• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo presenta o proxecto de metaverso máis avanzado no sistema universitario español

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/06/2024

Unha serie de espazos comúns virtuais, inspirados nas contornas dos tres campus da Universidade de Vigo, e que poden empregarse como salóns de actos ou como espazos de presentación e exhibición, nos que a comunidade universitaria pode interactuar a través dun avatar. Pero tamén espazos para actividades específicas de diferentes ámbitos e titulacións, como a aplicación de realidade virtual para a simulación de procesos de creación audiovisual desenvolvida na Facultade de Comunicación. Todos estes elementos conxúganse en UNIverso UVigo, o proxecto de metaverso desenvolvido pola Universidade, un “novo espazo de cooperación de aprendizaxe”, como destacou o vicerreitor de Profesorado e Ordenación Académica, Martín López Nores, presentado nesta xornada neste centro do campus pontevedrés. Impulsado ao abeiro dunha liña de axudas da Xunta de Galicia para a virtualización de laboratorios, trátase dun proxecto deseñado, como explicou López Nores, cun “enfoque integrador”, que busca “ofrecer unha infraestrutura para estudantes, docentes e investigadores que poida ir medrando a medida que se incorporan novos módulos”. Nese senso, explicou, é o resultado de dous anos de traballo nunha iniciativa que “no momento que se concibiu era totalmente innovadora” e que a día de hoxe constitúe a proxecto de metaverso que conta “desenvolvemento máis avanzado” dentro do sistema universitario español.

O reitor, Manuel Reigosa; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, Alberto Díez de Castro; o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, a vicerreitora do campus de Pontevedra; Eva María Lantarón, e a decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, participaron, xunto a López Nores, nun acto que permitiu tanto coñecer as funcionalidades actuais de UNIverso UVIgo como as que se implantarán nos próximos meses. Do mesmo xeito, esta permitiu tamén afondar nos traballos desenvolvidos neste centro para deseñar Simulacro, unha aplicación, inserida neste metaverso, que que permite desenvolver labores de realización, dirección de fotografía e manexo de cámaras nun plató virtual.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Concibido, como explicou López Nores, coa idea de que non fose “un xemelgo dixital” da Universidade, senón como unha ferramenta que permitise “superar algunhas das limitacións” existentes no referido á disponibilidade de equipamentos, laboratorios ou materiais, UNIverso UVigo naceu como unha “ferramenta que non vén para substituír a nada, senón para complementar dun xeito moi efectivo e moi atractivo as tarefas docentes”, como subliñou Reigosa. O reitor lembrou nesta presentación que “estámonos movendo por terra ignota”, pero tamén que “paga pena facer camiño” nunha iniciativa que mostra ademais “a vitalidade do sistema universitario galego”. Neste punto, Reigosa agradeceu o apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Univesidades e FP, que investiu 115.000 euros neste proxecto, como lembrou Díez de Castro. “A tecnoloxía hai que empregala como complemento da actividade presencial, porque dános posibilidades enormes, como traballar en remoto ou compartir recursos”, sinalou Díez de Castro, que destacou o grao de desenvolvemento da proposta deseñada pola Facultade de Comunicación. A súa decana incidiu nese senso en que se trata dunha ferramenta que busca dar resposta “ás necesidades da docencia”, pero tamén contribuír ao labor investigador que se desenvolve no centro, á vez que apuntou que será empregada tamén o vindeiro curso en diferentes materias.

Un espazo para a docencia, a investigación e a interacción

Ao abeiro desta liña de axudas para a virtualización de laboratorios, lembrou López Nores, a UVigo iniciou en 2022 o proceso de deseño dun “metaverso propio”, que o pasado curso levou a unha “convocatoria interna de proxectos de innovación docente”, xa que a idea era que UNIverso UVigo medrase a partir das necesidades e propostas do persoal docente e investigador. Esta convocatoria deu como resultado proxectos como Simulacro e outras propostas que se atopan en fase de desenvolvemento, explicou, como a proposta da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo de deseñar “ferramentas para visualizar órbitas e percorridos dos drons cos que traballan”, ou o “emprego inmersivo de ferramentas de CAV en contornas 3D” proposto pola Escola de Enxeñería Industrial. Ao mesmo tempo, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación probáronse tamén as posibilidades desta contorna virtual para unha “interacción inmersiva con fórmulas matemáticas complexas”. Neste punto, o vicerreitor definiu este metaverso como “unha contorna virtual compartida”, que irá configurándose “de xeito progresivo e medrando de xeito orgánico a partir das percepcións de interese, utilidade e valor engadido”, procedentes de diferentes áreas de coñecemento, tendo en conta neste punto, as posibilidades que outorga a contorna virtual para “superar algunhas limitacións” no referido ao á vez que “superar algunhas limitacións”, no referido aos “colos de botella” que con frecuencia implica a dispoñibilidade de equipamentos, laboratorios ou materiais para uso docente.

Ao mesmo tempo, UNIverso UVigo busca será tamén “un espazo no que atoparse e gozar de interaccións aumentadas”, en espazos comúns nos que poden desenvolverse conferencias, presentacións de estudos, reunións ou titorías. Ao mesmo tempo, neste metaverso intégranse tamén “servizos propios da UVigo”, como Moodle ou Campus Remoto e conta cun “servizo de escritorio virtual de baixa latencia”, que permite empregar “software de uso académico cunhas condicións moi optimizadas”.

Por outra banda, as posibilidades dun metaverso en materia de innovación docente constitúen tamén “un campo de investigación aínda moi pouco transitado”, recoñeceu López Nores, quen ve nesta ferramenta unha oportunidade para avanzar na investigación neste eido ao tempo que “resolven necesidades docentes”. Nese senso, o vicerreitor sinalou que o progresivo crecemento desta iniciativa permitiu a recente concesión do “premio ao mellor espazo educativo audiovisual nun evento moi importante a nivel europeo” centrado nos servizos de información das universidades.

Unha simulación dos procesos que conflúen nun plató

O acto completouse coa demostración da aplicación de realidade virtual Simulacro, que foi presentada polo vicedecano Oswaldo García. O seu obxectivo é “simular procesos de creación audiovisual para facilitar a aprendizaxe de rutinas de produción”, vinculadas con parámetros de iluminación ou co posicionamento de cámaras. Como explicou, trátase dunha “primeira versión operativa” dun proxecto que se prevé que poida ir sumando novos desenvolvementos nos próximos anos e no que contaron tamén co financiamento da Fundación Vietsch.

Cuns realidades virtual, as e os estudantes poden “modificar a posición e configuración de diferentes fontes de iluminación”, así como mover e empregar diferentes cámaras nun plató virtual, a través dos seus avatares. Partindo da idea de que a aprendizaxe “dos fundamentos da linguaxe fundamental”, ademais dunha “base teórica”, a práctica é fundamental para “interiorizar o funcionamento e potencial da narrativa audivoisual”, esta aplicación permite realizar “dun xeito moito máis rápido, máis seguro e accesible” modificacións nun plató con tres sets, como poderían ser cambios de iluminación. Ao mesmo tempo, un menú que se desprega no brazo do avatar permitiralles observar “en tempo real o efecto” das modificacións que realicen de diferentes parámetros en cada unha das cámaras, como explica García. Ideado para un “fluxo de traballo” de cinco persoas, nas que unha asume os labores de dirección de fotografía, outras as de realización e outras tres o manexo das cámaras, esta aplicación permite tamén a participación, sen lentes de realidade virtual, dun segundo tipo de usuarios, que poden “monitorizar as decisións dos seus compañeiros”, nos diferentes roles dun proceso de produción. Nese senso, García incidiu en que aínda que existen “limitacións” e ámbitos de mellora, o obxectivo é que o próximo curso poida levarse diferentes “experiencias” con esta aplicación en varias materias.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X