• Piscinas en Vigo
  • Cine de verano Vigo
  • Galleta Vigo Mascotas
  • Pozas en Galicia
  • Solpor a Bocados Vigo
  • Reggaeton Beach Festival
  • Puente colgante Galicia
  • Ana Peleteiro
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo implícase na valorización e aproveitamento da biomasa como recurso estratéxico na eurorrexión

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/12/2022

Restos de podas forestais, de vides, de plantacións de kiwis ou tamén toxos ou xestas constitúen un recurso abundante, pero non valorizado que, non obstante, pode ser aproveitado como biomasa. Para valorizar e aproveitar este recurso na contorna da eurorrexión Galicia-norte de Portugal acaba de poñerse en marcha o proxecto BiomasaCap, Capitalización das capacidades de I+D no uso enerxético da biomasa non valorizada de alto potencial. Trátase dunha iniciativa liderada por EnergyLab da que a Universidade é socia, xunto con Feuga, o Inega, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Instituto de Ciência e Innovação em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial.

Por parte da UVigo, é o Grupo de Tecnoloxía Enerxética o que está implicado, co profesor do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos David Patiño á fronte. O obxectivo do proxecto é avanzar na valorización e aproveitamento da biomasa como unha “oportunidade estratéxica para un crecemento e desenvolvemento sostible tanto a nivel económico e tecnolóxico, como social e medioambiental no territorio transfronteirizo.

Másnoticias

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

04/07/2025

Un equipo da UVigo constata o impacto do eucalipto sobre a biodiversidade dos ecosistemas fluviais

03/07/2025

Os impulsores destacan que, aínda que dende a UE se ten posto o foco neste recurso dende hai anos, como unha liña de intervención prioritaria nas axendas europeas para o crecemento sostible, o contexto político e enerxético actual confírelle, se cabe, maior relevancia. Como explica David Patiño, este é un proxecto de capitalización, que parte dun proxecto anterior, xa rematado, o Biomasa AP, froito do cal se creou unha rede transfronteiriza entre España e Portugal para estudiar e aproveitar a valorización enerxética diversos residuos de biomasa da nosa zona. O obxectivo do actual estudo non é “continuar co desenvolvemento técnico, senón incrementar os labores de difusión dos resultados que se acadaron no seu momento, incrementar a rede de empresas-colectivos interesados no uso de biomasas de baixa calidade, mostrar as instalacións empregadas durante o proxecto, amosar as contribucións acadadas en diversos eidos e tamén explorar e identificar novas posibilidades de financiamento ou de novos socios para continuar desenvolvendo o proxecto”.

Liñas de traballo

As accións de capitalización que se levarán a cabo no marco de BiomasaCap buscarán mellorar a competitividade do tecido produtivo na zona transfronteiriza, xerando oportunidades para a creación de riqueza e emprego no ámbito rural, xa que é nestes territorios onde se atopan as explotacións agroforestais xeradoras de biomasas non valorizadas.

En concreto abordaranse cinco liñas de traballo. Por unha banda, os socios tratarán de ampliar e fortalecer a Rede Transfronteiriza da Biomasa, creada en Biomasa AP e que conta con máis de 130 membros. Por outro lado, tamén se avanzará na formación e concienciación sobre o uso da biomasa non valorizada de alto potencial como recurso estratéxico para o desenvolvemento tecnolóxico, económico e social no territorio transfronteirizo.

Unha terceira liña de traballo é a capacitación e difusión das tecnoloxías avaliadas aos axentes da cadea de valor da biomasa, a través de xornadas demostrativas en entidades do sector e nos centros de I+D implicados no proxecto. Os socios tamén se centrarán na divulgación en centros educativos para dar a coñecer ás mozas e mozos as oportunidades e o potencial que ofrecen as biomasas endóxenas non valorizadas no territorio de cooperación.

Finalmente, tamén se traballará para potenciar o proceso de co-creación de políticas públicas mediante a detección de estratexias comúns para un óptimo desenvolvemento e explotación da biomasa non valorizada, coa colaboración dos axentes da cadea de valor da biomasa e policy makers.

Resultados BiomasaAP

Como proxecto de capitalización, Biomasa Cap toma como punto de partida os resultados obtidos no proxecto Biomasa AP, que se levou a cabo tamén ao abeiro da convocatoria POCTEP. Os investigadores concluíron que o emprego destas biomasas non valorizadas de alto potencial (BNVAP) implica numerosas vantaxes, como a redución da presión sobre o abastecemento de madeira de piñeiro, que é a principal materia prima para a fabricación de pellets, unha amortiguación das posibles subidas do prezo da biomasa e un impulso das economías locais. Entre as conclusións do proxecto, tamén se destacaba que a valorización destes residuos está en consonancia coa normativa de prevención de incendios, que obriga á retirada da biomasa ou á súa trituración in situ, así como coas recomendacións fitosanitarias nos cultivos agrarios, que piden a recollida dos restos de poda como medida de minimización de pragas e enfermidades. Neste sentido, tamén destacan a importancia de poñer en marcha liñas de axuda que promovan a recollida, transporte e tratamento de biomasas alternativas, a produción de combustibles derivados e o uso de equipos compatibles con estes combustibles, sentando así as bases dun novo modelo produtivo, a bioeconomía.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Una panadería de Vigo triunfa con su "capricho" casero incluso para peludines

...

PorShelly Villaverde
06/07/2025
Uno de los puentes colgantes construidos por el grupo en Alemania (Foto: Crestageo)
Enfoque

Un grupo internacional da un impulso al proyecto del mayor puente colgante de Galicia

...

PorIván Dacal
06/07/2025
Enfoque

Vigo se empapa de solidaridad con las personas con esclerosis múltiple en el "Móllate" en Bouzas

...

PorMetropolitano
06/07/2025
Enfoque

Sabucedo celebra su primera Rapa das Bestas como Bien de Interés Cultural

...

PorMetropolitano
06/07/2025
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X