• O Marisquiño
  • Tasa turística Vigo
  • Festival gratis
  • Rías Baixas en Prime Time
  • Conciertos Castrelos
  • Fiestas Chapela
  • Concierto Nigrán
  • Teatro Fraga
  • Lluvia de estrellas
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo inviste doutora honoris causa a María Emilia Casas, pioneira na defensa da xustiza e a igualdade

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/10/2024

María Emilia Casas Baamonde foi a persoa máis nova en acceder á maxistratura do Tribunal Constitucional, en 1998, e a primeira muller en presidilo, cargo que exerceu desde o 2004 ata o 2010, etapa recoñecida como “a época dourada da xurisprudencia constitucional”. Dende este venres Casas Baamonde é tamén a primeira muller xurista en incorporarse ao Claustro de doutores honoris causa da Universidade de Vigo. A institución académica viguesa celebrou a súa cerimonia de investidura no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais nun acto presidido polo reitor, Manuel Reigosa, e no que exerceu como padriño o catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Jaime Cabeza Pereiro.

Na súa intervención, o reitor da UVigo gabou a traxectoria académica e profesional de María Emilia Casas, destacando o seu labor rompendo teitos de cristal, así como o seu compromiso nos ámbitos do dereito do traballo, a xustiza e a igualdade de xénero. Reigosa mencionou as sentenzas pioneiras da maxistrada, que permitiron fortalecer os dereitos das mulleres e doutros colectivos vulnerables, asegurando que coas súas achegas “a igualdade deixa de ser un soño afastado para converterse nunha aspiración ao alcance da man. Igualdade e xustiza da man”.

Másnoticias

Un cento de voces para amosar o que significa ser muller nun mundo patriarcal

23/07/2025

La UVigo acoge por primera vez en su historia la defensa de una tesis de doctorado en lengua de signos

21/07/2025

“Unha das persoas máis decisivas para o noso marco democrático”

Tras a entrada no salón de actos da comitiva académica, a cerimonia de investidura arrancou coa lectura por parte da secretaria xeral, María José Bravo Bosch, dos acordos de Consello de Goberno polos que se nomeou doutora honoris causa desta Universidade a María Emilia Casas, intre tras o cal procedeu á súa entrada na sala, acompañado do seu padriño e da propia secretaria xeral.

Na súa laudatio, o profesor Cabeza fixo un percorrido pola traxectoria profesional e académica de quen considera “testemuña e axente da defensa dos dereitos fundamentais e dos principios de igualdade e non discriminación”, “unha das persoas máis decisivas para o noso marco democrático de relacións laborais”.

Partindo da cidade de León, onde naceu por mor da profesión do seu pai, rexistrador da propiedade, Cabeza fixo fincapé en que Casas Baamonde sempre se considerou “da terra de Lemos”, de onde eran orixinarios os seus pais, se ben viviu en Madrid dende cativa, onde en 1972 se licenciou en Dereito e Filosofía e Letras na Universidad Complutense de Madrid. A súa carreira académica levouna a exercer como docente en diferentes universidades de todo o país, converténdose na primeira muller catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Sempre inquieta, o catedrático vigués lembrou tamén como a finais da década dos oitenta se incorporou como subdirectora á revista Relaciones Laborales, “cuxas editoriais forxaron sen dúbida a miña xeración de laboralistas” e cuxos outros subdirectores, “non por casualidade”, accederon tamén en diferentes momentos ao Tribunal Constitucional.

Da súa etapa como presidenta do TC salientou que foi relatora en 313 sentenzas e que abordou os asuntos máis dispares se ben, “alén dos asuntos concretos”, o seu tempo de exercicio neste órgano, especialmente os anos da presidencia, correspondeuse “co período no que máis se desenvolveron os contidos materiais dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas”. Merecedora de diferentes premios e distincións, dos que o padriño lembrou algúns, sobre todo os referidos á súa vinculación con Galicia, a laudatio de Cabeza rematou dándolle a benvida a unha Universidade de curta historia, “pero con azos de construír un coñecemento crítico nesta parte do mundo, no que o respecto aos dereitos humanos sexa guieiro da súa actividade cotiá”, ao tempo que lle lembrou que, dende hoxe, Vigo, ademais de ser a terra de parte da súa familia, é tamén a “dunha Universidade á que pertences”. Tras pronunciar a gabanza da doutoranda, o padriño impúxolle o barrete, o libro da ciencia, o anel e as luvas brancas, intre no que a admirada e recoñecida maxistrada tomou a palabra.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Las Rías Baixas vuelven al 'prime time' con el emotivo programa de Jesús Calleja

...

PorIván Dacal
23/07/2025
Enfoque

Carpetazo a la causa penal de O Marisquiño al no poder concretarse el responsable

...

PorÁngel Vila
23/07/2025
A Guía // Turismo de Galicia
Enfoque

El Concello debatirá en pleno la creación de sendas peatonales por todo el litoral de Vigo

...

PorEuropa Press
23/07/2025
Enfoque

Un cento de voces para amosar o que significa ser muller nun mundo patriarcal

...

PorMetropolitano
23/07/2025
Enfoque

Un cento de voces para amosar o que significa ser muller nun mundo patriarcal

PorMetropolitano
23/07/2025

As editoras son as profesoras María Méndez Santos, Ana Varela Suárez e Susana Rodríguez Barcia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X