Alertas
miércoles, 6 de julio 2022
No Result
View All Result
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano.gal
Home Enfoque

Albino Prada reclama retomar a senda histórica de redución das horas de traballo semanal

Albino Prada reclama retomar a senda histórica de redución das horas de traballo semanal
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/04/2022

A finais do século XIX cada empregado a tempo completo traballaba unha media de 55 horas semanais pero, o paso dos anos e os conseguintes avances tecnolóxicos e sociais, foron producindo unha progresiva redución da xornada laboral ata situarse a comezos da década de 1980 en algo menos de 40 horas semanais. A partires de entón, esa liña progresiva e consecutiva de descenso na redución da xornada laboral a tempo completo freouse en seco e as cifras actuais, 40 anos despois, seguen a ser as mesmas. Que está pasando co traballo? Pódese estimar un escenario de transición das 36 horas semanais actuais a 26 horas, apenas cinco diarias, sen desemprego e sen prolongar os anos de vida laboral? Estas son só algunhas das cuestións ás que tenta responder o profesor e investigador de Ecobas Albino Prada no seu novo libro Traballo e capital no século XXI. Mutacións, consecuencias, alternativas, unha obra na que o autor se mete de cheo na reflexión sobre o presente e o futuro do traballo asalariado.

Neste novo ensaio, editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, Prada defende con rotundidade a necesidade de protexer á sociedade fronte ao poder excesivo dos propietarios do capital, apostando por redistribuír o tempo de traballo e a riqueza obtida entre todos os cidadáns. Para conseguilo é necesario, ao seu xuízo, retomar a senda histórica de redución das horas de traballo semanais, sen aumentar os anos de vida laboral, e facelo sen erosionar as rendas e o benestar social do conxunto dos cidadáns. Nesta liña Prada reclama unha renda básica, unha profunda reforma fiscal e unha socialización do capital produtivo.

No proceso de documentación da obra tiveron, segundo recalca o autor, un papel determinante dúas das obras do francés Thomas Piketty, considerado un dos economistas máis influentes da actualidade: El capital en el siglo XXI (2014) e Capital e ideología (2019). “Na primeira realízase unha análise precisa do crecemento e concentración do capital e das súas rendas, pero apenas se dedican 40 páxinas de 650 a analizar o outro lado da ecuación: o traballo”, explica Prada, ao que engade que, “na aínda máis voluminosa” obra de 2019 só se dedican cinco páxinas das súas máis de 1200 a ese segundo polo indisoluble do capital: o traballo, que é, precisamente, no que el centra o seu ensaio. “Creo que modestamente completo unha perspectiva que está manca na obra de Piketty, no senso de que carece dunha parte necesaria, a análise do traballo”, subliña o investigador da Universidade de Vigo.

Que está pasando co traballo?

A primeira parte do ensaio analiza polo miúdo que está pasando co traballo. Por que nas últimas décadas deixou de reducirse de forma importante a xornada laboral?, Aínda máis, por que se esvae a separación entre traballo e tempo libre? A contratación a tempo parcial é unha solución? Por que se vende como inevitable a prolongación da vida laboral? Por que cada vez son máis as persoas que traballan sen un contrato laboral? Estas son algunhas das preguntas ás que o autor trata de responder. A argumentación xira arredor do abano de posibles solucións a todas esas preguntas, cuestións que xiran en torno a se é posible, ou non, que un país produza o mesmo traballando menos (horas e anos), como financiar os sistemas de pensións ou a maneira de encaixar unha renda básica nunha nova redistribución da riqueza e do traballo para xerala.

“Máis de 40 de cada 100 asalariados padecen dependencia extrema”

No escenario actual a robotización, a Intelixencia Artificial… fan que cada vez sexan necesarios menos traballadores pero, neste mesmo escenario, cada vez é máis frecuente a relación non salarial e máis dependente do capital. “Falo de menos dereitos, máis horas, máis anos –de 32 a 36 entre 2000 e 2020-“, explica o economista vigués, autor de numerosos ensaios divulgativos, o último publicado hai apenas un ano e que xiraba en torno aos conceptos de riqueza e benestar social. “Máis de 40 de cada 100 asalariados padecen en España dependencia extrema: temporal, parcial ou sen subsidio”, recalca Prada, quen non dubida en afirmar que se avanza cara a supresión do concepto de xornada laboral (contratos por tarefas, horas extra non remuneradas, etc.).

Na segunda parte da obra, Prada trata de responderse á pregunta de se é posible xerar na sociedade actual a mesma riqueza cunha estrutura laboral máis igualitaria e inclusiva. Desde o punto de vista do autor, si é viable avanzar das 36 horas semanais actuais ás 26, “sen desemprego e sen prolongar os anos de vida laboral, sempre que os avances da produtividade non se apropien só polos donos do capital”.

Tres eixes de actuación para acabar co ‘neo-escravismo’ globalizado

Prada lembra no ensaio que, “se ben é certo que o Capital, nunca baila só, neste século XXI podería estar cambiando de parella”, pois agora, vestido de algoritmos, robots e Intelixencia Artificial, preferiría un neo escravismo globalizado (“sen horarios, sen soldos, sen fronteiras nacionais”) como novo compañeiro de baile, “un baile e un ritmo ao que obrigaría a adaptarse aos minguados asalariados humanos, digamos canónicos, que aínda precisan que o acompañen na súa nova coreografía produtiva”, subliña o economista da Universidade de Vigo. “Esta é a razón pola que neste breve ensaio incorro nun exceso de presunción ao parafrasear o título da monumental obra de Piketty. Vaia como xustificación que o meu foco está no outro lado da súa crítica ao Capital neste século XXI: na superación do traballo asalariado”, recalca o autor, quen centra a terceira parte do seu ensaio en describir os que considera tres eixes básicos de actuación para saír dese “neo escravismo”: unha redución xeneralizada da xornada laboral semanal para todos –de 36 a 26 horas-, unha renda básica universal incentivadora desa redución da xornada e unha desprivatización do capital (Piketty) cun sistema fiscal compatible.

Tags: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Más noticias

La Xunta no prevé repetir el bono cultura a pesar de su “buena acogida” en 2021
Enfoque

La Xunta no prevé repetir el bono cultura a pesar de su “buena acogida” en 2021

...

PorEuropa Press
05/07/2022
Marea de Vigo pedirá que se anule la prórroga de la concesión a Vitrasa y  se denuncie a Inspección
Enfoque

El laudo arbitral rechaza el ‘descuelgue salarial’ que pretendía aplicar Vitrasa a su plantilla

...

PorEuropa Press
05/07/2022
Vigo venderá parcelas municipales para que se levanten viviendas “a precios asequibles”
Enfoque

Vigo venderá parcelas municipales para que se levanten viviendas “a precios asequibles”

...

PorMetropolitano
05/07/2022
Tres estudantes de Educación Primaria optan a ser futuros os “transformadores” da escola rural
Enfoque

Tres estudantes de Educación Primaria optan a ser futuros os “transformadores” da escola rural

...

PorMetropolitano
05/07/2022
Tres estudantes de Educación Primaria optan a ser futuros os “transformadores” da escola rural
Enfoque

Tres estudantes de Educación Primaria optan a ser futuros os “transformadores” da escola rural

PorMetropolitano
05/07/2022

A través do programa da Fundación Princesa de Girona ‘Xeración Docentes’, realizarán prácticas en Estremadura e Aragón

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Siguiente noticia
Redondela se convierte en un gran barco con redes y aparejos para celebrar la Festa do Choco

Redondela se convierte en un gran barco con redes y aparejos para celebrar la Festa do Choco

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio

© Hansei Media SL

X