier Paulet, da Universidad de Castilla La Mancha, que analiza a aplicación da computación cuántica en diferentes problemas de busca. Cada un deles terá un premio de 1000 euros grazas á Fundación Ignacio Larramendi.

A importancia da divulgación

Con iniciativas como #HiloTesis o que se busca é incentivar a proxección social da ciencia e a divulgación do coñecemento. Neste sentido, Vanesa Sanz considera que por parte das e dos investigadores deberíase “facer un esforzo maior por divulgar o noso traballo dentro do laboratorio”, porque como explica, “é típico escoitar entre expertos que non paga a pena dedicarlle tempo se ninguén nos vai escoitar, pero iso non é certo”, recalca. “Estamos moi equivocados, porque cando lles conto aos meus amigos, familiares e coñecidos sobre o que fago día a día no meu traballo, encántalles, quédanse fascinados e queren saber máis”.

Para avanzar neste campo da divulgación, a científica cree necesario actualizar e mellorar o dominio que o persoal investigador ten das redes sociais e plataformas de difusión, “xa que son ferramentas súper potentes para lanzar as nosas mensaxes. Enfrascámonos en aprender a utilizar máquinas complexas, en sacar fórmulas matemáticas quilométricas e a parte de facer chegar a mensaxe á sociedade pérdese polo camiño”, conclúe.

Temas: Universidade de VigoUnviersidad de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Galicia recuperará su puente colgante más largo para volver a unir dos provincias

...

PorAlfredo Teja
10/05/2025
Enfoque

Un mexicano se convierte en el 10.000 peregrino "dual", un 'reto' que une Galicia con Japón

...

PorEuropa Press
10/05/2025
Enfoque

El BNG lleva al Congreso rechazar el túnel de la A-52 y liberar a cambio el peaje de la AP-9

...

PorEuropa Pressy1 Otros
10/05/2025
Enfoque

¿Santa Clara, en Cabral, convertida en un gran Vigo Arena con conciertos, teatro y arte?

...

PorÁngel Vila
10/05/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may12:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X