• Precio entradas Castrelos
  • Cambio pacientes Povisa
  • Novedades Balaídos
  • Sons do Casco 2026
  • Pleno Caso Saltamontes
  • Vigo SeaFest
  • Propuestas turísticas Bouzas
  • Trenes Turísticos
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo rende homenaxe a quen foi o seu primeiro doutor honoris causa, Fernández del Riego

A UVigo rende homenaxe a quen foi o seu primeiro doutor honoris causa, Fernández del Riego
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
15/05/2023

A Universidade de Vigo viviu este luns unha particular viaxe ao pasado, unha viaxe no tempo que a levou a situarse no 15 de maio de 1992, data na que a institución, que daquela daba os seus primeiros pasos, nomeaba coma primeiro doutor honoris causa, a máis alta distinción que pode conceder unha universidade e que só se dirixe a persoas con méritos de moita excelencia, ao intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego, exercendo como madriña do acto, a profesora Mª Victoria Carballo-Calero.

Este luns, 31 anos despois, a institución lembrou esa data para homenaxear a figura de quen foi considerado o último patriarca do galeguismo, a quen se dedica a celebración do Día das Letras Galegas 2023, unha data que na UVigo se viviu cun sentimento moi especial.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

A sala 1 do edificio Miralles quedou pequena para acoller a todos os membros da comunidade universitaria que quixeron achegarse a este acto e rememorar esa xornada histórica. Contouse para facelo coa participación de quen o viviu en primeira persoa, a hoxe profesora emérita, Mª Victoria Carballo-Calero, quen lembrou a súa laudatio e o discurso de investidura pronunciado por Del Riego; o daquela reitor, Luis Espada, e a familia do homenaxeado, á que lle puxo voz a súa sobriña, Eugenia Bermúdez.

Estiveron arroupados polo reitor, que presidiu o acto, así como por numerosas autoridades, tanto académicas como do ámbito político e cultural, incluíndo, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como os presidentes e distintos membros das fundacións Rosalía de Castro e Penzol, así como da editorial Galaxia.

Don Paco vivira ese día “cheo de emoción”

“Foi xusto un día coma hoxe, no ano 1992, no que acontece o acto de investidura como primeiro doutor honoris causa de Don Francisco Fernández del Riego como testemuña dos seus excepcionais méritos en pro do desenvolvemento cultural de Galicia”, lembrou na súa intervención Mª Victoria Carballo-Calero, quen recordou que Don Paco vivira ese día “cheo de emoción, aínda que en todo momento dono de seu” e “cunha inmensa satisfacción porque Vigo era a cidade que máis amaba”.

Era, tal e como lembrou a súa madriña, “un home que, desde sempre, sentiu a Universidade como algo propio”, un dos “bos e xenerosos”, “unha figura de saber enciclopédico”. Botando a ollada aos seus anos na Universidade de Santiago de Compostela, “nesa xeración do Seminario de Estudos Galegos”, lembrou a súa loita por impulsar unha universidade “autenticamente galega” e como naquel 15 de maio xustificara esa distinción que lle outorgaba a Universidade de Vigo porque quizais, lembrando as verbas do propio Del Riego, “se tivera en consideración o empeño exercido durante 60 anos en esparexer as características do noso ser diferenciado e na fala que nos distingue”.

Xunto as palabras de lembranza da súa madriña, durante o acto puidéronse tamén escoitar fragmentos do seu propio discurso de investidura e, a maiores, proxectouse tamén un pequeno resumo do vídeo realizado desde o Departamento de Filoloxía Galega e Latina, baixo a dirección do profesor Manuel Forcadela e coa participación de Antón Mascato, Ramón Nicolás, Camiño Noia, Héctor Mera e Manuel Villanueva.

Defendendo a lingua galega

Nun acto conducido pola vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, o reitor Manuel Reigosa, aproveitou esta data non só para gabar a “egrexia figura de Don Paco”, senón tamén para facer unha chamada á importancia de que desde a Universidade se “erga a bandeira” para facer ver que “é posible ser galego e estar no mundo, ser galego e ter o máximo coñecemento dos ámbitos nos que un traballe e que, por suposto, é posible empregar o galego como lingua de uso diario”.

Reigosa lembrou “con orgullo” que a Universidade de Vigo no seu plan estratéxico ten tres apostas fundamentais, tres liñas de traballo que están presentes en todo o seu programa de goberno: a igualdade, a internacionalización e a lingua e cultura galega. “Cando un ve o que fixeron estes xigantes coma Fernández del Riego, capaces de manter viva a chama da nosa lingua e a nosa cultura en situacións moito máis complexas, eu pregúntome se agora seriamos capaces de facer tantas cousas”, apuntou o reitor. Ademais,  non dubidou en afirmar que a Universidade ten a “obriga moral” de ser un referente, formar xente e contribuír a facer unha sociedade mellor, e esa sociedade mellor é, tal e como defendeu no acto, “máis igualitaria, máis galeguizada e máis internacional”.

Nesta liña, lembrou que a Universidade de Vigo conta neste momento con tres titulacións nas que o 80% da súa docencia se imparte en galego, o que se agarda que teña un “efecto multiplicador”, se ben isto non significa que non se mire con preocupación “todos os datos que nos van chegando e que amosan que o galego, lonxe de estar cada vez máis estendido, ten certos atrancos para chegar a distintos eidos”.

Entrega de premios

Como é habitual esta celebración foi tamén o lugar elixido para a entrega dos premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo 2023, galardóns que reparten entre as e os galardoados 3600 euros, cun primeiro premio de 700 euros en cada unha das categorías e dous accésits de 250 euros para cada unha das modalidades. Co profesor e escritor Anxo Angueira como presidente do xurado, na categoría de poesía o primeiro premio foi para Natalia Otero Oubiña, polo poemario "Meniña", e os accésits para Olivia Lens Priegue, por "Cando soan as trompetas" (1ª accésit), e para o profesor e exvicerreitor do campus de Ourense Virxilio Rodríguez, polo poemario "Agora que comezamos a despedirnos" (2º accésit).

En relato curto o primeiro premio foi para "Marcos e a conquista", de Fabio Rivas, e o primeiro accésit para "A posuída", de Allison Eudoxia Iglesias, decidindo o xurado deixar deserto o 2º accésit. No caso da tradución entregouse un premio único a Xulia Sánchez, pola tradución dun texto escrito en inglés por Hideaki Sena.

Actuación de Loita Amada

A celebración estivo amenizada pola actuación musical de Loita Amada, un proxecto que nace da man de Jásper, o consagrado artista estradense que abarrotou escenarios de todo o país con bandas tan relevantes como Xenreira, A Matraka Perversa ou Nao, acompañado pola pandereteira Nébeda Piñeiro. Xuntos recuperaron a mítica canción protesta en galego con sonoridades inéditas que non deixan indiferente a ninguén. Na súa actuación no campus interpretaron catro temas: "Quero", "Antroidada", "Jota de Dolores Castiñeira" e "O Monstro".

Contouse tamén coa actuación do gaiteiro Álvaro Rodríguez, que foi o encargado de pechar o acto coa interpretación do himno galego.

Temas: Letras GalegasUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo desbloquea un nuevo proyecto residencial con viviendas de protección y zonas comerciales
Enfoque

Vigo desbloquea un nuevo proyecto residencial con viviendas de protección y zonas comerciales

...

PorAlfredo Teja
05/06/2026
Povisa se hunde en Vigo, confirmada la huida masiva de pacientes hacia la sanidad pública
Enfoque

Povisa se hunde en Vigo, confirmada la huida masiva de pacientes hacia la sanidad pública

...

PorÁngel Vila
05/06/2026
Bouzas se presenta como el escenario perfecto para el evento del año en Vigo
Enfoque

Vigo quiere convertir Bouzas en motor turístico y ya está diseñando nuevas experiencias

...

PorMetropolitano
05/06/2026
El BNG busca forzar la comparecencia de Caballero por el caso Saltamontes
Enfoque

El BNG busca forzar la comparecencia de Caballero por el caso Saltamontes

...

PorEuropa Press
05/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X