• Histórico negocio Vigo
  • Navidad de Vigo
  • Demoliciones Vigo
  • Festivos locales Galicia
  • Impuestos Vigo
  • Festival Vigo
  • Macro feria Portugal
  • Casting Galicia
  • Fiesta Samaín
  • Tardeo Remember Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Alberto Gago reencóntrase co nivel máis elevado da actividade científica ao ingresar na RAGC

Alberto Gago reencóntrase co nivel máis elevado da actividade científica ao ingresar  na RAGC
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/12/2021

Logo dun período con responsabilidades académicas “no que foi imposible compatibilizar obxectivos e manter a esixencia”, o catedrático de Facenda Pública e exreitor da UVigo, Alberto Gago Rodríguez, reencontrarase, a partir deste mércores 15 de decembro, co gallo do seu ingreso na Real Academia Galega de Ciencias, “co nivel máis elevado da actividade científica”. Gago converterase este 15 de decembro, nun acto que se celebrará ás 19.00 no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela, no primeiro académico numerario da UVigo da Sección de Ciencias Económicas e Socias da RACG, que si conta con tres académicos numerarios da institución académica viguesa na Sección de Ciencias Técnicas, Pedro Merino, Fernando Pérez González e Juan José Pazos Arias.

“A nivel persoal, anima comprobar o interese que pode xerar a investigación realizada por un economista público, un facendista, centrado en argumentos de intervención pública”, explica o catedrático, que non agocha a súa satisfacción polo recoñecemento da RAGC “ao traballo realizado desde as Ciencias Sociais”. Neste sentido, Gago destaca que, ao marxe da súa colaboración persoal nas actividades que organice a RAGC, “ o máis interesante da miña incorporación pode derivar do enfoque diferenciado co que nas Ciencias Sociais observamos as interrogantes científicas”. Un bo exemplo desta afirmación é o discurso co que o catedrático de Facenda Pública ingresará na Real Academia Galega de Ciencias, Economía, cambio climático e políticas públicas, no que trata de ilustrar o tipo de investigación que se pode facer desde a Economía para pechar o ciclo científico arredor dun problema tan relevante como o quecemento global. “O cambio climático é un fenómeno ben analizado polas ciencias da natureza. Pero a esta aproximación tradicional, a Economía engade unha investigación sobre as política de adaptación e mitigación e os mecanismo e instrumentos que poden utilizarse para xerar un cambio co comportamento nos axentes económicos”, detalla Gago, que considera tan importante identificar con rigor un problema da natureza (físico, biolóxico, químico), como a aproximación complementaria que achega a Economía, por exemplo, en canto ciencia social ou ciencia do comportamento, para modificar as condutas e tratar de resolvelo.

Másnoticias

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

30/10/2025
A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

29/10/2025

O discurso de ingreso de Gago será contestado en nome da RAGC polo membro numerario e presidente da Sección de Ciencias Económicas e Sociais, o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de A Coruña, José Ramón Cancelo Torre. O presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, abrirá o acto, ao que asistirán, entre outras autoridades, os reitores das tres universidades galegas; a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta, María Sagrario Pérez, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.

Un recoñecemento non exento “dunha vertixe tristeira”

Fronte ás revisión de medio prazo, “que non obrigan a botar unha ollada global cara atrás”, que a universidade fai á hora de avaliar a actividade docente e investigadora do seu persoal, Gago destaca que un nomeamento como académico deriva dunha especie de resumo xeral de toda a actividade profesional. “Debo confesar, que cando mo comunicaron, sentín algo semellante a unha vertixe tristeira, un espertigo de melancolía ao pensar que estes recoñecementos acostuman a acontecer ao final da túa vida profesional, sen ter en conta o moito que che queda por facer”, recoñece o exreitor, para quen as decenas de promocións nas que tratou de influír nun sentido positivo e moderno para o exercicio profesional, os asuntos tratados, os centos de páxinas escritos, etc., “forman parte do que está virado na patela do peixe. Pero o que importa está sempre por diante”. Con esta visión de futuro, Gago asegura que o seu obxectivo vencellado á ciencia é acadar a ver o encaixe dos países nunha senda sostible para a vida do planeta, “aí quero verme”, afirma.

Campos de traballo

O traballo de investigación de Alberto Gago (Vilanova de Arousa, 1956) desenvólvese nos campos da incidencia impositiva, a reforma fiscal e a fiscalidade ambiental, cuestións sobre as que publicou máis dun cento de libros e artigos en revistas científicas internacionais e nacionais. Doutor en Economía pola USC e catedrático de Facenda Pública da UVigo desde 1994, Gago foi director do Departamento de Economía Aplicada entre os anos 1995 e 2000, vicerreitor de Planificación e Asuntos Económicos (2002-2006) e reitor da UVigo entre 2006 e 2010. Noutros ámbitos, foi membro do Consello Económico e Social de Galicia, do Consello de Cultura Galega, do Consello Científico do Instituto de Estudos Económicos e presidente da Asociación Española de la Energía e do comité científico dos Encuentros de Economía Pública.

O catedrático vigués participou no grupo de estudos de Fiscalidade Comparada do Ministerio de Economía y Hacienda, ou de Fiscalidad de la Energía y Desarrollo Energético, do Instituto de Estudios Fiscales e no grupo para a reforma fiscal, creado pola Fundación Iniciativas, que publicou o informe Una propuesta para la reforma fiscal en España. Na actualidade é membro do grupo Rede, da agrupación estratéxica Ecobas da UVigo e investigador afiliado do Centro de Investigación Economics for Energy.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El PP denuncia el “atraco” del agua en Vigo y lamenta subidas en la factura de la luz
Enfoque

Denuncian el "sablazo" de impuestos en Vigo, con uno de los recibos del agua "más caros" de España

...

PorUxía Pérez
30/10/2025
Un histórico negocio de Vigo se traslada al corazón de la ciudad con su taller y espacio formativo
Enfoque

Un histórico negocio de Vigo se traslada al corazón de la ciudad con su taller y espacio formativo

...

PorSara Rodríguez
30/10/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

Vigo acoge la escala inaugural en Europa de uno de los barcos más sostenibles del mundo

...

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025
Vigo demolerá cinco construcciones para ampliar el PTL con nuevas zonas comerciales e industriales
Enfoque

Vigo demolerá cinco construcciones para ampliar el PTL con nuevas zonas comerciales e industriales

...

PorMetropolitano
30/10/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025

A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X