• Emotivo relevo Vigo
  • Estatua Aspas Vigo
  • Nueva urbanización Vigo
  • Edificio Porta do Sol
  • Nuevo O Porriño
  • Villa Romana Vigo
  • Aniversario mágico
  • Fiesta venezolana Galicia
  • Parque Mos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo lidera un proxecto europeo para crear unha plataforma dixital de alfabetización ambiental

A UVigo lidera un proxecto europeo para crear unha plataforma dixital de alfabetización ambiental
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/01/2025

O campus de Ourense acolle esta semana a xornada de lanzamento do proxecto europeo 5G: Stop Forest Fire For 5Green. Coordinado desde a Universidade de Vigo, o seu obxectivo é crear unha plataforma dixital de alfabetización ambiental na que se amosará a conexión entre o cambio climático e os incendios forestais e se porá de relevo a riqueza dos ecosistemas forestais e o seu impacto ambiental.

O proxecto arrancou oficialmente o pasado mes de setembro e prolongarase ata febreiro de 2027. Nel participan, ademais da UVigo, GBA UG (Alemaña); Eno Schoolnet ry (Finlandia); 1st Geniko Lykeio Pallinis “Pierre de Coubertin” (Grecia); Università Degli Studi di Padova (Italia) e Yavuz Selim Ortaokulu e Dunyayi Yasatma Dernegi (Turquía). Está financiado con 250.000 euros polo programa Erasmus+ no marco da convocatoria Cooperation partnerships in school education (KA220-SCH).

Másnoticias

Caballero dispara contra la Xunta por Medicina: "Es surrealista, quieren seguir como hace 100 años"

Caballero se indigna al conocer que León sí tendrá Medicina: "Es un escándalo"

08/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

06/11/2025

Na xornada de benvida aos socios celebrada este luns na Facultade de Ciencias, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, destacou ás entidades participantes a pertinencia da temática elixida para este proxecto, tendo en conta que “na actualidade os incendios forestais e o cambio climático son temas moi relevantes e decisivos”. Pola súa banda, Eva Garea, directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI) da UVigo, amosou a satisfacción da institución académica por participar nesta iniciativa internacional e o seu desexo de que sexa unha colaboración frutífera.

Dun xogo virtual a un mapa dixital

A UVigo lidera este proxecto da man de David Fernández Calviño, profesor e investigador da Facultade de Ciencias do campus de Ourense e director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación desta institución académica. Co seu equipo asume tarefas de coordinación xeral, comunicación entre socios, seguimento do plan de xestión e do orzamento e elaboración de módulos formativos para a plataforma dixital 5Green. “Os traballos clave inclúen a xestión do proxecto, a análise dos impactos ambientais e climáticos nos incendios, a alfabetización en ecosistemas forestais e a avaliación e difusión dos resultados”, sinalan desde a organización. Arredor do citado obxectivo do proxecto (amosar a conexión entre o cambio climático e os incendios forestais e pór de relevo a riqueza dos ecosistemas forestais e o seu impacto ambiental), os socio da iniciativa desenvolverán a través de catro paquetes de traballo unha plataforma dixital 5G, especialmente pensada para rapazas e rapaces, con módulos educativos, un xogo virtual, un folleto dixital sobre alfabetización ambiental e un mapa dixital que amosará as características dos espazos forestais e as causas e consecuencias dos incendios.

Ser consciente do medio ambiente e do cambio climático

Sobre a relevancia de desenvolver este proxecto, os seus socios apuntan o incremento de incendios forestais nos últimos anos e como en moitos estudos sobre eles “discutiuse a relación entre o lume e o clima e destacouse o impacto do cambio climático e o aumento das temperaturas”. As investigacións realizadas, detallan, “revelaron que condicións meteorolóxicas e climáticas como o aumento da temperatura, o incremento da seca e as ondas de calor continuas provocadas polo cambio climático causan un aumento significativo no número de incendios”. Porén, advirten, a pesar de que as “actividades humanas teñen un impacto significativo no cambio climático”, moitas persoas “non son conscientes disto”.

Neste contexto e neste século XXI, o proxecto parte da premisa de que “ser consciente do medio ambiente e do cambio climático e cumprir as responsabilidades individuais a este respecto é unha competencia básica” e que “adquirir competencias básicas a unha idade temperá é un paso máis sólido cara ao futuro” xa que cambiar comportamentos a unha idade adulta é máis difícil. “Debemos crear conciencia o antes posible e facela permanente. Considerando que os efectos humanos da contaminación ambiental están á cabeza, comprendemos que necesitamos educar á poboación para previr o cambio climático”, afirman desde a iniciativa. Neste senso, sinalan que a Comisión Europea está “renovando o seu compromiso para afrontar os retos climáticos e ambientais” e “nós necesitamos asumir esta responsabilidade como educadores, porque a xeración humana do futuro está medrando nas nosas mans e debemos sensibilizar a mocidade desde idades temperás”.

Segundo explican desde o proxecto, cando as persoas miran o bosque, neste caso pensando de xeito especial nas novas xeracións, “só ven árbores, pero o bosque é o fogar de miles de especies e tamén a fonte do osíxeno do planeta”. Así, subliñan, deberíase amosar e explicar ás persoas “non só a cara visible dos bosques, senón tamén o lado interior que non podemos ver e, entón, asumirán a responsabilidade polo medio ambiente por si mesmas”. Partindo destas premisas, dese a iniciativa destacan que “temos confianza en que, coas actividades que se organizarán entre as entidades socias do proxecto, lograremos os obxectivos establecidos e crearemos un grande impacto no público escolar sobre o bosque-medio ambiente-clima”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo
Enfoque

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo

...

PorSara Rodríguez
08/11/2025
Galicia llegará a todos los cines de España con el estreno de una de comedias más esperadas
Enfoque

Estos son los 13 proyectos audiovisuales rodados en las Rías Baixas que buscan conquistar al mundo

...

PorMetropolitano
08/11/2025
Aficionados de Vigo sufren agresiones en Zagreb tras la victoria del Celta
Enfoque

Aficionados de Vigo sufren agresiones en Zagreb tras la victoria del Celta

...

PorMiguel Alonso
08/11/2025
Parque de agua, una senda, medioambiente y mejor conexión, los próximos proyectos de Mos
Enfoque

Rocódromo, zona de agua y área de juegos, así será el parque infantil que ultima Mos

...

PorAlfredo Teja
08/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X