• Próxima apertura Vigo
  • Montaje Navidad
  • Cortes de tráfico
  • Barco Navidad Vigo
  • Concentración Redondela
  • Panettone Vigo
  • Pizza concurso Vigo
  • Homenaje en Vigo
  • Ryanair Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Ana Pontón, convencida de que chega o "ocaso do PP" en Galicia

Ana Pontón, convencida de que chega o "ocaso do PP" en Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Europa PressPorEuropa Press
22/01/2023

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mostrouse convencida de que chegou o "ocaso" do PP en Galicia, que "deixa unha comunidade que se está quedando atrás", e de que o Bloque será a forza que máis suba nas próximas eleccións municipais.

Así o sinalou este domingo nunha entrevista concedida a Cadea Ser Galicia, recollida por Europa Press. "Estamos convencidos de que nas últimas eleccións abriuse un cambio de ciclo e o BNG ten a responsabilidade de ser a alternativa real ao PP. Imos ser a forza local que máis vai subir, unha boa proba de que neste país hai ganas de cambiar", sinalou.

Másnoticias

Nuevo récord de vehículos en Vigo y Caballero da por bueno el dispositivo de tráfico en el centro de la ciudad

Exigen al Concello un plan de tráfico para la Navidad de Vigo y crear aparcamientos disuasorios

04/11/2025

PP y BNG, tras la sentencia del TSXG sobre Guns N'Roses, sostienen que hubo "irregularidades"

03/11/2025

Pontón destacou que van "a por todas" e afirma que "haberá algún alcalde máis do BNG nas grandes cidades". Neste sentido, puxo como exemplo o proxecto de Pontevedra, "referente a nivel internacional, testado, que mellora a vida da xente e achega dinamismo económico". "Un modelo que se pode pór en práctica no resto de cidades do país e a mellor mostra da capacidade do BNG para mellorar a vida da xente", defendeu.

Tamén nesta liña asegura que Goretti Sanmartín será a nova alcaldesa de Santiago, unha cidade na que se ve "estancamento", "na que non hai proxecto".

Por outra banda, respecto das primeiras eleccións sen Núñez Feijóo liderando o PP galego, Pontón apunta que o ex presidente da Xunta marchouse "porque sabía que o seu ciclo se esgotou". "E déixanos unha Galicia que vai a peor, cun IPC superior á media do Estado, a pesar de ter salarios e pensións máis baixas; cun Índice Produtivo Industrial que sobe a nivel estatal e que baixa en Galicia; e co colapso dos servizos públicos, especialmente na sanidade. E non é que non haxa recursos, é que hai que cambiar o rumbo", detalla. "Deixarémonos a pel para que se produza ese cambio político e deixar atrás unha etapa gris para abrir unha nova etapa en cor", apostila a líder nacionalista.

Considera ademais que Alfonso Rueda é un candidato "gris", que o que demostrou é que "ao que aspira é a ser recadero de Feijóo, defendendo protocolos infames como o antiaborto de Castela e León".

Feijóo e relacións con PSOE

E apunta Pontón que con Feijóo "xa foron 13 anos perdidos, cos atrasos na AVE e infraestruturas básicas que seguen pendentes". "A subordinación a Madrid é a peor receita para pór a Galicia no mapa", incidiu.

Nesta liña, convidou a reflexionar sobre que poderían facer os nacionalistas cun grupo parlamentario no Congreso, "se cun deputado conseguíronse as rebaixas das peaxes". Respecto de Néstor Rego, descartou facer cambios e destacou o "labor fantástico" que realiza. "No Congreso o que demostramos é que somos a única forza política que defende os intereses de Galicia", remarcou.

Doutra banda, Pontón non entrou a opinar nas decisións internas do PSOE --respecto dunha preferencia por "entenderse" con Besteiro ou Formoso-- e incidiu en que, dado que está "convencida" de que haberá un cambio na presidencia da Xunta, traballará para que o lidere o BNG.

"O BNG e o PSOE somos diferentes pero temos unha ampla experiencia en coalicións de Goberno, que proban que temos esa capacidade para entendernos, desde a diferenza, e con Gobernos que funcionan infinitamente mellor que os do PP", afirmou.

"Colapso da Sanidade" e "espolio" eólico

A portavoz nacionalista tamén se pronunciou sobre a situación da sanidade pública en Galicia, asegurando que o conselleiro de Sanidade está "excedido" e que a Xunta vai "de disparate en disparate". "Despois de querer substituír aos médicos por enferemros, queren que persoas en formación exerzan de médicos. Teñen que deixar de pór parches e ir solucionar os problemas estruturais", criticou.

"O que se está facendo é pór en risco a saúde das persoas. O conselleiro ten que asumir que a xente cando sae a protestar faio para defender o seu dereito á saúde. O fracado da política sanitaria do PP está a deteriorar até límites nunca vistos en Galicia a sanidade pública e o que está claro é que se necesita máis investimento, e menos soberbia. Que deixen de botar balóns fose e asuma as súas responsabilidades", continuou Pontón.

Por último, cualificou de "escándalo" o que está a suceder coa enerxía eólica. "O PP aproveita para pór en marcha un boom eólico depredador que non vai servir para abaratar a luz, senón para que grandes empresas sigan gañando máis. O que se está producindo é un espolio eléctrico deste país. O PP traballa para as eléctricas e hai que pararlles os pés porque estamos a perder unha gran oportunidade", concluíu.

Temas: BNG
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Esta es la receta de pizza 'made in' Vigo que podría arrasar en España
Enfoque

Esta es la receta de pizza 'made in' Vigo que podría arrasar en España

Un restaurante de Vigo presenta su receta para el concurso de la Mejor Pizza de España. Esta es su combinación de sabores

PorSara Rodríguez
05/11/2025
Vigo monta a contrarreloj sus atracciones de Navidad a tan solo unos días del encendido
Enfoque

Vigo monta a contrarreloj sus atracciones de Navidad a tan solo unos días del encendido

Vigo tiene tan solo 10 días para ultimar todo el montaje de la Navidad. Así se encuentran sus principales atracciones ahora mismo, ¿llegará a tiempo?

PorSara Rodríguez
05/11/2025
"Eran mis primeras vacaciones", los clientes de una agencia de viajes de Redondela denuncian una estafa
Enfoque

Los afectados por la quiebra de Viaxes Loa se concentrarán en Redondela: "No queremos que se olvide"

Decenas de personas se concentrarán en Redondela para denuncian lo que consideran una "estafa" de Viaxes Loa. Así se encuentra el caso

PorAlfredo Teja
05/11/2025
La hamburguesería más viral de Madrid planea desembarcar en Vigo antes de 2026
Enfoque

La hamburguesería más viral de Madrid planea desembarcar en Vigo antes de 2026

Vigo tendrá uno de los primeros locales en Galicia de esta famosa hamburguesería. Solo cocine 200 smash burgers al día y es viral

PorAlfredo Teja
05/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal
Enfoque

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

PorCarlos I. Castrillón
05/11/2025

El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X