• Proyecto de Vivienda Vigo
  • Apertura Vigo
  • Rodaje Vigo
  • Teatro Cine Fraga
  • Planes en Valença
  • Fiestas Bueu
  • Novedad en Vigo
  • Casting Galicia
  • Ayuda comedor Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo lidera dous proxectos do programa europeo EU-FORA de seguridade alimentaria

A UVigo lidera dous proxectos do programa europeo EU-FORA de seguridade alimentaria
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
08/04/2025

A Universidade de Vigo coordina este curso académico dous proxectos EU-FORA, programa de formación da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) de avaliación de risco alimentario. Trátase dos proxectos AlgaeSafe, centrado en aditivos funcionais derivados de algas, e Innov2Safety, de avaliación do risco de substituír conservantes sintéticos por ingredientes naturais. Ao seu abeiro, dúas investigadoras lusas realizan estadías formativas na UVigo.

O programa europeo EU-FORA busca a través das súas bolsas formar especialistas en avaliación de riscos en seguridade alimentaria mediante estancias internacionais en institucións de referencia. As iniciativas, indican desde a Oficina de Proxectos Internacionais da UVigo, reafirman o compromiso da institución académica coa seguridade alimentaria a nivel europeo e impulsan a formación e especialización en avaliación de riscos alimentarios. AlgaeSafe e Innov2Safety, sinalan, "contribúen significativamente ao desenvolvemento do coñecemento en avaliación do risco alimentario e á seguridade alimentaria en Europa" e a Universidade de Vigo, a través destes proxectos, "segue consolidando o seu compromiso coa investigación e a formación neste ámbito”.

Másnoticias

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

15/10/2025
Unha orquestra para a Universidade de Vigo

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

14/10/2025

Formación especializada para fortalecer a cooperación

O coordinador dos dous proxectos no caso da Universidade de Vigo é o profesor Miguel Ángel Prieto Lage, investigador do Nutrition Food Group (NuFoG). As dúas iniciativas enmárcanse no Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da UVigo, con sede no campus de Ourense, e a súa parte experimental lévase a cabo en laboratorios do grupo en CITEXVI, no campus de Vigo. AlgaeSafe (Algal-derived functional additives for ensured safety and efficacy) ten como obxectivo principal fortalecer a rede de expertos en Europa no seu ámbito, fomentando a formación de persoal investigador que colabore con institucións e científicos séniores para avanzar no campo dos aditivos funcionais derivados de algas. Cunha duración que vai do 1 de setembro de 2024 ao 31 de agosto de 2025, busca mellorar a seguridade e eficacia dos alimentos mediante o uso de aditivos de orixe mariña e analiza os riscos do consumo destes aditivos. A investigadora participante neste proxecto ao abeiro de EFSA é María Aurora Soares da Silva, técnica no Laboratório Associado para a Química Verde (LAQV-REQUIMTE) de Portugal, baixo a dirección da profesora María Fátima de Sá Barroso, coordinadora do proxecto na institución de orixe.

O segundo dos proxectos é Innov2Safety (Risk assessment of replacing synthetic preservatives with natural ingredients). Ten como obxectivo avaliar os riscos asociados á substitución de conservantes sintéticos por ingredientes naturais a partir de subprodutos da industria alimentaria. Nel colabora o Instituto Politécnico de Bragança (IPB) baixo a supervisión da profesora Lillian Bouçada de Barros, coordinadora do proxecto na institución de orixe. Ela forma parte ademais do comité asesor externo do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo, reforzando así a colaboración entre persoal investigador e institucións a un e outro lado da raia. A investigadora lusa Tatiane Cristina Gonçalves de Oliveira, procedente do IPB, é a beneficiaria neste caso do programa EU-FORA, realizando a súa estancia na UVigo durante o período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025, traballando en estreita colaboración co equipo de investigación da Universidade de Vigo.

Este programa EU-FORA permítelles ás investigadoras participantes unha inmersión completa na avaliación do risco alimentario e fortalece a cooperación internacional no sector. Asisten a unha formación estruturada en colaboración coa Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, que inclúe un módulo introdutorio de tres semanas na súa sede en Parma (Italia), seguido de catro módulos adicionais, tres deles en modalidade en liña e un presencial novamente en Parma. Ademais, no marco da súa estadía, as dúas beneficiarias teñen realizado visitas á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición e ao Centro Nacional de Alimentación en Madrid, fortalecendo os vínculos entre institucións e promovendo a cooperación internacional en seguridade alimentaria. En xuño, como parte das actividades de divulgación relacionadas co proxecto, asistirán á XXIII Conferencia Europea sobre Química dos Alimentos que se celebrará en Bratislava, Eslovaquia. Así mesmo, está prevista a publicación de dous artigos científicos no Journal da EFSA que recollan os resultados dos proxectos.

Continuidade

Esta participación no programa EU-FORA non é a primeira vez que produce, xa que o pasado curso académico, ao abeiro tamén da súa convocatoria de bolsas e tamén baixo a coordinación do profesor Miguel A. Prieto, a investigadora e estudante de doutoramento da Universidade de Vigo María Carpena Rodríguez realizou unha estancia de tres meses na Warsaw University of Life Sciences (Polonia) nun proxecto chamado AherbsFlowersAlgae, centrado en avaliar exhaustivamente os riscos co consumo das plantas silvestres comestibles (herbas e flores).

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Los peajes de la autopista AP-9 subirán casi un 3% a partir del 1 de enero
Enfoque

La Xunta reprocha el "ninguneo" del Gobierno a Galicia con la transferencia de la AP9

...

PorEuropa Press
15/10/2025
Vecinos de Ponteareas vuelven a cortar la N-120 para reclamar la urgente mejora de la seguridad vial
Enfoque

La Plataforma por la mejora de la N-120 pide una reunión en el Ministerio de Transportes

...

PorEuropa Press
15/10/2025
Cortes de tráfico en pleno centro de Vigo por el rodaje de la próxima gran serie de Antena 3
Enfoque

Cortes de tráfico en pleno centro de Vigo por el rodaje de la próxima gran serie de Antena 3

...

PorCarlos I. Castrillón
15/10/2025
Herido un hombre tras caer a un tejado mientras podaba un árbol en O Porriño
Enfoque

Herido un hombre tras caer a un tejado mientras podaba un árbol en O Porriño

...

PorMetropolitano
15/10/2025
Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes
Enfoque

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

PorCarlos I. Castrillón
15/10/2025

Debido ao cambio climático agárdase que cada vez sexan máis frecuentes e de maior impacto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

18oct(oct 18)20:0019(oct 19)17:00Festa do Codillo de MosFIESTA GASTRONÓMICA | MOS | DESDE 12 EUROS

19oct11:00Festa dos Callos de BeadeFIESTA GASTRO | VIGO | DESDE 4 EUROS

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X