• Encendido Navidad Vigo
  • Guía Navidad Vigo
  • Novedad en Vigo
  • Mercadillo Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Vía Verde
  • Residencia ETEA
  • Bus gratis O Porriño
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Arqueólogos da UVigo investigan as fases antigas da evolución humana no este de África

Arqueólogos da UVigo investigan as fases antigas da evolución humana no este de África
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/03/2023

O xacemento de Melka Kunture, en Etiopía, constitúe un “referente internacional fundamental” no estudo do desenvolvemento evolutivo, condutual e tecnolóxico dos primeiros representantes do xénero homo en África, especialmente do Homo ergaster/erectus. Un equipo internacional, no que participan membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, acaba de rematar unha nova campaña arqueolóxica neste enclave no que se investigan “as fases antigas da evolución humana en África”.

Os membros do GEAAT, Eduardo Méndez, Andrea Serodio e Patricia Bello realizaron unha estancia de investigación nos meses de xaneiro e febreiro en primeiro lugar no Authority for Research and Conservation of the Cultural Heritage (ARCCH), en Addis Abeba, e posteriormente traballos de campo en Melka Kunture. O xacemento de Melka Kunture estúdase ao abeiro da Italo-Spanish Archaeological Mission at Melka Kunture and Balchit, liderada pola investigadora Margherita Mussi e codirixida por Joaquín Panera e o propio Eduardo Méndez. Os traballos de campo desta misión estiveron parados algo máis de tres anos, primeiro pola pandemia da covid19 e logo por problemas políticos no país africano, e puideron ser finalmente retomados este ano.

Másnoticias

Atasco en la AP-9 en dirección a Vigo por un incendio en un semirremolque

Atasco en la AP-9 en dirección a Vigo por un incendio en un semirremolque

14/11/2025
Air Nostrum suma nuevos vuelos a su campaña de Navidad entre Vigo y Mallorca

Buenas noticias para el aeropuerto de Vigo, Peinador refuerza estas navidades sus rutas con Mallorca

14/11/2025

Nesta campaña 2023, ademais do equipo procedente da Facultade de Historia do campus de Ourense, participou persoal investigador da International Association for Mediterranean and Oriental Studies (ISMEO), da Sapienza Università di Roma e da Universidad Complutense de Madrid. Durante os traballos de laboratorio, analizaron principalmente máis de 2500 ferramentas líticas dos sitios achelenses de Gombore IB e Garba IVD, datados hai arredor de 1,95 millóns de anos. Ademais, desenvolveron durante catro semanas traballos de campo en diferentes xacementos da área arqueolóxica de Melka Kunture, que van "dende o Olduvaiense ata a Late Stone Age" e que "permiten ampliar o coñecemento, respectivamente, das fases de poboamento máis antigas e recentes da zona", tal e como indica Eduardo Méndez, que desenvolve desde 2017 investigacións nalgunhas das principais secuencias da prehistoria africana, como a Garganta de Olduvai (Tanzania) e esta de Melka Kunture.

A “primeira gran tecnoloxía humana de éxito global”

Sobre a importancia de avanzar no coñecemento deste enclave, o arqueólogo da UVigo lembra que o achelense “é o nome que reciben unhas tecnoloxías de fabricación de ferramentas de pedra do Paleolítico inferior” que se fundamenta na obtención e modificación de grandes lascas, a partir das cales fabricaban obxectos máis complexos como bifaces ou fendedores. “A súa orixe sitúase en África hai máis de 1,8 millóns de anos, e expandiuse por boa parte do mundo, chegando á súa desaparicións hai uns 150.000 anos. Este xeito de fabricar ferramentas desenvolveuse, case de xeito inmutable, durante máis de 1,5 millóns de anos, no que é exemplo da tradición tecnolóxica máis exitosa e duradeira na historia da especie humana”, afirma.

"As ferramentas líticas dos sitios de Gombore IB e Garba IVD forman parte do complexo arqueopaleontolóxico de Melka Kunture e son unha das mostras máis antigas da tecnoloxía achelense en África. A compresión das características tecnolóxicas destas primeiras ferramentas, así como das condicións paleoambientais e evolutivas dos homininos dos xacementos, son fundamentais para entender un dos fitos máis importante da evolución humana: o salto tecnolóxico da fabricación das primeiras ferramentas olduvaienses ao desenvolvemento do achelense”, explica o investigador da UVigo.

Na actualidade, comenta Eduardo Méndez, os resultados das investigación en Melka Kunture están a posicionar este enclave como unha das áreas máis relevantes do este de África para comprender a aparición e desenvolvemento biolóxico e tecnolóxico do Homo ergaster/erectus. Así, lembra, recentemente publicouse na revista Nature Ecoloy&Evolution “o primeiro exemplo coñecido de taller de fabricación de bifaces no sitio de Simbiro III, datado en máis de 1,2 millóns de anos”, nun traballo que contou coa participación por parte da UVigo deste arqueólogo e tamén de Andrea Serodio.

As investigacións en Melka Kunture contan co apoio económico da Fundación Palarq dentro das convocatorias de Proyectos paleontológicos y arqueológicos españoles en el extranjero. Asemade, Eduardo Méndez Quintas acadou financiación na convocatoria de investigación de 2022 da Fundación Leakey. O proxecto financiado por esta fundación ten o título de The Early Acheulean (~2.0-1.7 million years ago) at Melka Kunture on the Ethiopian Highlands e dá soporte ao estudo sobre o desenvolvemento inicial do achelense en África, centrado nos sitios de Melka Kunture.

Temas: arqueologíaUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Atasco en la AP-9 en dirección a Vigo por un incendio en un semirremolque
Enfoque

Atasco en la AP-9 en dirección a Vigo por un incendio en un semirremolque

...

PorMetropolitano
14/11/2025
Air Nostrum suma nuevos vuelos a su campaña de Navidad entre Vigo y Mallorca
Enfoque

Buenas noticias para el aeropuerto de Vigo, Peinador refuerza estas navidades sus rutas con Mallorca

...

PorPaula Carballo
14/11/2025
atlanTTic celebrará a vindeira semana 15 anos impulsando a innovación en telecomunicacións
Enfoque

atlanTTic celebrará a vindeira semana 15 anos impulsando a innovación en telecomunicacións

...

PorCarlos I. Castrillón
14/11/2025
Atasco kilométrico en la VG-20 en Vigo tras un accidente de tráfico
Enfoque

Atasco kilométrico en la VG-20 en Vigo tras un accidente de tráfico

...

PorMetropolitano
14/11/2025
atlanTTic celebrará a vindeira semana 15 anos impulsando a innovación en telecomunicacións
Enfoque

atlanTTic celebrará a vindeira semana 15 anos impulsando a innovación en telecomunicacións

PorCarlos I. Castrillón
14/11/2025

Impulsáronse proxectos punteiros como o VQCC ou a futura fábrica de semicondutores SPARC

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X