"Leo porque quero cambiar o mundo, leo porque necesito facer habitable o meu mundo". Con esta potente frase definía Begoña Caamaño o seu vínculo coa literatura, coas historias e co mundo que a rodeaba. Unha frase que condensa o impulso da súa produción literaria, que supuxo un claro reflexo da pegada que quería deixar. Unha literatura que recibe o adxectivo de "breve" porque non tivo a oportunidade de rematar todo o que tiña entre mans. Pero esa brevidade non foi un impedimento para que as súas dúas obras, xunto co seu incansable compromiso coa lingua galega, a súa trascendental labor coma xornalista e activista, convertíranna este 17 de maio na homenaxeada deste 2026 no Día das Letras Galegas.
Begoña Caamaño naceu en 1964 en Vigo, no barrio de O Calvario. A cidade olívica non soamente foi testemuña dos seus primeiros anos de vida, senón tamén da súa introdución -e namoramento- do mundo xornalístico, onde rematou, como quen di, de "rebote". Arrancou no 1986 na Radio Noroeste en Vigo, unha vez rematados os seus estudos de Maxisterio, e non precisou moito tempo máis para darse de conta de que quería vivir da súa voz e das súas palabras. Un camiño que a levou a continuar coa súa traxectoria laboral en Santiago de Compostela, pero sen esquecer a súa cidade natal.

Vigo foi, por tanto, a cidade na que Caamaño asentou as bases da que sería a súa paixón durante toda a súa vida. Aínda de asentarse na capital galega, Begoña sempre conservaría ese vínculo especial con Vigo no que, aseguraba, "están boa parte dos meus afectos primeiros e eternos, e boa parte das miñas referencias culturais".
Na presentación do seu segundo e último libro "Morgana en Esmelle", na Feira do Libro de Vigo en 2012, Caamaño non foi quen de disimular o seu nervosismo por atoparse na cidade que a viu crecer. "Desculpas porque estou nervosa e seguro vou meter a pata... Confesar que estou verdaderamente emocionada por estar hoxe aquí, non só por recoñecer entre vós tantos rostros amigos e amados, senón polo simple feito de presentar "Morgana en Esmelle" nesta Praza de Compostela, un dos lugares máis emblemáticos de Vigo". Así, a cidade sempre estaría grabada para ela como "a cidade onde nacín, medrei, onde están as miñas raíces".

Aínda de ter vivido por e para as letras -o seu amor pola literatura e o xornalismo-, Caamaño non despregou a súa faceta de escritora ata os 45 anos, cando publicou a súa primera novela "Circe ou o pracer do azul". Rescatando a frase coa que arranquei este artigo, Begoña concebía a literatura como una forma de cambiar o mundo e, a súa vez, de facelo máis habitable. Unha cuestión que a levou a basear a súa produción literaria nunha loita que a acompañou de xeito incansable dende a súa infancia: o feminismo. Dende moi nova, nas súas lecturas trataba de atopar personaxes de mulleres fortes, nos que se puidese sentir identificada e atopar un atisbo de esperanza. Ata o momento no que non lle bastou con buscalos noutras historias, senón que sentiu a necesidade de dar vida ás súas propias protagonistas.
"Tiven a sorte de ler a Homero de bastante pequecha, nesa idade na que aínda buscas nos libros un referente co que te identificar e que che faga vivir a historia en primeira persoa. E na 'Odisea' non o tiña. Claro, o normal é que fose Ulises ou Odiseo, pero xa daquela debía ter eu un mal costume que co tempo deveu en vicio, obsesión ou, cando menos, hábito moi pernicioso: necesitaba identificarme con raparigas. E, a poder ser, com 'raparigas um bocadinho rebeldes'". E a súa propia interpretación da Odisea, cunha muller coma protagonista, foi o que se converteu no seu debut literario. "Circe ou o pracer do azul", que saíu publicado en 2009.
A súa segunda novela, publicouse en 2012, "Morgana en Esmelle", tan só dous anos antes do seu falecemento. Non obstante, nos seus últimos anos, Caamaño continuaba traballando na súa obra literaria, concretamente en dúas obras. Unha tercera novela que tamén contaba cunha muller como protagonista. Ademais, tamén traballaba nun proxecto de crear unha novela a partir da vida da súa bisavoa.
Dúas novelas que non chegou a rematar, e non puideron ver a luz. Pero que, igualmente, continuaban reunindo a súa paixón por crear mulleres protagonistas, donas da súa propia historia, que a acompañou na súa faceta de escritora pero, sobre todo, de lectora. "Un feminismo adolescente empezaba a sentir a necesidade de deconstruir modelos e arquetipos. Foi entón cando comezou a miña cabeza a remoer a idea de revisar aquelas lecturas dos últimos anos de infancia".
Redondela intensifica su campaña contra los coches abandonados en la calle. Los propietarios se exponen a multas de hasta 3.000 euros
O autor de "Memorias dun neno lábrego" e "Dende lonxe" será o autor homenaxeado o próximo ano no Día das Letras Galegas
El Concello lanza la renovación de la flota de coches y furgones de la Policía Local. Ninguno de ellos será eléctrico o híbrido enchufable
Se buscan personas que quieran participar en el rodaje en Galicia de uno de los grandes éxitos de Netflix, Animal. ¡Estos son los requisitos!
A estudante do campus pontevedrés da Universidade de Vigo foi seleccionada pola federación española de squash
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL