• Apertura en Vigo
  • Entroido Verán
  • Zona gaming Vigo
  • Cine en Castrelos
  • Festival en Vigo
  • MasterChef Vigo
  • Fiesta histórica
  • Tour Intertoto Celta
  • Solidaridad incendios
  • Vigilancia Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A Xunta anuncia na UVigo unha partida de 360.000 euros para fomentar o emprendemento universitario

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/10/2023

A Xunta de Galicia destinará, por primeira vez este ano, 360.000 euros á colaboración coas tres universidades públicas galegas para o fomento da cultura emprendedora entre o alumnado universitario. Así o anunciou este martes a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na Universidade de Vigo, onde asinou co reitor, Manuel Reigosa, o convenio correspondente á institución académica viguesa, documento que se estenderá en vindeiras datas ás universidades da Coruña e Santiago de Compostela.

Segundo o acordo asinado a consellería fará unha achega económica de 20.000 euros para a posta en marcha de diferentes actividades dirixidas a promover o espírito emprendedor e innovador entre o alumnado da UVigo. O mesmo acordo será tamén rubricado coas universidades da Coruña e Santiago de Compostela, o que suporá un total de 60.000 euros -20.000 por universidade-, aos que, “proximamente”, se sumarán outros 300.000 euros dirixidos igualmente ao fomento do emprendemento, unha materia que está a ser “prioritaria” tanto para o executivo galego como para a propia Universidade de Vigo.

Másnoticias

Los incendios asolan la provincia de Ourense // ROSA VEIGA / EP

La Xunta activará la próxima semana las primeras ayudas para los afectados por los incendios en Galicia

18/08/2025

Tomiño vuelve a sufrir una 'invasión' de moscas e insta a la Xunta de Galicia a actuar

13/08/2025

“Un tema básico para o futuro do país”

Por parte da UVigo, o reitor, Manuel Reigosa, agradeceu “moitísimo” o apoio da consellería, pois esta axuda económica permitirá a posta en marcha de múltiples actividades ao longo deste ano “e agardamos tamén do que vén”. Trátase, segundo subliñou o máximo responsable da institución académica viguesa, convenios pensados especificamente para as universidades galegas e, neste caso, “a min tócame agradecer o apoio da consellería á Universidade de Vigo para temas especialmente importantes para o futuro desenvolvemento do noso estudantado e dos nosos egresados”, apuntou o reitor, quen se referiu ao emprendemento como “un tema básico para o futuro do país”.

Pola súa banda, a conselleira Elena Rivo amosouse “encantada” de asinar este acordo na Universidade de Vigo, á que se referiu como a súa casa. “Para nós é moi importante fomentar o emprendemento en Galicia e, aínda que temos outras ferramentas como son os polos de innovación, estou convencida de que un dos lugares fundamentais nos que pode xurdir o emprendemento é nas universidades galegas, de aí a importancia deste convenio que vimos de asinar coa Universidade de Vigo pero que se estende ás outras dúas universidades públicas galegas”, explicou Rivo, quen se amosou convencida de que “xuntos da man” se pode xerar un “maior emprendemento entre os galegos e as galegas”.

60.000 euros para igualdade 

Xunto á colaboración en temas de emprendemento, a boa sintonía entre a consellería e as tres universidades esténdese tamén ao fomento da igualdade e á loita contra a violencia de xénero, así como á formación relacionada na materia de responsabilidade social empresarial (RSE). “Aos temas de Igualdade destinaranse outros 60.000 euros e 30.000 € aos de Responsabilidade Social Empresarial”, aclarou a conselleira. En materia de promoción da Igualdade a Xunta está a desenvolver, xunto coas institucións académicas, un estudo “novidoso e exhaustivo” sobre conciliación e corresponsabilidade en Galicia, con datos sobre repartición entre mulleres e homes dos tempos e de distribución de tarefas domésticas e dos coidados, así como da percepción social existente ao respecto.

Por outra banda, segundo adiantaron desde a consellería, o executivo galego está tamén a colaborar coas universidades para desenvolver accións enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Neste senso recalcaron que este ano estímase acadar as 40 accións formativas e de sensibilización, premios a traballos académicos con perspectiva de xénero, campañas de difusión, xornadas, obradoiros, charlas, etc.

En materia de Responsabilidade Social Corporativa, promóvense cursos de formación nun campo de interese estratéxico nas empresas, con formación nas novas obrigas de información empresarial sobre sustentabilidade e responsabilidade social empresarial. Máis de medio centenar de persoas resultarán beneficiarias dunhas medidas que poñerán o foco nas actualizacións normativas e nas novas tendencias nesta materia.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoXunta de Galicia

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un avión tira agua sobre el fuego en un incendio de Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Enfoque

Galicia amanece por primera vez en agosto sin que el fuego avance, no aumentan las hectáreas quemadas

...

PorEuropa Press
20/08/2025
Enfoque

Ya hay fecha de apertura en Vigo para la cadena nacional que aterriza por primera vez en Galicia

...

PorShelly Villaverde
19/08/2025
Incendio forestal declarado en Galicia // EP
Enfoque

Denuncian la cobertura "sesgada" de la TVG y piden "transparencia" sobre incendios a la Xunta

...

PorMetropolitano
19/08/2025
Enfoque

Alertan que la espera para ser atendido en Vigo en la Concellería de Política Social se eleva a un mes

...

PorMetropolitano
19/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X