• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo organiza actividades de flyboard, surf ou unha ruta por San Simón para a comunidade universitaria

A UVigo organiza actividades de flyboard, surf ou unha ruta por San Simón para a comunidade universitaria
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/09/2023

Un outono pasado por auga, pero non da choiva, senón do mar ou dos ríos. Esta é a proposta do programa Augaventura, que regresa co comezo do curso para convidar á comunidade universitaria a practicar deportes acuáticos na contorna natural.

Impulsado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, esta edición de outono retoma a proposta da pasada primavera, ofrecendo durante os meses de outubro e novembro sesións de flyboard; descenso de rápidos; unha ruta á illa de San Simón que combina caiac, andaina e snorkel; surf; wakeboard; windsurf e mergullo. O obxectivo do programa, con máis de 20 anos de historia, é facilitar que os membros da comunidade universitaria se inicien na practica de deportes acuáticos que requiren de certo equipamento para a súa práctica. A inscrición está aberta a través de Campus Activo.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Mergullo, surf e windsurf

O mergullo será a primeira actividade do calendario, que conta con dúas datas para elixir: 14 e 28 de outubro e o escenario serán as illas Cíes. Os prezos van dos 45 euros para comunidade universitaria, familiares e persoas egresadas, ata 67,5 euros para outros colectivos vinculados e 90 euros para as e os acompañantes e inclúen o desprazamento en barco dende o peirao de Bouzas. As datas límite de inscrición son o 8 e 22 dese mes.

Ao día seguinte arrancarán os bautismos de surf, que terán lugar na praia de Patos os días 15, 22 e 29 de outubro, sendo as datas límite de inscrición os días 8, 15 e 22. Os prezos varían entre os 6 euros, os 9 euros e os 12 euros segundo o colectivo.

O día 17 de outubro é a data elixida para as persoas que queiran coñecer o windsurf. As e os inscritos, que deben facelo antes do 8 de outubro, poderán iniciarse neste deporte en Bouzas cuns prezos que varían entre os 10 euros, os 15 euros e os 20 euros.

A seguinte a cita será co descenso de rápidos cunha única data, o 20 de outubro no río Miño ao seu paso por Arbo. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de outubro e os prezos da inscrición varían segundo os colectivos: 15 euros para membros da comunidade universitaria, familiares, egresados ou persoas xubiladas; 22,5 euros para outras persoas vencelladas á UVigo e 30 euros para persoas alleas que acompañen a un membro da comunidade, estando o transporte incluído no prezo.

Un día despois, o 21, Augaventura ofrece unha da citas máis completas do programa: a ruta pola illa de San Simón, que combina diferentes modalidades deportivas como caiac, andaina e snorkel para coñecer tanto a illa como os fondos mariños e as lendas do lugar. A data límite de inscrición será o 15 de outubro e o custe varía entre os 20, 30 e 40 euros.

Xa no mes de novembro está programada unha sesión de iniciación ao flyboard, unha modalidade na que se emprega unha táboa suxeita aos pés cunhas botas que propulsan un chorro de auga controlado que permite elevarse sobre o mar. A sesión desenvolverase no peirao de Bouzas e o prezo varía entre os 20 euros para membros da comunidade universitaria, familiares, egresados ou persoas xubiladas; os 30 euros para outras persoas vencelladas e 40 euros para as persoas alleas á institución que participen como acompañantes. Para participar cómpre inscribirse antes do 29 de outubro.

Xa para pechar a programación de Augaventura, o 5 de novembro terá lugar unha sesión de wakeboard ou esquí acuático no peirao de Bouzas. Os prezos son de 10 euros para a comunidade universitaria, familiares e alumni; 15 euros para outros colectivos vencellados á UVigo e 20 para o resto da cidadanía que participe como acompañante. A data límite de matrícula será o 29 de outubro.

Unha cita co swing

Máis aló de Augaventura e do resto de actividades dirixidas, escolas deportivas, etc. a Área de Benestar, Saúde e Deporte organiza unha serie de propostas puntuais para fomentar a práctica deportiva e loitar contra o sedentarismo. Un deses convites terá lugar o día 27 deste mes de setembro no pavillón do campus de Vigo e permitirá ás e aos asistentes achegarse ao swing. Entre as 13:00 e as 15:00 horas en calquera momento da sesión, os membros da comunidade universitaria poden unirse a esta cita de baile sen necesidade de inscrición previa nin de ir en parella, co único requisito de levar calzado deportivo e roupa cómodo.

Temas: deportes acuáticosUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X