• Playas Cíes Vigo
  • Entradas Castrelos
  • Nuevos precios parque acuático
  • Viguesa desaparecida
  • Antigua estación buses
  • Crucero Disney Vigo
  • Supermercados Vigo
  • Bebé fallecido
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo lidera a redacción dun manual pioneiro na loita contra a violencia de xénero

A UVigo lidera a redacción dun manual pioneiro na loita contra a violencia de xénero
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/10/2022

Aínda que non foi ata hoxe, na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, que as e os participantes en Justinsigns2 puideron celebrar a primeira reunión presencial, o proxecto de investigación no que participan desde o ano 2019 institucións irlandesas, británicas, belgas e a Universidade de Vigo foi quen de cumprir ou está en proceso de rematar, segundo confirman as e os seus responsables, “todas a as investigacións planificadas e accións previstas”. Superadas as limitacións e modificacións que a pandemia introduciu no traballo do persoal investigadores e no dos profesionais que nel participaron, o proxecto, financiado con preto de 400.000 euros polo programa Erasmus+, “evidenciou”, a través da realización dun cuestionario a 374 intérpretes e axentes , “a necesidade de desenvolver accións fundamentalmente de formación destinadas a mellorar o traballo destes dous colectivos que se ocupan de labores de atención a vítimas de violencia de xénero que son xordas ou non falan as linguas máis comúns na contorna dos países participantes no proxecto”, sinalan as e os investigadores da UVigo Maribel del Pozo, Maruxa Cabeza, David Neira, Silvia Pérez e a asistente de investigación Beatriz Longa.

A UVigo, ademais de ter un papel decisivo na elaboración cuestionario e na obtención de datos que permitiron avaliar a situación na que se desenvolve o traballo de mediación comunicativa con vítimas, tamén se ocupou de liderar a redacción dun manual destinado a todas e todos os profesionais implicados no proceso: forzas de seguridade, avogacía, xudicatura, persoal sanitario, intérpretes de linguas de signos e linguas orais, etc. No manual abórdanse aspectos xerais sobre a violencia de xénero, contextualización legal para a asistencia e dereitos das vítimas e unidades formativas específicas cun enfoque práctico e “pola información da que dispoñemos se trata dun manual que suporá unha novidade dentro da UE e a nivel mundial, polo seu enfoque e porque parte dun estudo específico das necesidades formativas de axentes e intérpretes en base a datos de primeira man en tres contextos xeográficos diferentes”, explican as e os investigadores da UVigo.

Másnoticias

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

24/07/2026
La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27

La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27

23/07/2026

Manuel Reigosa, reitor da UVigo, aproveitou esta tarde a inauguración da xornada de presentación de resultados do proxecto para destacar o compromiso que deste hai anos mantén a institución académica que dirixe coa lingua de signos, ao tempo que manifestou o seu interese en poder organizar cos responsables da Facultade de Filoloxía Tradución un itinerario específico para a formación en lingua de signos. Reigosa recollía así a luva lanzada minutos antes na súa intervención polo presidente da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia, Iker Sertucha, que invitou á UVigo a poñer en marcha esta iniciativa, como unha medida máis que contribúa a mellorar a atención que reciben as persoas xordas, en especial as mulleres e as nenas. Pola súa banda, a concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Uxía Blanco, gabou o traballo desenvolvido ao abeiro do proxecto Justisigns2, que manifestou debera estenderse a todo o mundo e non quedar unicamente restrinxido a uns países de Europa.

Materias e cursos formativos específicos para intérpretes e axentes

O cuestionario, elaborado polo persoal investigador da UVigo, foi realizado de forma diferente en cada un dos países participantes no proxecto a un total de 174 axentes (persoal de policía, xustiza, sanidade, educación, servizos sociais, etc.) e 57 intérpretes e nel púxose de relevo a necesidade, tanto de materias de formación específicas para intérpretes, para os dous colectivos profesionais, así como cursos formativos específicos. “Segue a haber necesidades en torno á propia formación con respecto á violencia de xénero, aspectos éticos e legais, trato non vitimizante e paternalista das persoas ás que se atende e afondar na comunicación intercultural” sinala o persoal investigador da UVigo, que tamén incide en que a formación non é unicamente algo que permite unha mellor atención, senón que constitúe unha ferramenta fundamental para non se colculquen os dereitos básicos das persoas.

Segundo revelan as e os investigadores, as e os profesionais (intérpretes e axentes) cos que trataron “son ben conscientes da importancia do seu traballo e cun compromiso claro. Os profesionais estanse formando de xeito continuado e manifestaron ser conscientes da necesidades de formación específica, moitos xa están nese camiño”. Polo tanto, sinalan desde a UVigo “o obxectivo non é convencer ás persoas da necesidade e formación específica, senón de definir, e isto, é o aspecto que dá sentido a todo o proxecto, e a súa grande achega, detectar que contidos deben ser ampliados, afondados e cales, sendo fundamentais, aínda non se inclúen. Ademais de insistir na necesidade dunha maior coordinación entre intérpretes e axentes e entre os axentes”, detallan.

Un exemplo de transferencia na procura da mellores condicións de traballo para os e as profesionais

O feito de que os resultados de Justinsigns2 teñan forma de materiais permite a súa aplicación á formación dos profesionais, así como a sensibilización sobre a necesaria atención que require este tipo de contexto. “Unha das conclusións máis importantes foi poñer de relevo a carencia de recursos existentes para dar apoio ao traballo de interpretación con vítimas, tendo en conta non unicamente ás e aos intérpretes, senón tamén ás persoas que traballan como axentes nos diferentes contextos de atención”, explican as e os autores da investigación, que concretan que a carencia de recursos son tanto a nivel material, como humano, e , por suposto, formativo.

“Sabemos que os servizos están saturado e hai falta de persoal, ao que hai sumar falta de coordinación entre servizos nalgúns casos”, unha cuestión esta última, aseguran, facilmente solucionable. “Máis que as dotacións materiais son as condicións de traballo e laborais dos profesionais o que supón un maior atranco e, no perfil deste estudo, especialmente no que atinxe á dispoñibilidade de intérpretes e a súa situación laboral”, sinalan.

Coa coordinación de Intersource Group, o Trinity College de Dublin e a Heriot Watt University de Escocia completan, xunto á UVigo, a relación de institucións que participaron no proxecto, no que tamén tomaron parte como socios, o HfH (University of Teacher Education in Special Needs) de Suiza, o Dublin Rape Crisis Center e a An Garda Síochána (Ireland’s National Police and Security Service).

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Llega a Vigo una marca inédita en Galicia que dará una nueva vida a un local que ocupó una tienda mítica
Enfoque

Llega a Vigo una marca inédita en Galicia que dará una nueva vida a un local que ocupó una tienda mítica

...

PorSara Rodríguez
24/07/2026
Un herido tras un accidente múltiple en la A52, en As Neves, con cuatro vehículos implicados
Enfoque

Tragedia en Vigo tras fallecer un bebé en una piscina particular

...

PorÁngel Vila
24/07/2026
Nigrán estrena una gran escultura en el paraíso de A Ramallosa: "Es espectacular, estamos impresionados"
Enfoque

Nigrán estrena una gran escultura en el paraíso de A Ramallosa: "Es espectacular, estamos impresionados"

...

PorÁngel Vila
24/07/2026
Enfoque

Vigo dice "sí" a la Xunta y le urge a devolver la estación de buses para un gran parque y zonas de ocio

...

PorMiguel Alonso
24/07/2026
El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria
Enfoque

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

PorMetropolitano
24/07/2026

El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

GRACIAS

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia
Enfoque

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia

PorMetropolitano
24/07/2026

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X